Campamentos de verán
Un ano máis abre o prazo para presentar as solicitudes das prazas de campamentos da Campaña de verán da Xunta de Galicia, unha iniciativa que ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.
Baixo o lema "O verán que sempre vas lembrar", a Campaña de Verán de 2023 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:
- Campamentos en Galicia.
- Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
- Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
- Programa “Conecta con Galicia” para a mocidade galega do exterior.
- Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
- Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades.
