Apoio ao comercio
Entre as atribucións da Xunta de Galicia en materia de comercio figuran a súa promoción e modernización; a mellora das estruturas e dos procesos de distribución comercial; a formación e asistencia técnica aos comerciantes; a asistencia aos concellos en materia de espazos comerciais; a difusión dos produtos galegos no mercado interior e o impulso do asociacionismo e a asistencia técnica comercial.
En relación con estas encomendas, a administración autonómica dispón de diferentes liñas de axudas, centradas en aspectos como o impulso da artesanía, a dinamización de centros comerciais abertos e prazas de abastos, a modernización dos comercios, o impulso a proxectos de expansión comercial ou a creación de espazos de emprendemento comercial no rural, entre outras.
