Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IF205D
Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Considéranse accesos directos ás estradas ou ás súas vías de servizo todas aquelas entradas e saídas de vehículos a elas nas que a súa incorporación a ou desde a calzada se produce sen empregar as conexións da estrada con outras vías públicas que teñan a consideración de estradas ou de vías de servizo.
Teñen a consideración de accesos ás estradas ou ás súas vías de servizo os das actuacións urbanísticas, vías urbanas e camiños públicos, instalacións de servizos e predios lindeiros.
Inicio do procedemento de autorización
O procedemento de outorgamento de autorizacións para o establecemento de novos accesos, cambio de uso e reordenación dun acceso existente como consecuencia da solicitude dun novo acceso nunha estrada de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, iniciarase coa presentación dunha solicitude dirixida ao Servizo provincial da Axencia Galega de Infraestruturas correspondente e axustada ao modelo normalizado do anexo que ten como código de procedemento IF205D.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Axencia Galega de Infraestruturas
Servizo Provincial Da Axencia Galega de Infraestruturas na Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184870
Email: secretaria.axi.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Axencia Galega de Infraestruturas
Servizo Provincial Da Axencia Galega de Infraestruturas en Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294446
Email: axi.lugo.cim@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Axencia Galega de Infraestruturas
Servizo Provincial Da Axencia Galega de Infraestruturas en Ourense
Rúa Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386247
Email: axi.ourense.cim@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Axencia Galega de Infraestruturas
Servizo Provincial Da Axencia Galega de Infraestruturas en Pontevedra
Avda. María Victoria Moreno, 43,1º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805639
Email: sp.axi.pontevedra@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 6 de xullo de 2019 e permanecerá aberto indefinidamente.
Solicitude segundo Anexo de código de procedemento IF205D.
Poder de representación.
Memoria explicativa cos planos, esquemas ou datos necesarios para a localización e definición do acceso que se pretende realizar.
Proxecto do acceso subscrito por técnico competente, co contido establecido no artigo 86.2 c) da orde de accesos.
Outros (especificar).
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
NIF da entidade solicitante.
DNI/NIE da persoa solicitante.
DNI/NIE da persoa representante.
- Inicio
- Solicitude (Anexo I)
Contra a resolución deste procedemento poderá interpoñerse recurso a través de "IF321B. Recurso en materia de infraestruturas"
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (DOG nº 132 do 12 de xullo de 2013).
-
Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 249 do 30 de decembro de 2014).
-
Lei 6/2015, do 7 de agosto, pola que se modifica a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (DOG nº 153 do 13 de agosto de 2015).
-
Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203 do 25 de outubro de 2017).
-
Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 247 do 28 de decembro de 2018).
-
Corrección de erros. Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 43 do 1 de marzo de 2019).
-
Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 246 do 27 de decembro de 2019).
-
Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2021).
-
Orde do 7 de abril de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (DOG nº 69 do 12 de abril de 2016).
-
Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (DOG nº 116 do 20 de xuño de 2016).
-
Corrección de erros. Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (DOG nº 146 do 3 de agosto de 2016).
-
Modificación do Decreto 66/2016, que afecta unicamente ao artigo 143, pola disposición derradeira primeira do Decreto 92/2019, do 11 de xullo, polo que se modifica o Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. (DOG núm. 144, mércores, 31 de xullo de 2019)
-
Orde do 23 de maio de 2019 pola que se regulan os accesos nas estradas de Galicia e nas súas vías de servizo (DOG nº 127 do 5 de xullo de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.
Aberto todo o ano
Consulta previa de viabilidade dunha autorización.
Aberto todo o ano
Informe de usos especiais da estrada
Aberto todo o ano
Reversión de expropiación.
Aberto todo o ano