Fomento do emprego
Son varias as liñas de axuda que se dispoñen nesta sede electrónica co obxecto de fomentar o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia.
Destacan aquelas orientadas a ofrecer incentivos á contratación indefinida inicial de persoas, así como os programas de inserción laboral, as accións formativas que inclúen un compromiso de contratación ou aquelas que contribúen a potenciar as iniciativas de base tecnolóxica.
En canto aos/ás beneficiarios/as finais, aténdese con especial interese a colectivos específicos entre os que destacan: a mocidade, as persoas con discapacidade, as persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social ou paradas de longa duración ou as mulleres vítimas da violencia de xénero. Da mesma forma, existen liñas específicas para a contratación de empresas de inserción laboral, de axentes de emprego e desenvolvemento local ou de persoal técnico de orientación laboral.
Programa de apoio para a contratación de mulleres en ocupacións masculinizadas e para a adaptación de espazos nas empresas.
Programa de axudas á adaptación de postos de traballo e asistencia técnica para os Centros Especiais de Emprego.
Bono consolida economía social.
Programa de axudas ás unidades de apoio á actividade profesional dos centros especiais de emprego.
Programa de axudas á creación de postos de traballo estables para persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego.
Axudas ás empresas de inserción (EI) e ás súas entidades promotoras. Programa II: Axudas para compensar os custos adicionais do emprego de persoas en risco ou situación de exclusión social.
Programa de axudas ao mantemento do custo salarial das persoas con discapacidade nos Centros Especiais de Emprego.
Axudas para favorecer o mantemento do emprego ante flutuacións da economía, apoiando as persoas traballadoras e ás empresas, afectadas por expedientes de regulación temporal de emprego de suspensión de contratos e redución de xornada
Programa I. Fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación.
Incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica-IEBT.
Promoción do emprego autónomo.
Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas
Axudas para o fomento do emprendemento en economía social. Programa I: Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laboráis.
Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás acción formativas con compromiso de contratación.
Subvención a entidades colaboradoras para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia.
Subvencións a entidades para a contratación de persoal técnico de orientación laboral.
Subvención a entidades colaboradoras para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia.
Subvencións para entidades locais que contraten traballadores desempregados para a realización de obras e servizos de interese xeral e social.
Subvención a obradoiros duais de emprego.
Subvención programas de emprego para persoas mozas.
Subvención para entidades sen ánimo de lucro que contraten persoas traballadoras desempregadas para a realización de servizos de interese xeral e social
Programa de emprego con apoio.
Subvención a entidades colaboradoras para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia.
Subvencións a entidades para a contratación de persoal técnico de orientación laboral.
Programas de apoio ás entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción. Programa II: fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral.
Programas de apoio ás entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción. Programa I: fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.
Subvención a entidades colaboradoras para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia.
Subvención a obradoiros duais de emprego.
Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e acccións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia.