Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR001A
Alta/renovación de usuario en Chave365.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Para a modificación de datos ou baixa do servizo do seu usuario de Chave365 pode facelo:
- De forma presencial dirixíndose a calquera dos órganos ou unidades administrativas da Xunta de Galicia que realicen as funcións de rexistro de usuarios Chave365, que pode consultar nesta relación.
- Nesta sede electrónica accedendo a "A miña sede", sección de Chave365 na opción de menú de "O meu perfil".
- A través da aplicación móbil XuntaEu, na opción Chave365.
O obxecto deste procedemento é a petición de alta e renovación no servizo Chave365 como mecanismo de identificación, autenticación e sinatura electrónicas nos procedementos administrativos e servizos da Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia nos que se habilite, e facilitando deste xeito aos usuarios a utilización dos servizos electrónicos ofrecidos pola Xunta nas actuacións que fagan aconsellable a admisión de sistemas de identificación e sinatura electrónicos alternativos.
Persoas físicas maiores de idade ou menores emancipados.
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
A validez do mecanismo de claves concertadas será dun máximo de catro anos desde a verificación da identidade. Transcorrido o devandito período, será necesario solicitar a renovación do mecanismo de claves concertadas por calquera das seguintes canles:
De forma presencial dirixíndose a calquera dos órganos ou unidades administrativas da Xunta de Galicia que realicen as funcións de rexistro de usuarios Chave365, que pode consultar nesta relación.
Nesta sede electrónica accedendo a "A miña sede", sección de Chave365 na opción de menú de "Os meus datos".
A través da aplicación móbil XuntaEu, na opción Chave365.
Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica.
Tramitar en liña
A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina.
Para presentar a solicitude en liña:
- Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
- Identifícate electronicamente.
- Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.
Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.
A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.
A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.
Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.
Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.
Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.
Documentación
As persoas interesadas poderán solicitar a alta ou renovación en Chave365:
Por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Presencialmente, dirixíndose a calquera dos órganos ou unidades administrativas da Xunta de Galicia que realicen as funcións de rexistro de usuarios Chave365, que pode consultar nesta relación.
Neste caso, a persoa interesada deberá acudir persoalmente e acreditar a súa identidade mostrando un documento identificativo orixinal:
- Persoas con cidadanía española: DNI, pasaporte ou carné de conducir.
- Persoas estranxeiras: tarxeta de identidade de estranxeiro (TIE). Tamén serán válidos outros documentos oficiais e orixinais que acrediten a posesión do NIE (tarxeta vermella, tarxeta verde, tarxeta branca, certificado do rexistro de cidadáns da UE) xunto co pasaporte.
Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?
Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Desde a Carpeta cidadá podes:
- Consultar o estado do teu expediente.
- Acceder á documentación.
- Realizar os trámites que estean dispoñibles.
Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites).
Podes consultar a localización destas oficinas en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en:
Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Subdirección Xeral de Coordinación do Rexistro e Atención á Cidadanía
Servizo de Rexistro e Atención á Cidadanía
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981543976/ 981543975
Órgano responsable
-
Orde do 6 de febreiro de 2014 pola que se aproba o protocolo de identificación e sinatura electrónicas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (DOG nº 31 do 14 de febreiro de 2014). Ligazón á normativa
-
Orde do 27 de marzo de 2023 pola que se modifica a Orde do 6 de febreiro de 2014 pola que se aproba o protocolo de identificación e sinatura electrónicas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. (DOG nº 64 do 31 de marzo de 2023). Ligazón á normativa
-
Resolución conxunta do 3 de setembro de 2015, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, pola que se acorda a posta en funcionamento de Chave365, servizo de claves concertadas da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (DOG nº 176 do 15 de setembro de 2015). Ligazón á normativa
-
Lei 39/2015, da 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015). Ligazón á normativa
-
Real Decreto 311/2022, de 3 de maio, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridad (BOE nº 106, de 04 de maio de 2022) Ligazón á normativa
Outros procedementos relacionados
Acceso á información contida na Historia Social Única Electrónica.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e o Rexistro Contable de Facturas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Aprobación dos modelos oficiais de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados
Aberto todo o ano
Queixa.
Aberto todo o ano