Guía de procedementos e servizos

BS305E

Subvencións a entidades locais para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á xuventude.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 02/02/2019 00:00 - 01/03/2019 23:59

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

1. O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á mocidade, e convocar estas axudas para o ano 2019 (código de procedemento BS305E).

2. Coas iniciativas locais dirixidas á mocidade tratarase de fomentar a realización de actividades de educación non formal e a participación xuvenil no ámbito local, especialmente aquelas actividades enmarcadas nas áreas prioritarias de actuación establecidas no artigo seguinte.

3. Entenderase por iniciativa local dirixida á mocidade un proxecto homoxéneo para a realización dunha actividade ou programa de actividades con unidade de contido, orientada á consecución duns obxectivos claramente definidos, nun ámbito de actuación e nun marco temporal concretos.

Non se considerará como proxecto de iniciativa local, para os efectos desta orde, aquel constituído por actividades que formen parte da programación ordinaria destinada á mocidade da entidade local solicitante e que non encaixe na definición de iniciativa local dirixida á mocidade recollida no parágrafo anterior, nin tampouco o constituído polas funcións ordinarias dos servizos de información xuvenil.

4. As actividades irán dirixidas ás persoas con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos, conforme a definición de persoas novas da Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia.

O período subvencionable abranguerá desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2019.

Proxectos e gastos subvencionables.

1. Serán excluídos aqueles proxectos que non se axusten ao obxecto e á finalidade destas axudas recollidos no artigo 1 desta orde.

2. No caso das solicitudes conxuntas, deberá acreditarse suficientemente que o proxecto se realiza conxuntamente e que non se trata de actuacións independentes de cada entidade local. En caso contrario, o proxecto será excluído.

3. Considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubitado, respondan á natureza do proxecto presentado e resulten estritamente necesarios para levalo a cabo.

4. Quedan excluídos, para os efectos da axuda, os proxectos docentes e deportivos previstos nos plans regulados de ensino e deporte escolar e federativo.

5. Non será subvencionable a adquisición de equipamento e material inventariable.

6. Non serán subvencionables os gastos de luz, auga, calefacción e teléfono. Poderán subvencionarse outros gastos ordinarios de funcionamento, sempre que estean asociados co proxecto e recollidos no orzamento de gastos que se reflicte no anexo IV. En todo caso, este tipo de gastos ordinarios de funcionamento non poderá superar nunca o cinco por cento do orzamento total do proxecto, ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel.

7. Calquera das actividades desenvolvidas será de carácter gratuíto para as persoas destinatarias do proxecto e non poderán xerarse ingresos por pagamento de cotas, entradas ou outros de similar natureza.

8. Serán subvencionables as retribucións salariais totais do persoal propio da entidade que se correspondan coas horas dedicadas á execución do proxecto, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias e as cotas á Seguridade Social por conta do empregador.

9. O importe total de gastos de manutención, como comidas, servizos de restauración ou compra de produtos alimenticios, non poderá superar o dez por cento do orzamento total do proxecto ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel. Ademais, deben estar vinculados de xeito inequívoco coa actividade e realizados durante a súa execución material.

10. No caso dos premios que se outorguen nos concursos ou competicións previstos no proxecto subvencionable e dos obsequios para persoas que colaborasen no desenvolvemento dalgunha actividade, estes deberán incluírse no orzamento do dito proxecto. O límite para os gastos por este concepto será do dez por cento do orzamento total ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel.

11. Non serán subvencionables os proxectos que consistan na celebración de concertos ou festas, salvo que estas actividades teñan unha entidade menor e se inclúan dentro dun programa de actividades máis amplo e, en todo o caso, xustificarase a súa necesidade e oportunidade dentro do desenvolvemento do proxecto. Non será subvencionable, en ningún caso, a contratación de grupos de música e baile nin a adquisición de instrumentos musicais, uniformes ou traxes.

12. Non serán subvencionables os actos que teñan lugar fóra de Galicia.

13. O importe total dos custos de alugamento de espazos e equipamento non pode superar o corenta por cento do orzamento total do proxecto ou da contía xustificada, de ser esta inferior a aquel.

1. Poderán solicitar estas axudas os concellos galegos, as mancomunidades de concellos de Galicia e os consorcios locais de Galicia constituídos exclusivamente por concellos.

2. Así mesmo, poderán solicitar as axudas que regula esta orde as agrupacións de concellos, estremeiros e/ou dunha mesma comarca, que se xunten para os efectos de levaren a cabo unha iniciativa local conxunta. Neste suposto, todos os concellos quedarán obrigados solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención.

3. Enténdese por solicitude individual a realizada por un único concello e por solicitude conxunta a realizada por unha mancomunidade, consorcio local ou agrupación de concellos.

4. Ningún concello poderá figurar en máis dunha solicitude, sexa individual ou conxunta. O incumprimento deste criterio dará lugar á non admisión de todas as solicitudes individuais, dando validez á solicitude conxunta. No caso de que o concello figure en máis dunha solicitude conxunta, non será admitida ningunha delas.

