Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
BS303D
Prazas en residencias xuvenís para persoas traballadoras
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, a adxudicación de prazas e de bolsas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para o curso académico 2025/26.
O número de prazas residenciais convocadas e a súa distribución por residencias é o seguinte:
- Concello (Lugo) / Residencia (Centro Residencial Xuvenil “LUG”) / Nº Prazas(Prazas persoas traballadoras) (6)
- Concello (Ourense) / Residencia (Florentino López Cuevillas) / Nº Prazas(Prazas persoas traballadoras) (5)
- Concello (Vigo) / Residencia (Altamar) / Nº Prazas(Prazas persoas traballadoras) (7)
Persoas solicitantes traballadoras.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Dirección Xeral de Xuventude
Subdirección Xeral de Programas e Asesoramento para a Xuventude
Servizo de Programas e Mobilidade Xuvenil
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, planta cero
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544645
Email: programas.xuventude@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294346
Email: xuventudelugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense
Avda. da Habana, 81 baixo
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386112
Email: servicio.xuventude.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra
Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo
Rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817048
Email: xuventude.voluntariado.vigo@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
24/06/2025 00:00 - 23/07/2025 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Se o último día do prazo de presentación de solicitudes for inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.
Se no mes de vencemento non houbese dia equivalente a aquel en que comezou o cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
Poderán optar ás prazas nas residencias xuvenís as persoas que reúnan os seguintes requisitos xerais:
a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser persoa estranxeira residente en España no momento de presentación da solicitude.
b) Non ter perdido a condición de persoa beneficiaria de praza en calquera das residencias obxecto da orde por causa imputable á persoa solicitante en convocatorias anteriores. En todo caso, a admisión das persoas solicitantes que xa fosen residentes en convocatorias anteriores queda condicionada á inexistencia dun informe desfavorable da Dirección da residencia xuvenil, visado pola persoa titular da dirección territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da provincia en que radica a residencia xuvenil, baseado no incumprimento das normas de réxime interno, no incumprimento das obrigas como bolseiro/a ou na inadaptación á normal convivencia e mínimo respecto cívico que debe rexer nestas residencias xuvenís.
c) Ademais, as persoas beneficiarias das prazas ou bolsas teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
d) Non poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións aquelas persoas que non estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, ou teñan pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Requisitos específicos para as persoas solicitantes traballadoras (BS303D):
a) Ter os 16 anos feitos e non superar os 30 anos en 31 de decembro de 2025.
b) Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.
c) Que, no caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida, teña unha duración mínima de tres meses, contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria a que se presenta.
d) Que estea dada de alta no réxime de persoas traballadoras autónomas da Seguridade Social con anterioridade á publicación da convocatoria a que se presente, para o caso de ser unha persoa traballadora por conta propia.
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal:
– Anexo III, solicitude de prazas en residencias xuvenís para persoas traballadoras (BS303D).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación do requirimento, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos polo artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
3. Para resolver as dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou no caso de máis información durante o proceso de obtención dos formularios e da súa presentación por vía electrónica, as persoas interesadas poderán facer as súas consultas no teléfono de información 012 ou no enderezo electrónico 012@xunta.gal
Documentación complementaria xeral e específica
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, que figurará como Anexo III (BS303D) da correspondente resolución de convocatoria, a seguinte documentación xeral:
a) Certificación literal de nacemento de cada persoa membro da unidade familiar ou libro de familia. Neste último caso, copia de todas as follas do libro de familia en que figuren todas as persoas que compoñen a unidade familiar. A determinación das persoas membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente na data de presentación da solicitude.
b) Título de familia numerosa: copia do título de familia numerosa cando non fose expedido na Comunidade Autónoma de Galicia, se é o caso.
c) Certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental, se é o caso.
d) Certificación da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) de non ter a obriga de declarar, se é o caso.
Cando non sexa posible achegar a dita certificación na data de presentación da solicitude, por non estar dispoñible, a adxudicación de praza quedará condicionada á presentación desta certificación con anterioridade á incorporación na residencia xuvenil.
e) Certificación médica acreditativa do estado de xestación no momento de presentación da solicitude, no caso de ser muller xestante.
f) Acreditación da situación de violencia de xénero, se é o caso. Esta situación acreditarase por calquera dos medios recoñecidos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero:
1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
2º. Sentenza condenatoria na orde penal por homicidio ou asasinato das fillas ou fillos da muller, así como de calquera outra persoa estreitamente unida a ela, por quen sexa ou fose o seu cónxuxe ou por quen mantivo con ela unha relación análoga de afectividade aínda sen convivencia ou calquera outro documento que acredite a violencia vicaria, así como as demais sentenzas de calquera orde xurisdicional que declaren que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas nesta lei.
