Guía de procedementos e servizos

FA006A

Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e o Rexistro Contable de Facturas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

Esta orde ten por obxecto regular o Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e o Rexistro Contable de Facturas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como os procedementos para a tramitación das facturas presentadas polos provedores das entidades incluídas no seu ámbito de aplicación.

O previsto nesta orde será de aplicación:

a) Á Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Aos organismos autónomos.

c) Ás axencias públicas autonómicas.

d) Aos consorcios autonómicos.

e) Ao resto de entidades dependentes da Xunta de Galicia en que concorran as circunstancias a que fai referencia o artigo 3.2 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

Provedores en xeral.

- Todos os provedores que entregasen bens ou prestasen servizos a calquera das entidades incluídas no ámbito de aplicación desta orde poderán expedir e remitir factura electrónica.

- En todo caso, estarán obrigadas ao uso da factura electrónica e á súa presentación a través do Punto xeral de entrada as entidades seguintes:

a) Sociedades anónimas.

b) Sociedades de responsabilidade limitada.

c) Persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica que carezan de nacionalidade española.

d) Establecementos permanentes e sucursais de entidades non residentes en territorio español nos termos que establece a normativa tributaria.

e) Unións temporais de empresas.

f) Agrupacións de interese económico, agrupacións de interese económico europeas, fondos de pensións, fondos de capital risco, fondos de investimentos, fondos de utilización de activos, fondos de regularización do mercado hipotecario, fondos de titulización hipotecaria ou fondos de garantía de investimentos.

- Non obstante, quedan excluídas da obriga de facturación electrónica as facturas de importe igual ou inferior a 5.000,00 euros e as emitidas polos provedores de servizos prestados no exterior.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Edificio Administrativo San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)

Rúa Domingo Fontán, 9

15702  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541300

Fax: 981541614

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

1. PROCEDEMENTO DE TRAMITACIÓN DE FACTURAS ELECTRÓNICAS.

Todas as facturas electrónicas emitidas contra calquera das entidades incluídas no ámbito de aplicación desta orde se presentarán no Sistema Electrónico de Facturación da Xunta de Galicia (SEF).

A recepción da factura no Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e a súa anotación no Rexistro Contable de Facturas terá unicamente os efectos que, de conformidade coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, deriven da súa presentación nun rexistro administrativo.

A presentación destas facturas producirá un envío automático destas ao Rexistro Contable de Facturas que, en tempo real, asignará un número de asento rexistral único. O número servirá para identificar de xeito unívoco cada unha das facturas presentadas e permitirá identificar a entidade receptora delas e o ano de presentación da factura.

O SEF proporcionará ao presentador un xustificante de recepción electrónico no cal constarán, cando menos, a data e hora da presentación, o órgano xestor destinatario e o número de asento rexistral da factura. Así mesmo, incluirá un código seguro de verificación que permita en calquera momento validar ante o sistema a exactitude do documento.

Unha vez emitido o xustificante de recepción electrónico a que se refire o parágrafo anterior, o SEF porá a factura á disposición do órgano xestor destinatario dela para a súa tramitación.

2. PROCEDEMENTO DE TRAMITACIÓN DE FACTURAS EN SOPORTE PAPEL.

1. As facturas emitidas en soporte papel contra algunha das entidades incluídas no ámbito de aplicación desta orde deberanse presentar ante un rexistro administrativo nos termos previstos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O rexistro administrativo informará electronicamente o Sistema Electrónico de Facturación da Xunta de Galicia (SEF) sobre a entrada da factura, indicando, como mínimo, a data de entrada, o número de rexistro de entrada no rexistro administrativo e o órgano xestor a que vai dirixida. Xunto cos datos anteriores, remitirase unha copia dixitalizada das facturas presentadas.

Cada factura debe ir nun número de entrada único. No caso de que no mesmo acto se presenten varias facturas ante o rexistro administrativo, este rexistro proporcionará un número de entrada diferente para cada unha das facturas.

A recepción polo SEF da información a que se refire este punto producirá un envío automático ao Rexistro Contable de Facturas que, en tempo real, asignará un número de asento rexistral único. O número servirá para identificar de xeito unívoco cada unha das facturas presentadas e permitirá identificar a entidade receptora delas e o ano de presentación da factura.

Unha vez realizada a anotación no Rexistro Contable de Facturas, o SEF porá a información relativa á factura á disposición do órgano xestor destinatario dela para a súa tramitación.

3. O rexistro administrativo remitirá o orixinal da factura en soporte papel ao órgano xestor destinatario dela, que procederá á súa tramitación.

No momento da recepción do orixinal en papel, o órgano xestor completará no SEF os datos relativos á factura a partir dos datos de entrada no rexistro administrativo que figuren no sistema.

O órgano xestor poderá ir avanzando na captura dos datos e na tramitación da factura á vista da copia dixitalizada que figura no sistema. Cando a copia dixitalizada fose realizada nos termos previstos no artigo 30 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, o órgano xestor poderá proceder á tramitación da factura sen agardar á recepción física do orixinal en soporte papel. Non será necesario remitir a factura en soporte papel no caso de que o proceso de dixitalización na oficina de rexistro dea lugar a unha copia auténtica en soporte electrónico a partir do documento en papel.

Cando o órgano xestor receptor das facturas observe que figuran varias facturas asociadas a un mesmo número de entrada ou que a factura corresponde a outras administracións públicas, procederá a devolver a factura ao rexistro administrativo de procedencia con indicación da causa do dito rexeitamento, para os efectos da súa correcta tramitación.

4. A Intervención Xeral da Comunidade autónoma determinará o contido que con carácter obrigatorio deba ser trasladado ao SEF. A información de cada factura debe incluír, como mínimo, os datos seguintes:

a) Data de expedición da factura.

b) Data de presentación da factura no rexistro administrativo.

c) Número de identificación fiscal ou número de identificación equivalente do expedidor da factura.

d) Nome, apelidos e razón ou denominación social completa do obrigado a expedir factura.

e) Número de factura e, de ser o caso, serie.

f) Importe total da factura, incluíndo o IVE.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 26 de febreiro de 2015 pola que se regulan o Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e o Rexistro Contable de Facturas da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 50 do 13 de marzo de 2015).

Outros procedementos relacionados

BS104A

Acceso á información contida na Historia Social Única Electrónica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA003A

Normas de aplicación do canon eólico.

Aberto todo o ano