Apoio ás pemes

As pequenas e medianas empresas son parte fundamental do tecido empresarial galego. A administración autonómica dispón de diferentes programas que tratan de promover a implantación e o crecemento das pemes, así como a súa modernización e expansión. 

Vehiculadas principalmente a través do Igape pero tamén doutros organismos autonómicos, existen varias liñas centradas en favorecer o acceso ao financiamento, mediante préstamos, avais, financiamento de circulante e investimentos etc. Xunto a estas, actívanse programas para favorecer a innovación mediante contratación de profesionais ou servizos especializados, liñas de fomento da contratación e outras destinadas a empresas de ámbitos concretos, como o rural e o marítimo.  

Apoio ás pemes
Tramitar en liña 27/12/2018 - 28/01/2019
Tramitar en liña 16/01/2019 - 15/02/2019
Tramitar en liña 10/11/2018 - 31/01/2019
Tramitar en liña 27/12/2018 - 28/01/2019
Tramitar en liña 26/01/2019 - 31/07/2019