Apoio á natalidade
Os seguintes procedementos teñen por obxecto favorecer a conciliación mediante a concesión de prestacións económicas e outras medidas dirixidas ás familias con fillos/as menores. Dependendo da axuda faranse efectivas mediante a Tarxeta Benvida (para mercar en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia); a de Coidado (para cubrir necesidades derivadas da conciliación da vida persoal, familiar e laboral); ou unha prestación económica de pagamento único que varía a cantidade en función de se se trata do/a primeiro/a, segundo/a ou terceiro/a fillo/a e sucesivos/as.
Tamén existen liñas de axuda para favorecer a conciliación entre a vida laboral e a familiar, tanto para persoas asalariadas como para traballadores/as autónomos/as, e axudas dirixidas especificamente a entidades locais para o fomento da conciliación.
Axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e periodos de vacacións escolares a través do Bono Concilia Familia.
Novo ingreso en escolas infantís 0-3.
Renovación de praza en escolas infantís 0-3.
Novo ingreso en escolas infantís 0-3 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Renovación de praza en escolas infantís 0-3 do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.