Guía de procedementos e servizos

BS310Q

Xuventude Crea.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2025 - Prazo pechado: 30/08/2025 00:00 - 29/09/2025 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Convocar os premios do programa Xuventude Crea para o ano 2025.

Cos premios do programa Xuventude Crea trátase de favorecer o traballo creativo da xuventude galega, coa finalidade de fomentar a actividade creadora, facilitar a súa promoción e a difusión da súa obra nas especialidades de artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de contido, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, DJ (disc-jóckey), fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro, videocreación.

1. Poderán solicitar a participación na obtención dos premios nas especialidades do Programa Xuventude Crea 2025 as persoas non profesionaisexceptúase este requisito para a especialidade de teatro, modalidade Pro, nos termos establecidos no capítulo II para esta especialidade–, e que cumpran os seguintes requisitos:

a) Posuír nacionalidade española, ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser persoa estranxeira residente en España no momento de presentación da solicitude e desenvolver a actividade artística nalgunha das modalidades obxecto destes premios, maioritariamente na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ser descendente de persoa emigrante galega ata o terceiro grao ou ter residencia habitual no estranxeiro pero vinculado con calquera concello galego no padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE).

c) Ter unha idade comprendida entre os 16 e os 30 anos cumpridos no ano 2025, agás o establecido no capítulo II para cada especialidade.

2. Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente con algunha empresa vinculada á especialidade concreta en que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónoma nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.

3. A participación será sempre a título individual, salvo no caso das especialidades de cociña, creación de contido, creación de videoxogos, danza moderna, DJ (disc-jóckey), música, teatro, e videocreación.

Nestas especialidades poderán presentarse asociacións privadas sen ánimo de lucro legalmente constituídas ou grupos informais, nos cales unha das persoas integrantes asumirá o papel de representante único/a do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como persoa beneficiaria, lle correspondan ao grupo e, en consecuencia, a todas as persoas que o forman.

4. Se chegasen á fase final dalgunha das categorías persoas galegas residentes no exterior, a Dirección Xeral de Xuventude comprométese a estudar a formalización do oportuno instrumento xurídico para que a Secretaría Xeral de Emigración financie o custo dos billetes de ida e volta das persoas finalistas (como medida transversal dentro da Estratexia Galicia Retorna).

5. Aquelas persoas que gañasen o primeiro premio dunha especialidade das convocadas na edición do ano anterior non poderán participar na mesma especialidade na presente convocatoria.

6. Os requisitos establecidos neste artigo deberán cumprir o disposto no capítulo II (parte específica).

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude

Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para a Xuventude

Servizo de Programas e Mobilidade Xuvenil

Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541689

Fax: 981545843

Email: programas.xuventude@xunta.gal

Dirección Xeral de Xuventude
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

30/08/2025 00:00 - 29/09/2025 23:59

 O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (anexo I).

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria, persoas traballadoras autónomas, as asociacións privadas sen ánimo de lucro legalmente constituídas e as persoas representantes delas.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Os grupos informais e demais persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. Os grupos informais presentarán unha única solicitude (anexo I), que deberá ir acompañada da relación das persoas integrantes do grupo (anexo III), de acordo co previsto no artigo seguinte. As comunicacións efectuaranse coa persoa que conste como representante único/a do grupo informal no dito anexo III, cos poderes segundo o establecido no artigo 5.3.

3. Só se permite presentar na mesma solicitude a participación para unha das especialidades. No caso de querer presentarse a varias, a persoa solicitante deberá efectuar unha solicitude para cada especialidade.

4. Para poderen optar aos premios do programa Xuventude Crea, as persoas participantes deberán presentar a documentación establecida no artigo seguinte.

