Inicio

SEDE
ELECTRÓNICA

Xunta de Galicia

Chave365

Logotipo de Chave365

Chave365 é o sistema que permite aos cidadáns maiores de idade identificarse e asinar documentos na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico. Con Chave365, a persoa usuaria identifícase co seu NIF e clave persoal e asina electronicamente cun código único para cada operación, que recibe no seu teléfono móbil.

Alta de usuario

Para empregar Chave365, o cidadán ten que darse antes de alta. Pode facelo por dúas vías:

  • De maneira electrónica a través desta sede, mediante o procedemento de alta en Chave365. Neste caso a alta é inmediata. Para solicitala necesita ter instalado no navegador un certificado electrónico válido para ese mesmo NIF, ou o DNI electrónico.
  • De maneira presencial, dirixíndose a calquera dos órganos ou unidades administrativas da Xunta de Galicia que realicen as funcións de rexistro de usuarios Chave365. Debe acudir persoalmente e acreditar a súa identidade mostrando o DNI ou TIE. Os cidadáns comunitarios que non teñan a tarxeta de residencia presentarán o Certificado de rexistro de cidadáns da Unión e o seu pasaporte.

Antes de empregar Chave365 por primeira vez, debe cambiar obrigatoriamente o contrasinal recibido por SMS por un personalizado. Consulte aquí como modificar a clave.

Se non recibe a mensaxe SMS coa clave de acceso en poucos minutos, póñase en contacto co servizo de atención cidadá 012 para confirmar que se enviou. En caso de que fose enviada pero non recibida, deberá contactar co seu provedor de telefonía e/ou revisar a configuración do seu terminal.

A validez do usuario de Chave365 é de catro anos desde a alta. Transcorrido ese período, será necesario solicitar a renovación a través do procedemento de alta. Por razóns de seguridade, é necesario actualizar o contrasinal polo menos unha vez ao ano.

Onde solicitar presencialmente Chave365

Consulte a relación de órganos ou unidades administrativas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia que realizan as funcións de rexistro de usuarios de Chave365.

Modificación de datos e baixa en Chave365

Para modificar os datos persoais asociados ao seu usuario de Chave365, debe empregar o formulario do procedemento de modificación dos datos que constan en Chave365. Se quere darse de baixa do sistema, pode facelo a través do procedemento de baixa en Chave365.

A modificación de datos e a baixa tamén se poden facer de maneira presencial nos órganos ou unidades administrativas da Xunta de Galicia que realicen as funcións de rexistro de usuarios Chave365.

Máis información

Na sección de Chave365 no portal institucional da Xunta de Galicia dispón de máis información sobre este servizo. Pode informarse sobre como funciona Chave365 e resolver as súas dúbidas consultando as preguntas frecuentes.

Titorial en vídeo: Chave365. Como darse de alta e tramitar sen certificado electrónico

Acceda á carpeta do cidadán para coñecer ...

  • O estado de tramitación dos seus expedientes
  • Os avisos da sede electrónica aos que está subscrito/a

Alta en Chave365

Tramitación en liña
Fondo Europeo de desenvolvemento rexional