Guía de procedementos e servizos

FA009D

Modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

A aprobación dos modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns cuxo rendemento corresponda á Comunidade Autónoma de Galicia, a regulación dos procedementos e condicións xerais para o seu pagamento e presentación e a regulación de determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria que se aplicará a todos os usuarios.

TRAMÍTASE A TRAVÉS DA OFICINA VIRTUAL TRIBUTARIA.

PRESENTACIÓN ELECTRÓNICA PARA AS PERSOAS OBRIGADAS E PRESENCIAL E ELECTRÓNICA PARA  AS  NON OBRIGADAS.

Todo aquel que teña que presentar a autoliquidación do imposto de sucesións e doazóns cuxo rendemento corresponda á Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)

Delegación Da Axencia Tributaria de Galicia Da Coruña

de Pontevedra, 22-2º

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184409

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)

Delegación Da Axencia Tributaria de Galicia de Lugo

da Muralla

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294021/ 982294037

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)

Delegación Da Axencia Tributaria de Galicia de Ourense

Progreso

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988687239

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)

Delegación da Axencia Tributaria de Galicia de Pontevedra

Mª Victoria Moreno, 3º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805757

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)

Delegación Da Axencia Tributaria de Galicia de Vigo

CONCEPCIÓN ARENAL

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817500

Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O prazo para o ingreso e a presentación das autoliquidacións e declaracións e, se é o caso, a documentación complementaria, será o seguinte:

a) Cando se trate de adquisicións por causa de morte, incluídas as dos beneficiarios de contratos de seguro de vida, o prazo será de seis meses, contados desde o día do falecemento do causante ou desde aquel en que adquira firmeza a declaración de falecemento.

b) No caso de consolidacións do dominio no nu propietario por falecemento do usufrutuario cando deban tributar polo imposto sobre sucesións e doazóns, aínda que a desmembración do dominio se realizase por actos inter vivos, o prazo será de seis meses contados desde o día do falecemento do usufrutuario ou desde aquel en que adquira firmeza a declaración de falecemento.

c) Nas adquisicións por causa de morte, en que non se produza o falecemento do transmítente, o prazo é dun mes, contado desde o día seguinte a aquel en que se formalice o acto ou contrato.

d) Nos demais supostos, o prazo será dun mes, contado desde o día seguinte a aquel en que se cause o acto ou contrato, salvo no caso da declaración-documento sucesorio para o que non existe prazo de presentación.

Os modelos que figuran no Anexo II a VI da Orde 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria, e a documentación complementaria a que se refiren os artigos 9 a 14 da devandita orde.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria (DOG nº 14 do 22 de xaneiro de 2021).

    • Corrección de erros. Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.(DOG núm. 24 do 5 de febreiro de 2021).

    • Resolución do 14 de maio de 2021 pola que se modifica o anexo II da Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria (DOG nº 94 do 21 de maio de 2021).

    • Resolución do 6 de agosto de 2021 pola que se modifican os anexos II, III e IV da Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.(DOG nº 153 do 11 de agosto de 2021).

    • Orde do 16 de decembro de 2021 pola que se modifican diversas normas tributarias (DOG nº 245 do 23 de decembro de 2021).

    • Resolución do 29 de decembro de 2021 pola que se modifican os anexos II a IX da Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria (DOG nº 9 do 14 de xaneiro de 2022).

    • Resolución do 27 de decembro de 2023 pola que se modifican os anexos III e IV da Orde de 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria.(DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2024).

    • Resolución do 29 de outubro de 2024 pola que se modifica o anexo III da Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se aproban os diferentes modelos de autoliquidación do imposto sobre sucesións e doazóns na Comunidade Autónoma de Galicia e se regulan o procedemento e as condicións para o seu pagamento e presentación, así como determinadas obrigacións formais e de subministración de información tributaria (DOG nº 216 do 8 de novembro de 2024).

Outros procedementos relacionados

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA003A

Normas de aplicación do canon eólico.

Aberto todo o ano

FA004A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.

Aberto todo o ano