3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
5º. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
6º. Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.
7º. Calquera outra que se estableza regulamentariamente.
g) Acreditación da condición de orfandade, se é o caso.
h) Acreditación do grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % da persoa solicitante ou de calquera das persoas que compoñen a unidade familiar, cando non fose expedido na Comunidade Autónoma de Galicia, se é o caso.
i) Acreditación de que a persoa solicitante constitúe unha unidade familiar independente, se é o caso. Neste caso, a persoa solicitante debe achegar:
1º. Acreditación da relación matrimonial ou análoga á conxugal, así como da súa descendencia, se é o caso.
2º. Acreditación do pagamento da vivenda, se é o caso.
3º. Acreditación dos medios económicos con que conta a persoa solicitante.
j) Anexo IV, de comprobación de datos de terceiras persoas, que figurará como anexo da correspondente resolución de convocatoria, cando forme parte de unidades familiares compostas por máis dun membro, que deberá achegar debidamente cuberto e asinado por todas as persoas que compoñan a unidade familiar.
k) Acreditación do desenvolvemento habitual da actividade académica ou económica en Galicia por calquera medio válido en dereito.
2. As persoas solicitantes coa condición de persoas traballadoras deberán achegar, ademais da documentación xeral, a seguinte documentación específica:
a) No suposto de relación laboral por conta allea:
1º. Copia do nomeamento, se a relación de traballo é funcionarial ou estatutaria.
2º. Copia do contrato laboral en vigor, se a relación de traballo é laboral por un período mínimo de tres meses.
b) No suposto de relación laboral por conta propia, achegará un certificado do tempo cotizado no réxime de persoas traballadoras autónomas da Seguridade Social.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para tramitación os procedementos establecidos nesta orde consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante e, se é o caso, da persoa representante e demais persoas membros que compoñen a unidade familiar.
b) Certificado de residencia con data de última variación padroal da persoa solicitante.
c) Datos do imposto da renda das persoas físicas (IRPF), de acordo coa declaración presentada no ano que se indique na convocatoria correspondente da persoa solicitante e, se é o caso, das demais persoas membros que compoñen a unidade familiar.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa solicitante.
e) Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de débedas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa solicitante faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Título de familia numerosa expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Certificado de discapacidade da persoa solicitante e, se é o caso, das demais persoas membros que compoñen a unidade familiar expedido pola Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Acreditación dos importes de prestacións por desemprego percibidas na data actual da persoa solicitante no caso de estar na dita situación de desemprego e, se é o caso, das demais persoas membros que compoñen a unidade familiar.
d) Acreditación da situación legal de desemprego sen prestación económica da persoa solicitante e, se é o caso, das demais persoas membros da unidade familiar.
e) Acreditación da convivencia actual das persoas que compoñen a unidade familiar, se é o caso.
3. No caso de que as persoas interesadas, as persoas titoras ou representantes legais, se é o caso, ou as demais persoas membros que compoñen a unidade familiar se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente, anexos I, II ou III, que figurarán como anexos da correspondente resolución de convocatoria, segundo o procedemento para a persoa solicitante, e anexo IV, que figurará como anexo da correspondente resolución de convocatoria, para as demais persoas membros da unidade familiar, e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas, á persoa titora ou representante legal, e ás demais persoas que compoñen a unidade familiar, a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar logo da presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase Xustificación
- Solicitude de devolución da cota por renuncia da praza (Anexo VI)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 21 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería (DOG nº 105 do 4 de xuño de 2025).
-
Resolución do 5 de xuño de 2025 pola que se procede á convocatoria de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería (DOG nº 118 do 23 de xuño de 2025).
-
Extracto da Resolución do 5 de xuño de 2025 pola que se procede á convocatoria de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería (DOG nº 118 do 23 de xuño de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Prazas en residencias xuvenís para estudantes
Prazo aberto: 24/06/2025 00:00 - 23/07/2025 23:59
Prazas en residencias xuvenís para persoas estudantes colaboradoras bolseiras
Prazo aberto: 24/06/2025 00:00 - 23/07/2025 23:59
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.
Aberto todo o ano
Inclusión no censo de entidades xuvenís.
Aberto todo o ano