Guía de procedementos e servizos

FA004A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

A regulación do cumprimento das obrigas tributarias concernentes á taxa fiscal que grava a autorización, celebración ou organización de xogos de sorte, envite ou azar realizados mediante máquinas de xogo, cuxo rendemento corresponda á Comunidade Autónoma de Galicia e aplicarase a todos os obrigados tributarios da taxa fiscal citada nas súas relacións coa Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA).

Apróbanse os modelos en formato electrónico que figuran nos anexos II, III e IV desta orde e que se relacionan a seguir, para os efectos da aplicación da taxa fiscal que grava os xogos de sorte, envite ou azar, realizado mediante máquinas de xogo:

Modelo D-046. Modelo de declaración informativa de máquinas de xogo.

Modelo 045. Modelo de autoliquidación da taxa fiscal do xogo realizado mediante máquinas de xogo.

Modelo 046. Modelo resumo de autoliquidacións presentadas da taxa fiscal do xogo realizado mediante máquinas de xogo.

Os modelos aprobados no apartado punto son de uso obrigatorio na Comunidade Autónoma de Galicia para todos os suxeitos pasivos da taxa fiscal sobre xogos de sorte, envite ou azar devindicada por máquinas de xogo suxeitas ao pagamento do devandito tributo.

A presente orde entrará en vigor o día da súa publicación e será de aplicación para todos os feitos impoñibles gravados pola taxa fiscal sobre o xogo desenvolvido mediante máquinas de xogo acaecidos desde o 1 de xaneiro de 2014.

Para os efectos do disposto no artigo anterior, as aplicacións informáticas deste tributo poderán ser empregadas polos usuarios que se relacionan a seguir, sempre que sexan previamente autorizados pola dirección da ATRIGA:

a) Os suxeitos pasivos que dispoñan do correspondente certificado de usuario outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) para a presentación e pagamento dos seus propios tributos, ou doutras autoridades certificadoras admitidas pola consellería competente en materia de facenda, e que previamente fosen autorizados pola dirección da ATRIGA para a presentación e pagamento electrónico destes ingresos.

b) Os membros dos colexios profesionais, as entidades privadas, así como as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais, que subscribisen coa administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia o correspondente convenio de colaboración, nos termos acordados neste.

Os usuarios anteriores, para poder empregar as aplicacións informáticas sinaladas, deberán presentar ante a dirección da ATRIGA, unha solicitude de autorización xunto cunha ficha de usuario, axustadas aos modelos que contén o anexo I, con anterioridade ao primeiro prazo no que deban cumprir as obrigas tributarias referidas a este tributo. Outorgarase a autorización a todos aqueles que reúnan as condicións establecidas no punto anterior.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)

P/ Pastoriza, 8

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544189

Fax: 981544169

Email: xestion.centralizada@atriga.es

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Os suxeitos pasivos deberán cumprir as obrigas tributarias a que se refire esta orde correspondentes a cada trimestre natural, nos vinte primeiros días naturais seguintes á finalización do dito trimestre. *Consultar o apartado documentación.

Os suxeitos pasivos deberán cumprir as obrigas tributarias concernentes á taxa que grava a autorización, celebración ou organización de xogos de sorte, envite ou azar realizados mediante máquinas de xogo a que se refire esta orde, por medios electrónicos. Para isto, deberán empregar as aplicacións informáticas que a ATRIGA poña á súa disposición na Oficina Virtual Tributaria (OVT), nas condicións e consonte os procedementos previstos nesta orde.

  • Os suxeitos pasivos deberán cumprir as obrigas tributarias a que se refire esta orde correspondentes a cada trimestre natural, nos vinte primeiros días naturais seguintes á finalización do dito trimestre, de xeito que:

    a) No prazo 1, do 1 ao 20 de abril de cada ano, cumpriranse as obrigas tributarias correspondentes ao primeiro trimestre natural do ano.

    b) No prazo 2, do 1 ao 20 de xullo de cada ano, cumpriranse as obrigas tributarias correspondentes ao segundo trimestre natural do ano.

    c) No prazo 3, do 1 ao 20 de outubro de cada ano, cumpriranse as obrigas tributarias correspondentes ao terceiro trimestre natural do ano.

    d) No prazo 4, do 1 ao 20 de xaneiro de cada ano, cumpriranse as obrigas tributarias correspondentes ao último trimestre natural do ano anterior.

    Os prazos anteriores entenderanse prorrogados ata o primeiro día hábil seguinte, no suposto de que o último día do período fose día inhábil ou sábado.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 17 de marzo de 2014 pola que se regula a xestión e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo (DOG nº 55 do 20 de marzo de 2014).

    • Corrección de erros. Orde do 17 de marzo de 2014 pola que se regula a xestión e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo (DOG nº 59 do 26 de marzo de 2014).

    • Orde do 22 de decembro de 2020 pola que se modifican as ordes de aplicación de impostos propios da Comunidade Autónoma de Galicia e das taxas fiscais sobre o xogo.(DOG nº 6 do 12 de xaneiro de 2021).

    • Resolución do 25 de xaneiro de 2021 pola que se modifican as instrucións dos modelos de declaración e autoliquidación da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos, da taxa fiscal sobre o xogo do bingo e da taxa fiscal sobre o xogo realizado a través de máquinas de xogo.(DOG núm. 19 do 29 de xaneiro de 2021).

    • Resolución do 24 de novembro de 2021 pola que se modifican os anexos I, II, III, IV e V da Orde do 21 de xuño de 2006 pola que se regulan os procedementos de xestión recadatoria e a actuación das entidades colaboradoras. (DOG nº 233 do 3 de decembro de 2021).

    • Orde do 16 de decembro de 2021 pola que se modifican diversas normas tributarias (DOG nº 245 do 23 de decembro de 2021).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA003A

Normas de aplicación do canon eólico.

Aberto todo o ano