Guía de procedementos e servizos

IF310F

Adhesión ás axudas para a realización dos cursos para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial, curso de ampliación e permisos de condución das clases C e/ou D, para o exercicio da actividade de condutor/a profesional.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 06/10/2025 00:00 - 15/10/2025 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Que é e para que serve

Selección de entidades colaboradoras que participarán na xestión das axudas

Quen pode solicitalo

 Para os efectos desta orde, poderán ser entidades colaboradoras as empresas autorizadas como centros de formación CAP, para impartiren os cursos de formación inicial, polas administracións públicas competentes para o outorgamento de autorización de transporte público, que se denominarán «empresas CAP», e as autoescolas que outorguen a formación e as prácticas correspondentes para a obtención dos permisos de condución C e/ou D.

Requisitos

As «empresas CAP» e as autoescolas deben ter o seu domicilio social ou unha sucursal aberta na Comunidade Autónoma de Galicia e acreditar as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.

 Non poderán obter a condición de entidade colaboradora aquelas en que concorra algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.

 Para lograren a solvencia técnica e económica, as entidades colaboradoras deberán dispor dos medios tecnolóxicos precisos para a tramitación das solicitudes de axuda, así como a utilización de medios electrónicos nas comunicacións coa Dirección Xeral de Mobilidade.

As características técnicas exixibles tamén se poderán consultar na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade (https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/mobilidade-sostible).

As entidades colaboradoras actuarán en nome e por conta do órgano concedente para todos os efectos relacionados coa subvención, colaborando na xestión desta.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: PECHADO

14/08/2025 00:00 - 15/09/2025 23:59

06/10/2025 00:00 - 15/10/2025 23:59

Segundo a Orde do 2 de outubro de 2025 ábrese un Novo Prazo dende o :  6/10/2025 ata 15/10/2025

O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras será dun mes, contado a partir do primeiro día hábil seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Como se tramita

Esta solicitude débese presentar por internet a través da sede electrónica. 

Tramitar en liña

A solicitude débela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña: 

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón. 

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

Solicitudes

As solicitudes de adhesión  presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) .

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades colaboradoras presenta a solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As persoas solicitantes deberán presentar coa súa solicitude a seguinte documentación:

a) Documentación que acredite a representación con que se actúa.

b) Convenio de colaboración (anexo V) debidamente asinado pola entidade colaboradora.

c) Outra documentación adicional que a persoa interesada considere conveniente.

Unha vez asinado o convenio pola Dirección Xeral de Mobilidade, a entidade colaboradora poderá presentar as solicitudes de axudas en representación dos beneficiarios.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.

3. A documentación complementaria deberá presentarse por medios electrónicos.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.

f) Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas.

h) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á AEAT.

i) Certificación de alta no imposto de actividades económicas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderánselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores 

Todos os trámites administrativos que as entidades colaboradoras deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Que vai pasar despois de que o presente

Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?

10 días hábiles

Que ocorre se non recibes resposta?

Se pasa o prazo establecido para resolver e non recibes unha resposta expresa, a túa solicitude considérase desestimada por silencio administrativo.

Isto significa que a solicitude non se considera aprobada.

A Administración segue estando obrigada a resolver a túa solicitude aínda que transcorra este prazo.

A resolución pode ser:

  • Estimatoria (cando aprobamos a túa solicitude).
  • Desestimatoria (cando non aprobamos a túa solicitude).

Se non aprobamos a túa solicitude, podes presentar un recurso para pedir que revisemos a decisión.

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte

Servizo de Autorizacións, Informes e Apoio Xurídico

SAN CAETANO, S/N

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544377

Email: axudas.mobilidade@xunta.gal

https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/transporte-de-viaxeiros/axudas-e-subvencions

Órgano responsable

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Orde do 28 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a realización dos cursos para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial e na modalidade de ampliación ou promoción, así como para a obtención dos permisos de condución das clases C e/ou D, para a incorporación de condutores/as profesionais ao mercado laboral, así como para a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2025 (DOG nº 154 do 13 de agosto de 2025). Ligazón á normativa

    • Extracto da Orde do 28 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a realización dos cursos para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial e na modalidade de ampliación ou promoción, así como para a obtención dos permisos de condución das clases C e/ou D, para a incorporación de condutores/as profesionais ao mercado laboral, así como para a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2025 (DOG nº 154 do 13 de agosto de 2025). Ligazón á normativa

    • Orde do 2 de outubro de 2025 pola que se acorda a apertura dun novo prazo para a presentación das solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras na Orde do 28 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a realización dos cursos para a obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial e na modalidade de ampliación ou promoción, así como para a obtención dos permisos de condución das clases C e/ou D, para a incorporación de condutores/as profesionais ao mercado laboral, así como para a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se convocan para o ano 2025 (DOG nº 191 do 03 de outubro de 2025). Ligazón á normativa

    • Resolución do 24 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se publican as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a realización dos cursos destinados á obtención do certificado de aptitude profesional acreditativo da cualificación inicial na modalidade de ampliación ou promoción; para a obtención dos permisos de condución das clases C e/ou D, co obxecto de incorporar condutores/as profesionais ao mercado laboral, así como para a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e pola que se convocan para o ano 2025 (DOG nº 167 do 03 de Setembro de 2026). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano