Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IF310C
Devolución das taxas de dereitos de examen das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
A devolución das taxas de dereitos de exame das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril.
As persoas aspirantes que resulten excluídas definitivamente das probas.
Prazo de presentación: PECHADO
1. Unha vez analizadas as emendas e as reclamacións, de ser o caso, presentadas, o tribunal publicará na sección de formación da súa páxina web https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/formacion-profesionais-transporte/convocatorias as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas.
2. Agás nos supostos previstos no punto 4 da base novena, devolveránselles os dereitos de exame ás persoas aspirantes que resulten excluídas definitivamente das probas, sempre que o soliciten, empregando o modelo que figura como anexo IV desta resolución, e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código IF310C, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación indicada no punto anterior.
Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:
- Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.
Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:
- Persoas xurídicas.
- Entidades sen personalidade xurídica.
- Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
- Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
- Traballadores e traballadoras autónomos.
- Estudantes universitarios.
- Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.
Tramitar en liña
A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina.
Para presentar a solicitude en liña:
- Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
- Identifícate electronicamente.
- Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.
Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.
Tramitar presencialmente
Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.
Podes presentar a solicitude en:
- As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
- As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
- As oficinas de Correos.
- As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
- Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.
As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en:
A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.
A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.
Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.
Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.
Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.
Documentación
Solicitudes
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado ( anexo IV ) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Admisión de persoas aspirantes
1. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o tribunal encargado de avaliar as probas revisará se estas reúnen as condicións previstas nesta convocatoria e no resto de normativa aplicable.
Rematado este proceso, exporase na sección de formación da páxina web https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/formacion-profesionais-transporte/convocatorias) a lista provisional de persoas admitidas e excluídas, con indicación do motivo da súa exclusión.
2. As persoas aspirantes excluídas disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da exposición da devandita lista, para poder emendar, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión ou efectuar reclamación.
3. Unha vez analizadas as emendas e as reclamacións, de ser o caso, presentadas, o tribunal publicará na sección de formación da súa páxina web https://conselleriadepresidencia.xunta.gal/formacion-profesionais-transporte/convocatorias as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas.
4. Agás nos supostos previstos no punto 4 da base novena, devolveránselles os dereitos de exame ás persoas aspirantes que resulten excluídas definitivamente das probas, sempre que o soliciten, empregando o modelo que figura como anexo IV desta resolución, e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código IF310C, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación indicada no punto anterior.
Trámites administrativos posteriores
A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?
Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Desde a Carpeta cidadá podes:
- Consultar o estado do teu expediente.
- Acceder á documentación.
- Realizar os trámites que estean dispoñibles.
Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites).
Podes consultar a localización destas oficinas en:
https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion
Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa.
Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en:
Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Mobilidade
Subdirección Xeral de Inspección do Transporte
Servizo de Inspección
Edifilcio Administrativo San Caetano
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544554/ 981544573
Email: control-transportes@xunta.gal
Órgano responsable
-
Resolución do 5 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril (DOG nº 94 do 22 de Maio de 2026). Ligazón á normativa
Outros procedementos relacionados
Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.
Aberto todo o ano
Consulta previa de viabilidade dunha autorización.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano
Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.
Aberto todo o ano
Reversión de expropiación.
Aberto todo o ano