Guía de procedementos e servizos

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Se vostede está interesado en executar obras, instalacións ou realizar calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público e/ou no resto das zonas de protección (zona de servidume ou zona de afección) dunha estrada de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, deberá obter a correspondente autorización previa a través do Servizo de estradas da provincia que corresponda.

Este procedemento pode utilizarse para calquera solicitude de obra, instalación ou actividade, excepto para as relativas aos accesos que se farán a través do formulario específico IF205D e para as suxeitas a declaración responsable que se realizarán a través do formulario específico IF321H.

Ademais, con carácter previo á solicitude de autorización, as persoas interesadas poderán consultarlle ao Servizo provincial de estradas correspondente sobre a viabilidade dunha actuación así como obter información e orientación sobre os requisitos técnicos e xurídicos que as disposicións vixentes lle impoñan, a través do formulario específico IF205C.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Axencia Galega de Infraestruturas

Servizo Provincial Da Axencia Galega de Infraestruturas na Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184870

Email: secretaria.axi.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Axencia Galega de Infraestruturas

Servizo Provincial Da Axencia Galega de Infraestruturas en Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294446

Email: axi.lugo.cim@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Axencia Galega de Infraestruturas

Servizo Provincial Da Axencia Galega de Infraestruturas en Ourense

R/ Sáenz Díez, 1

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386247

Email: axi.ourense.cim@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Axencia Galega de Infraestruturas

Servizo Provincial Da Axencia Galega de Infraestruturas en Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, 43-1º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805639

Email: sp.axi.pontevedra@xunta.gal

Axencia Galega de Infraestruturas

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Segundo a Orde de modificación do 18 de xuño de 2019 (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019), o prazo de presentación de solicitude comezará o día 15 de xullo de 2019 e permanecerá aberto durante todo o ano.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Poder de representación.

  • Documentación acreditativa ou declaración responsable da propiedade sobre a que se pretende actuar ou sobre a súa dispoñibilidade, segundo o caso, de acordo co artigo 156.6 do Decreto 66/2016, do 26 de maio.

  • Documentación acreditativa ou declaración responsable sobre o aproveitamento agrícola ou gandeiro, para o caso dos peches indicados no artigo 135.1 a) do Decreto 66/2016, do 26 de maio.

  • Memoria explicativa cos planos, esquemas ou datos necesarios para localizar e definir a actuación que se pretende realizar.

  • Proxecto ou separata deste no relativo á afección ao dominio público viario e ás súas zonas de protección cando sexa necesario, segundo o indicado no artigo 157 do Decreto 66/2016, do 26 de maio.

  • Outros.

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

  • NIF da entidade solicitante.

Contra a resolución deste procedemento poderá interpoñerse recurso a través de "IF321B. Recurso en materia de infraestruturas"

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (DOG nº 132 do 12 de xullo de 2013).

    • Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 249 do 30 de decembro de 2014).

    • Lei 6/2015, do 7 de agosto, pola que se modifica a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (DOG nº 153 do 13 de agosto de 2015).

    • Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203 do 25 de outubro de 2017).

    • Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 247 do 28 de decembro de 2018).

    • Corrección de erros. Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 43 do 1 de marzo de 2019).

    • Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 246 do 27 de decembro de 2019).

    • Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2021).

    • Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (DOG nº 116 do 20 de xuño de 2016).

    • Corrección de erros. Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (DOG nº 146 do 3 de agosto de 2016).

    • Modificación do Decreto 66/2016, que afecta unicamente ao artigo 143, pola disposición derradeira primeira do Decreto 92/2019, do 11 de xullo, polo que se modifica o Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. (DOG núm. 144, mércores, 31 de xullo de 2019)

    • Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).

    • Orde do 18 de xuño de 2019 pola que se modifica a Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 118 do 24 de xuño de 2019).

Outros procedementos relacionados

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF206B

Informe de usos especiais da estrada

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano