Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PR923E
Programa Escolas Abertas para entidades galegas do exterior
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Establecer as bases reguladoras do programa Escolas Abertas, dirixido ás persoas que están a tomar a remuda nos cargos directivos nas entidades galegas do exterior ou son susceptibles de facelo, e ás persoas responsables de impartir docencia en actividades de cultura tradicional galega, da confección de traxes tradicionais galegos para a entidade, ou responsables da cociña nas ditas entidades.
1. Programa Escolas Abertas para promover a cualificación do persoal docente de actividades de cultura tradicional galega ou de confección de traxes tradicionais galegos.
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para estas modalidades do programa as entidades galegas asentadas fóra de Galicia que estean recoñecidas en calquera das categorías establecidas no artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, e cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter escolas constituídas ou grupos consolidados da especialidade solicitada que acrediten unha actividade continuada.
b) Ter grupos constituídos nos últimos dez anos e estar no seu proceso de recuperación, no suposto de non cumprir o requisito establecido na letra a).
c) Ter grupo de baile ou música debidamente constituído e cun funcionamento ininterrompido, como mínimo, durante catro anos, no suposto de solicitar participar no obradoiro de confección de traxe tradicional galego.
As persoas propostas deben ser maiores de 18 anos e menores de 65 e estar impartindo docencia ou, no suposto de actividades de cultura tradicional galega, formar parte do grupo de baile ou música da entidade e comprometerse a apoiar o labor docente na especialidade que corresponda durante un mínimo de dous anos. Malia o anterior, mediante resolución razoada, á vista de circunstancias excepcionais de excelencia nas materias que se impartirán no obradoiro correspondente, a persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración poderá autorizar a participación dalgunha persoa maior ou menor destas idades.
2. Programa Escolas Abertas para persoal responsable da cociña.
Poderán ser beneficiarias desta modalidade do programa as entidades galegas asentadas fóra de Galicia que estean inscritas nas seccións de comunidades galegas, centros colaboradores ou federacións de entidades do Rexistro da Galeguidade que conten con servizo de cociña ou comedor que ofreza menús elaborados.
As persoas propostas deben estar traballando na cociña ou comedor da entidade galega solicitante, ben os xestionen directamente ou os teñan arrendados ou cedidos a unha terceira persoa, e ter unha experiencia superior a un ano desde a data de publicación da convocatoria.
3. Programa Escolas Abertas para promover a cualificación no desempeño de cargos directivos.
Poderán ser beneficiarias desta modalidade do programa as entidades galegas asentadas fóra de Galicia que estean inscritas nas seccións de comunidades galegas, centros colaboradores ou federacións de entidades do Rexistro da Galeguidade.
As persoas propostas deberán ter unha idade comprendida entre os 18 e 49 anos e reunir unha das seguintes condicións:
a) Formar parte da xunta directiva da entidade, polo menos, durante un ano desde a data do remate do prazo de presentación de solicitudes.
b) Ser socio/a da entidade cunha antigüidade mínima dun ano contado desde a publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e comprometerse a apoiar a súa xestión durante dous anos, ben sexa como parte da xunta directiva, ben como persoal voluntario colaborador.
4. Non poderán ser beneficiarias as entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5. As entidades só poderán solicitar unha candidatura por modalidade, segundo o modelo normalizado do anexo II (ficha da persoa proposta). Así mesmo, non poderán propoñer a participación no programa de persoas sen nacionalidade española ou que xa participasen nel, en calquera das modalidades convocadas, máis de dúas veces nas últimas catro convocatorias do programa. Se así for, quedarán excluídas.
6. Os requisitos teñen que cumprirse o último día do prazo de presentación de solicitudes.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral da Emigración
Subdirección Xeral de Relacións coas Comunidades Galegas
Servizo de Promoción das Entidades Galegas
Praza de Mazarelos, 15
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 957 353
Email: subdireccionxeral.emigracion@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
23/01/2026 00:00 - 10/03/2026 23:59
Segundo a Resolución do 20 de febreiro de 2026 amplíase o plazo ata o 10 de marzo de 2026 ( inclusive)
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que figura como anexo I desta resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Ademais, na epígrafe correspondente do anexo I faranse constar as seguintes declaracións:
a) O conxunto de todas as axudas concedidas para a mesma finalidade que a solicitada ao abeiro desta resolución.
b) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan coa solicitude son certos.
c) Que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) Que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas prevista nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
e) Que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e o artigo 9 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
f) Que está ao día no pagamento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ten pendente ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
g) Que a entidade solicitante se compromete a manter o cumprimento destes requisitos durante o período de tempo en que perciba esta subvención e a comunicar inmediatamente cantas axudas solicite e/ou obteña doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, a partir da data desta declaración.
h) Que consta na entidade o consentimento por escrito da persoa participante para que se lle tomen e se difundan imaxes súas con motivo da súa participación nas actividades obxecto desta convocatoria.
3. Excepcionalmente, as entidades con sede en América do Sur poderán dirixirse ás delegacións da Xunta de Galicia ou a algunha das entidades que se indican a seguir para a presentación electrónica da súa solicitude:
• No Brasil:
– Peña Galega da Casa de España en Río de Janeiro.
– Sociedad Española de Río de Janeiro.
– Sociedade Hispano-Brasileira de Socorros Mutuos e Instruçao, en São Paulo.
– Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro, en Santos.
– Asociación Cultural Hispano-Gallega Caballeros de Santiago, en Salvador de Bahía.
• En Cuba:
– Federación de Sociedades Gallegas de Cuba, en La Habana.
• En Venezuela:
– Hermandad Gallega de Venezuela, en Caracas.
A utilización desta vía requirirá unha autorización que a persoa que exerce a representación legal da entidade lle outorga á persoa responsable dalgunha das entidades citadas ou da delegación da Xunta de Galicia para que remita a súa solicitude por vía electrónica.
Documentación complementaria
1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Ficha da persoa proposta (anexo II): unha ficha por cada unha das persoas propostas acompañada da seguinte documentación:
a.1) Documento identificativo da persoa proposta para participar no programa sempre que non dispoña de DNI ou NIE. Se dispón de DNI ou NIE, só se achegará no caso de opoñerse á súa consulta no anexo II, segundo o previsto no artigo 9 da resolución.
a.2) Breve currículo da persoa aspirante en relación coa materia obxecto do obradoiro. No suposto de persoal directivo, debe constar unha especial referencia á formación académica e experiencia de xestión.
a.3) Declaración da persoa aspirante pola cal se compromete durante, como mínimo, dous anos, nos seguintes termos segundo a modalidade:
– A ensinar e aplicar os coñecementos adquiridos no seo da entidade como docente titular ou ben como persoal de apoio á docencia, para o suposto de obradoiros de baile, gaita e percusión tradicionais, de canto popular e pandeireta e confección de traxe tradicional.
– A incluír no menú da entidade todos ou parte dos pratos aprendidos, no suposto do obradoiro de cociña galega.
– A exercer apoio á xestión da entidade, ben sexa como parte da xunta directiva, ben como persoal voluntario colaborador, no suposto recollido na letra b) do artigo 2.3.
a.4) Unha gravación en formato dixital de uso común da persoa aspirante que non exceda os 4 minutos, para os obradoiros de baile, gaita e percusión tradicionais, de canto popular e pandeireta e de persoal directivo. Nos obradoiros de baile, canto popular e pandeireta a gravación será solista, nos de gaita e percusión sen ningún instrumento acompañando. No suposto de persoal directivo, a persoa aspirante debe expoñer a súa formación e/ou experiencia en tarefas de xestión de entidades e as súas motivacións para participar no obradoiro.
a.5) O título oficial de corte e confección ou de cociña, de ser o caso, para as modalidades de traxe tradicional ou cociña galega.
b) Para todos os obradoiros culturais, agás cociña galega: certificación da entidade, relativa á escola ou grupo de baile, canto e percusión ou gaita (anexo III).
c) Para o obradoiro de cociña galega: certificación de que a entidade conta con servizo de cociña ou comedor (restaurante ou cafetaría) que ofrece menús elaborados e de que os xestiona directamente ou de que ten arrendada ou cedida a súa xestión, segundo o anexo IV.
d) Certificado de residencia fiscal emitido en 2026 polas autoridades competentes do país de residencia, no suposto de entidades que non teñan a súa residencia fiscal en territorio español.
2. Co fin de lograr a efectiva difusión deste programa, e co obxectivo de garantir os principios de transparencia, accesibilidade da información e veracidade recollidos no artigo 2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, poderanse recoller experiencias e mesmo imaxes das persoas participantes, que poderán ser empregadas para noticias contidas en xornais, publicacións e tamén divulgadas tanto a través de servizos da sociedade da información como na páxina web https://emigracion.xunta.gal
Para estes efectos, a presentación da solicitude de participación implica a autorización para a publicación destas imaxes.
Así mesmo, as persoas participantes no programa Escolas Abertas poden autorizar que se lles remita información doutros programas ou futuras accións promovidas pola Secretaría Xeral da Emigración.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da entidade interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á entidade interesada que os achegue.
4. As entidades deberán presentar a documentación complementaria electronicamente.
Se algunha destas entidades presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
5. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola entidade interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
7. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos poden consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
8. Os datos achegados coa solicitude deberán concordar cos que constan da entidade no Rexistro da Galeguidade; en caso contrario, prevalecerán os inscritos neste último. A falsidade ou ocultación de datos na documentación presentada para a obtención da axuda comportará a exclusión do proceso de valoración e, polo tanto, a imposibilidade de ser beneficiaria das axudas establecidas nesta resolución.
10. O material audiovisual poderase presentar nos formatos de uso común mp4, avi, mov ou wmv, e non pode superar os 12 MB.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Datos incluídos no Rexistro da Galeguidade previsto na Lei 7/2013, do 13 de xuño.
b) Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Axencia Estatal de Administración Tributaria.
c) Certificación de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.
d) Certificación de estar ao día no pagamento de débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma.
e) DNI/NIE da persoa proposta para participar no programa, de ser o caso.
2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da entidade interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás entidades interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da entidade interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Certificación de que na entidade dispoñen de menús elaborados (Anexo IV)
- Ficha da persoa proposta (Anexo II)
- Certificación relativa á escola ou grupo de baile, canto e percusión ou gaita da entidade (Anexo III)
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 9 de xaneiro de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras do programa Escolas Abertas para entidades galegas do exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 14 do 22 de xaneiro de 2026).
-
Extracto da Resolución do 9 de xaneiro de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras do programa Escolas Abertas para entidades galegas do exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 14 do 22 de xaneiro de 2026).
-
Resolución do 20 de febreiro de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 9 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Escolas Abertas para entidades galegas do exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 35 do 23 de febreiro de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a creación /construción de centros de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de inicio de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de cesamento de actividades de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano
Autorización de modificación substancial de centros e programas de servizos sociais.
Aberto todo o ano