Guía de procedementos e servizos

IF310A

Probas dirixidas á obtención do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2026 - Prazo pechado: 23/05/2026 00:00 - 22/06/2026 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Que é e para que serve

Obter o certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril.

Quen pode solicitalo

 Persoas que aspiren a obter por vez primeira o certificado

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: PECHADO

23/05/2026 00:00 - 22/06/2026 23:59

O prazo de presentación de solicitudes para participar nas probas para a obtención (código IF310A) dos certificados será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Como se tramita

Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:

  • Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.

Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:

  • Persoas xurídicas.
  • Entidades sen personalidade xurídica.
  • Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
  • Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
  • Traballadores e traballadoras autónomos.
  • Estudantes universitarios.
  • Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.

Tramitar en liña

A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña:

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.

Tramitar presencialmente

Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.

Podes presentar a solicitude en:

  • As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
  • As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
  • As oficinas de Correos.
  • As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
  • Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.

As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

Solicitudes

1. As solicitudes para tomar parte nas probas para obter o certificado de capacitación profesional de conselleiro de seguridade axustaranse ao modelo normalizado que se recolle como anexo II desta resolución, e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código IF310A.

2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

3. A non presentación da solicitude e o non pagamento da taxa en tempo e forma suporá a exclusión da persoa aspirante; igualmente, a consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación presentada polas persoas aspirantes dará lugar á súa exclusión, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude,a seguinte documentación:

– Xustificante de pagamento da taxa (código 31.01.20), agás que o pagamento da taxa se inicie e finalice electronicamente a través da sede electrónica, neste caso non é preciso achegar o dito xustificante .

– Certificado de discapacidade emitido por outra Administración distinta da Xunta de Galicia, se é o caso.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento  consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta :

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado de discapacidade expedido pola Administración autonómica.

b) Estar inscrito como demandante de emprego en data concreta.

c) Importes da prestación de desemprego percibidos en data actual.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores 

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditostrámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Dereitos de exame

1. De conformidade coa Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, para acceder a estas probas deberá aboarse, en concepto de taxas por dereitos de exame, a cantidade de vinte e sete con trinta e un euros (27,31 €), por cada unha das modalidades de proba e especialidades a que a persoa solicitante se presente, no procedemento IF310A .

2. O ingreso da/s taxa/s efectuarase en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos pola Comunidade Autónoma de Galicia (https://www.atriga.gal/informacion-tributaria/formas-de-pago/autoliquidacions-e-liquidacions-notificadas-pola-administracion/entidades-colaboradoras); para tal fin, as persoas aspirantes terán que empregar os impresos de autoliquidación oficiais, que se poderán obter nos servizos centrais da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Servizo de Rexistro e Atención á Cidadanía ou nas Oficinas de Rexistro e Atención á Cidadanía dos departamentos territoriais da Consellería.

Os impresos de autoliquidación cubriranse indicando os seguintes códigos:

– Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes: código: 04.

– Delegación de Servizos Centrais: código: 13.

– Servizo de Mobilidade: código: 26.

– Denominación: inscrición nas probas para a cualificación como conselleiros de seguridade: código: 31.01.20.

3. Así mesmo, o ingreso da/das taxa/s poderá facerse en liña, a través da Oficina Virtual Tributaria dispoñible na web da Consellería de Facenda (https://ovt.atriga.gal/), e indicaranse para o efecto os mesmos códigos sinalados no punto anterior.

4. De conformidade co disposto no artigo 30.5 la lei 6/2003, do 9 de decembro, quedan exentos do aboamento de taxas por dereitos de exame as persoas que figuren como demandantes de emprego desde polo menos seis meses antes da data de convocatoria das probas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Taxas asociadas

  • Inscrición nas probas para a obtención e/ou renovación da competencia profesional para a actividade de transporte ( 31.01.20)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Que vai pasar despois de que o presente

Contra a resolución deste procedemento poderá interpoñerse recurso a través de  "IF321C. Recurso  en materia de mobilidade"

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Subdirección Xeral de Inspección do Transporte

Servizo de Inspección

Edifilcio Administrativo San Caetano

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544554/ 981544573

Email: control-transportes@xunta.gal

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/mobil

Órgano responsable

Dirección Xeral de Mobilidade
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Resolución do 5 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril (DOG nº 94 do 22 de Maio de 2026). Ligazón á normativa

    • Resolución do 17 de setembro de 2026, do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se determinan as datas, o lugar e os horarios de realización dos exercicios correspondentes á obtención do certificado(DOG nº 188 do 2 de Outubro de 2026). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano