Discapacidade e dependencia

Discapacidade e dependencia

A discapacidade e a dependencia son situacións que a nivel conceptual achéganse pero non son equiparables, pois cada unha delas determina unhas condicións concretas e diferenciadas, con limitacións específicas para a persoa, recoñecendo dereitos diferenciados.

A dependencia é o estado de carácter permanente no que se encontran as persoas que, por razóns derivadas da idade, enfermidade ou discapacidade e ligadas á falta ou á perda de autonomía física, mental, intelectual ou sensorial, precisan a atención doutra ou doutras persoas ou axudas importantes para realizar as actividades básicas da vida diaria ou, no caso das persoas con discapacidade intelectual ou enfermidade mental, doutros apoios para a súa autonomía persoal.

A discapacidade debe entenderse dentro dun contexto social, económico e político concretos, porque afecta de tal forma que deixa consecuencias tanto no corpo da persoa como na súa relación coa sociedade e a contorna onde vive, variando a súa intensidade en función da discapacidade que sufra. A discapacidade é o funcionamento distinto dunha persoa con respecto a outros suxeitos dos seus mesmas características e responsabilidades. Moitas persoas con distintos tipos de discapacidade son totalmente autónomas para todas as actividades, ou para algunhas. Se non hai autonomía, hai dependencia.

Programa Respiro Familiar.

Prazo pechado: 21/05/2025 00:00 - 15/10/2025 23:59

Axudas dirixidas a persoas con esclerose lateral amiotrófica ou dos seus fenotipos.

Prazo pechado: 15/07/2025 00:00 - 03/11/2025 23:59

Programa Benestar en balnearios

Prazo pechado: 17/06/2025 00:00 - 16/07/2025 23:59

Axudas para a posta en marcha de casas do maior.

Prazo pechado: 24/06/2025 00:00 - 23/07/2025 23:59

Subvencións a entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá cofinanciada polo programa FSE+ Galicia 2021-2027.

Prazo pechado: 07/10/2025 00:00 - 06/11/2025 23:59

Subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF e do imposto de sociedades

Prazo pechado: 01/07/2025 00:00 - 30/07/2025 23:59