5. A presentación da solicitude implica a aceptación das bases desta convocatoria. Unicamente a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude queda facultada para dirimir calquera controversia derivada da interpretación destas bases, así como para decidir a suspensión dunha especialidade no caso de non acadarse unha participación mínima de catro obras.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) No caso de que calquera persoa participante, a título individual ou colectivo, sexa menor de idade precísase a autorización do pai/nai ou titor/a legal para participar nesta convocatoria, así como para calquera cuestión con ela relacionada.

b) A obra e a documentación que corresponda de acordo co disposto na parte específica para cada especialidade concreta. Esta documentación non pode levar ningún dato persoal.

Deberá presentarse separadamente a documentación relativa á obra, por un lado, e a propia obra, polo outro.

En todo caso, o soporte audiovisual que se envíe (memoria USB) deberá ter as óptimas condicións de visibilidade e gravado.

2. No caso de grupos informais, deberán achegar, ademais, a seguinte documentación:

a) Anexo II, para a declaración ou comprobación de datos. Deberá presentarse un anexo II por cada persoa membro do grupo, excepto a persoa representante que declara no anexo I.

b) Anexo III, en que constará a relación de persoas que compoñen o grupo e o poder de representación para unha das persoas integrantes.

3. No caso de asociacións privadas sen ánimo de lucro, deberán achegar a acreditación da persoa que, en nome e representación da entidade, asina a solicitude, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolución, mandato, certificado expedido polo secretario ou secretaria, ou acta, onde se determine a dita representación.

4. Para o caso de persoas galegas residentes no exterior, deberán achegar a seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa do seu nacemento en Galicia ou da ascendencia galega que inclúa a documentación acreditativa do parentesco, cando proceda.

b) Documentación acreditativa da identidade e nacionalidade: documento de identidade do país de residencia e pasaporte español ou outro documento en que consten os datos persoais e a nacionalidade, ademais do libro de familia ou documentación equivalente.

c) Certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular ou outro documento oficial xustificativo que acredite a residencia no exterior, en que conste a dilixencia de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular.

5. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

6. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria, persoas traballadoras autónomas e asociacións privadas sen ánimo de lucro legalmente constituídas. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

7. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

8. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teñen un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, en especial, as especialidades de creación de videoxogos, danza moderna, DJ (disc-jóckey), moda, música, teatro e videocreación, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña a súa consulta:

a) Documento acreditativo da identidade da persoa solicitante e dos membros do grupo, de ser o caso, consistente no número de identificación fiscal (NIF) no caso de persoas xurídicas e no documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro/a (NIE) no caso de persoas físicas.

b) DNI/NIE da persoa representante, de ser o caso.

c) Datos de residencia con data de última variación do padrón da persoa solicitante e dos membros do grupo informal, de ser o caso.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa solicitante e dos membros do grupo informal, de ser o caso.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma da persoa solicitante e dos membros do grupo informal, de ser o caso.

f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT) da persoa solicitante e dos membros do grupo informal, de ser o caso.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán facer constar a súa oposición expresa no cadro habilitado para o efecto no anexo I (solicitude) e anexo II (en caso de grupos) e achegar os documentos correspondentes.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores a la presentación de solicitudes 

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán realizarse os ditos trámites de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 17 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 127 do 5 de xullo de 2022).

    • Extracto da Orde do 17 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 127 do 5 de xullo de 2022).

    • Resolución do 12 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se dá publicidade das resolucións de concesión das axudas para o desenvolvemento das fases finais das especialidades de arte urbana, cociña, deseño de xoias, moda, música e teatro, ao abeiro da Orde do 17 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 12 do 18 de xaneiro de 2023).

    • Resolución do 20 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se dá publicidade das resolucións de concesión dos premios das especialidades de artes plásticas, arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación, ao abeiro da Orde do 17 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se convocan para o ano 2022 (DOG nº 29 do 10 de febreiro de 2023).

    • Orde do 14 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 165 do 29 de agosto de 2025).

    • Extracto da Orde do 14 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases que rexen os premios do programa Xuventude Crea e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 165 do 29 de agosto de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103K

Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano