Guía de procedementos e servizos

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Con carácter previo á solicitude de autorización, as persoas interesadas poderán consultarlle ao Servizo provincial de estradas correspondente sobre a viabilidade dunha actuación, así como obter información e orientación sobre os requisitos técnicos e xurídicos que as disposicións vixentes lle impoñan.

O informe derivado da consulta previa ten unha validez dun (1) ano, sempre que non se modifiquen as condicións da estrada pola aprobación ou modificación do Plan director de estradas de Galicia, do plan sectorial de estradas da Administración titular, dun estudo ou proxecto específico ou, no seu caso, de calquera alteración significativa nos terreos nos que se pretenda levar a cabo a actuación, circunstancias todas elas, que o deixarán sen efecto.

Inicio do procedemento de consulta previa de viabilidade.

O procedemento iniciarase coa presentación dunha solicitude dirixida ao Servizo provincial da Axencia Galega de Infraestruturas correspondente e axustada ao modelo normalizado do anexo que ten como código de procedemento IF205C. Para esta consulta previa, non será necesaria a presentación dun proxecto, sendo suficiente unha descrición e unha representación gráfica da actuación que se pretende realizar, así como os datos necesarios para a súa correcta localización.

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Axencia Galega de Infraestruturas

Servizo Provincial Da Axencia Galega de Infraestruturas na Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184870

Email: secretaria.axi.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Axencia Galega de Infraestruturas

Servizo Provincial Da Axencia Galega de Infraestruturas en Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294446

Email: axi.lugo.cim@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Axencia Galega de Infraestruturas

Servizo Provincial Da Axencia Galega de Infraestruturas en Ourense

Rúa Sáenz Díez, 1

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386247

Email: axi.ourense.cim@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Axencia Galega de Infraestruturas

Servizo Provincial Da Axencia Galega de Infraestruturas en Pontevedra

Avda. María Victoria Moreno, 43,1º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805639

Email: sp.axi.pontevedra@xunta.gal

Axencia Galega de Infraestruturas

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

A Orde de 23 de maio de 2019 (DOG n.º 127 do 5 de xullo de 2019) entrou en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 6 de xullo de 2019 e permanecerá aberto indefinidamente.

  • Solicitude segundo Anexo de código de procedemento IF205C.

  • Poder de representación.

  • Descrición e representación gráfica da actuación que se pretende realizar e/ou datos para a súa correcta localización

  • Outra documentación que se especifique

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • NIF da entidade solicitante.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

Prazo de resolución:

Prazo para a emisión do informe: seis meses

Sentido do silencio: Non especificado

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (DOG nº 132 do 12 de xullo de 2013).

    • Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 249 do 30 de decembro de 2014).

    • Lei 6/2015, do 7 de agosto, pola que se modifica a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (DOG nº 153 do 13 de agosto de 2015).

    • Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203 do 25 de outubro de 2017).

    • Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 247 do 28 de decembro de 2018).

    • Corrección de erros. Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 43 do 1 de marzo de 2019).

    • Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 246 do 27 de decembro de 2019).

    • Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2021).

    • Lei 18/2021, de 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 251 do 31 de decembro de 2021).

    • Corrección de erros Lei 18/2021, de 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 33 do 17 de febreiro de 2022).

    • Lei 7/2022, de 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 248 de 30 de decembro de 2022)

    • Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 246 de 29 de decembro de 2023)

    • Lei 5/2024, de 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG nº 251 de 31 de decembro de 2024)

    • Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (DOG nº 116 do 20 de xuño de 2016).

    • Corrección de erros. Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia (DOG nº 146 do 3 de agosto de 2016).

    • Modificación do Decreto 66/2016, que afecta unicamente ao artigo 143, pola disposición derradeira primeira do Decreto 92/2019, do 11 de xullo, polo que se modifica o Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. (DOG núm. 144, mércores, 31 de xullo de 2019)

    • Decreto 51/2023, do 11 de maio, polo que se modifica o Regulamento xeral de estradas de Galicia, aprobado mediante Decreto 66/2016, do 26 de maio. (DOG nº 102 de 31 de maio de 2023)

    • Orde do 23 de maio de 2019 pola que se regulan os accesos nas estradas de Galicia e nas súas vías de servizo (DOG nº 127 do 5 de xullo de 2019).

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF206B

Informe de usos especiais da estrada

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano