Prever e paliar danos no agro
As persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións agrarias ou gandeiras poden solicitar axudas ou subvencións dirixidas tanto á prevención como á compensación dos danos que poidan ter sufrido por causa de diversos factores. O control ou erradicación de enfermidades de distintas especies (gando bovino, ovino, cabrún...) ou os danos producidos polo xabaril ou o lobo son algunhas das liñas de apoio que están dispoñibles, xunto coas axudas (abertas todo o ano) para o fomento da contratación dos seguros agrarios.
Axudas económicas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas.
Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades
Axudas económicas para a prevención dos danos que causan as especies silvestres.
Axudas para paliar as perdas de produción das explotacións apícolas afectadas polos grandes incendios forestais que se produciron en Galicia durante o ano 2022
Axudas aos gandeiros afectados polos danos ocasionados pola rata toupo (arvícola Scherman).
Axudas económicas aos custos derivados da contratación de persoas coidadoras do gando en ganderías para a prevención dos danos que poida ocasionar o lobo.
Axudas económicas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas.
Axudas económicas para paliar os danos producidos polo lobo.
Indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación das súas enfermidades
Axudas á reposición de animais: Xeral.
Axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún: Período de baleiro.
Axudas de compensacións complementarias en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún: Período de postautorización á reintrodución.
Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.