Apoio á natalidade
Os seguintes procedementos teñen por obxecto favorecer a conciliación mediante a concesión de prestacións económicas e outras medidas dirixidas ás familias con fillos/as menores. Dependendo da axuda faranse efectivas mediante a Tarxeta Benvida (para mercar en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia); a de Coidado (para cubrir necesidades derivadas da conciliación da vida persoal, familiar e laboral); ou unha prestación económica de pagamento único que varía a cantidade en función de se se trata do/a primeiro/a, segundo/a ou terceiro/a fillo/a e sucesivos/as.
Tamén existen liñas de axuda para favorecer a conciliación entre a vida laboral e a familiar, tanto para persoas asalariadas como para traballadores/as autónomos/as, e axudas dirixidas especificamente a entidades locais para o fomento da conciliación.
Axudas para o funcionamento e fomento da gratuidade da atención educativa dos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia de titularidade municipal
Axudas e subvencións a entidades locais: Programa do plan corresponsables no ámbito local.
Axudas e subvencións a entidades locais: Programa de fomento da conciliación.
Axudas a entidades privadas de iniciativa social para compensar os gastos do servizo de comedor das escolas infantís 0-3.