Guía de procedementos e servizos

BS307A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
A prestación de servizos en escolas de tempo libre reguladas neste decreto, requirirá a presentación ante a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar dunha declaración responsable de inicio de actividade.

A declaración responsable de inicio de actividade constitúe un documento subscrito pola persoa prestadora do servizo, de acordo cos modelos normalizados que figuran nos anexos deste decreto, no cal declara baixo a súa responsabilidade:

a) Que dispón da totalidade da documentación exixida para o servizo que vai prestar, especificada no artigo correspondente deste decreto, en función da natureza do servizo.

b) Que, en función da natureza do servizo que vai prestar, cumpre coa totalidade dos requisitos e obrigas exixidos nos títulos I, II e III deste decreto para ese servizo.

c) Que se compromete a manter o cumprimento dos requisitos durante a vixencia da actividade.

3. De producirse un cambio na titularidade do servizo, a nova persoa titular deberá subscribir unha nova declaración responsable co mesmo contido que se detalla no punto segundo deste artigo. Esta nova declaración deberá presentarse nun prazo non superior a quince días dende que se produza o cambio de titularidade.

Persoas físicas e/ou xurídicas, tanto públicas como privadas, que queiran promover unha escola de tempo libre; entendendo como tal aqueles centros de formación, perfeccionamento e especialización de xoves educadores nas actividades e técnicas orientadas á promoción e axeitada utilización do lecer.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude

Instituto da Xuventude de Galicia

Servizo Participación Xuvenil e Escola Galega de Xuventude

Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957057 / 981544866

Fax: 981545843

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Coruña

Servizo de Xuventude e Voluntariado da Coruña

CC. Elviña - Avda. Salvador de Madariaga, 9-1º

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881881238

Fax: 881881237

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Lugo

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294599

Fax: 982294339

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Ourense

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Ourense

Avda. da Habana, 81 baixo

32004  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386120 / 988386113

Fax: 988386119

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Departamento Territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude de Pontevedra

Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo

Concepción Arenal, 8-1º

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817781 / 986817782

Fax: 986817082

Servizo Participación Xuvenil e Escola Galega de Xuventude

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Dende o 29 de febreiro de 2012

  • Toda persoa física ou xurídica que queira iniciar a prestación de servizos en escolas de tempo libre, reguladas no Título III deste decreto, no momento de emitir a declaración responsable de inicio de actividade, segundo o modelo oficial que figura no anexo VI, deberá estar en posesión da seguinte documentación:

    a) Acreditación da titularidade do centro.

    b) Proxecto educativo e sistema educativo da escola, con especificación das modalidades de ensinanzas que se vaian impartir.

    c) Descrición detallada dos medios materiais e educativos de que disporá. A este respecto, todas as escolas de tempo libre deberán contar cun local que, como mínimo, disporá dos seguintes espazos diferenciados: espazo de atención ao público, aula, espazo específico de arquivo e sala de reunións para o profesorado.

    d) Os programas específicos do centro para os diferentes niveis que se pretenden impartir, de acordo cos contidos do título III deste decreto.

    e) Acreditación suficiente de que o director ou directora e o profesorado posúen as titulacións exixidas no artigo 63 deste decreto.

    f) Xustificación e documentación acreditativa das posibilidades de realización da fase de prácticas que a escola de tempo libre lle ofrecerá a todo o seu alumnado.

    g) Documento acreditativo do pagamento da taxa correspondente.

    h) Estatutos da escola de tempo libre que conterán, como mínimo, os seguintes datos:

    – Denominación da escola de tempo libre, que non poderá coincidir nin ser similar con outras xa inscritas no Rexistro de Servizos á Xuventude.

    – Domicilio social.

    – Órganos de dirección, goberno e administración.

    – Ámbito territorial en que desenvolverá as súas actividades.

    – Rexime económico, con determinación da procedencia e destino dos seus recursos económicos.

    .

Prazo de resolución:

Seis meses

Sentido do silencio:

Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 58/2012, do 12 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos do mercado interior (DOG nº 25 do 6 de febreiro de 2012).

    • Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude (DOG nº 49 do 10 de marzo do 2000).

Outros procedementos relacionados

BS105A

Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS105B

Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS306B

Axudas enmarcadas no Programa Iniciativa Xove.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/05/2025 00:00 - 06/06/2025 23:59

BS308A

Inclusión no censo de entidades xuvenís.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano