Estudos universitarios
Co inicio do ano abre o prazo de solicitude das axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario Erasmus+, polo que os/as estudantes galegos/as que tiveran dereito ás axudas europeas poderán tamén acceder ás complementarias autonómicas.
O goberno autonómico dispón, ademais deste, doutros programas e liñas de axuda dirixidos a favorecer a mobilidade estudantil ou a realización de prácticas, a apoiar a etapa predoutoral, a acceder ás residencias xuvenís ou a garantir a continuidade dos estudos a aquelas persoas que por causas sobrevidas presenten necesidades urxentes de recursos económicos, entre outras.
A elas hai que engadir, para empresas e profesionais, as axudas de apoio á etapa de formación postdoutoral e as de consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nas universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e nos organismos públicos de investigación e outras entidades do sistema galego de I+D+i-GRC.