As entidades locais beneficiarias deberán:

a) Comunicar á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, con 15 días de antelación, o inicio da realización das actividades para as cales se pide a axuda. Esta comunicación realizarase preferentemente a través do enderezo electrónico

xuventude@xunta.gal

b) Acreditar, ante a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a realización da actividade ou actividades que conforman o proxecto de iniciativa local dirixida á mocidade, así como o cumprimento dos requisitos ou das condicións que determinan a concesión ou o aproveitamento da axuda. O cumprimento desta obriga de xustificación realizarase nos termos previstos na Lei 9/2007, do 13 de xuño, na normativa regulamentaria de desenvolvemento e nas bases reguladoras desta orde.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal se achegará toda a información que sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicarlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

f) Dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento da iniciativa local obxecto da subvención, nos termos regulamentariamente establecidos.

g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo seguinte.

h) En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

i) Cumprir coas restantes obrigas contidas nesta orde e demais normativa aplicable.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Dirección Xeral de Xuventude

Servizo de Xestión e Coordinación Administrativa

Edificio Administrativo San Lázaro, 3º andar

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999314/ 981540122

Fax: 881999667

Dirección Xeral de Xuventude

Prazo de presentación: PECHADO

02/02/2019 00:00 - 01/03/2019 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

1. Para obter a condición de beneficiaria, todas as entidades e agrupacións solicitantes deberán, na data da proposta de resolución:

a) Ter cumprido o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do último exercicio. Para a comprobación do cumprimento deste requisito, consultaranse os datos da rendición do sector local en Galicia publicados polo Consello de Contas na súa páxina web oficial.

b) Estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

c) Cumprir cos demais requisitos recollidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

2. As mancomunidades e consorcios locais deberán estar formalmente constituídos de acordo coa normativa vixente e ter, de conformidade co que dispoñan os seus estatutos, capacidade e obxecto idóneos para levar a cabo o proxecto.

3. Os concellos que formen parte das agrupacións recollidas no artigo 4.2 terán, en todo caso, a condición de entidade beneficiaria, polo que, para poder conceder a subvención solicitada, todos eles deberán cumprir os requisitos establecidos no punto 1 deste artigo. Por acordo de todos os concellos unha das alcaldías exercerá a representación única e será quen reciba e xustifique a axuda. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I, procedemento BS305E), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente e sempre que o prazo de presentación de solicitudes non estea rematado, será requirida para presentala por medios electrónicos. En todo caso, a solicitude non será admitida a trámite se a presentación electrónica se realiza despois do remate do prazo de presentación de solicitudes, logo de resolución que se ditará nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

  • As entidades ou agrupacións interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) O certificado da secretaría que recolla o acordo de solicitude da subvención por parte do órgano competente e, se for o caso, o acordo de delegación para a tramitación do procedemento.

    • b) O proxecto de iniciativa local dirixida á mocidade, redactado seguindo estritamente o modelo publicado como anexo III.

    • c) O orzamento de gastos desagregado segundo o anexo IV.

    • d) No caso das solicitudes conxuntas, unha memoria explicativa onde quede claramente reflectido o aforro de custos da execución do proxecto respecto da súa realización de xeito individual.

    • e) No caso das agrupacións, o acordo de colaboración, en que se incluirá o nomeamento do concello que exercerá a representación única, e os certificados das secretarías dos demais concellos en que conste o acordo do Pleno ou da Xunta de Goberno polo que autorizan o exercicio da representación para a tramitación da subvención por parte do concello nomeado no acordo de colaboración.

    • f) No caso das agrupacións, un anexo II cuberto por cada un dos concellos excepto o que exerza a representación única.

  • Calquera cambio que se produza nos datos contidos na solicitude ou na documentación complementaria seralle comunicado á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que poderá solicitar da entidade solicitante, en todo caso, todos os documentos e aclaracións que considere necesarios para completar o expediente.

  • A documentación complementaria presentarase obrigatoriamente por vía electrónica. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. En todo caso, se o proxecto de iniciativa local dirixida á mocidade se presenta electronicamente fóra do prazo establecido no artigo 9.2, a solicitude non será admitida a trámite.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Comprobación de datos.

1. De conformidade coa normativa de protección de datos, para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

  • b) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

  • c) Certificación de estar ao día nas obrigas coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da entidade interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á mocidade durante o ano 2019 e se procede á súa convocatoria (DOG nº 23 do 1 de febreiro de 2019).

    • Extracto da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á mocidade durante o ano 2019 e se procede á súa convocatoria (DOG nº 23 do 1 de febreiro de 2019).

    • Resolución do 9 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 28 de decembro de 2018, pola que se aproban as bases que rexen as subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia para a posta en marcha de iniciativas locais dirixidas á xuventude durante o ano 2019, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 8 do 14 de xaneiro de 2020).

Outros procedementos relacionados

BS103D

Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103E

Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS103F

Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS306B

Axudas enmarcadas no Programa Iniciativa Xove.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 07/05/2025 00:00 - 06/06/2025 23:59