Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PR604A - Subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida.
1. As subvencións reguladas nestas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida (código de procedemento PR604A).
2. As subvencións reguladas nas presentes bases ampáranse no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado por Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro de 2015, e modificado mediante Decisión de Execución da Comisión C (2021) 4527 final, do 17 de xuño de 2021, a cal prevé actuacións encamiñadas a axudas directas á provisión de acceso á banda larga ultrarrápida dentro da medida 7 de apoio aos servizos básicos e renovación da poboación rural, na submedida 7.3 de apoio ás infraestruturas de banda larga. O Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 está cofinanciado ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, e ao 17,50 % pola Xunta de Galicia.
Proxectos subvencionables e non subvencionables .
1. As subvencións están destinadas á contratación de servizos de banda larga ultrarrápida que cumpran os seguintes parámetros de nivel de servizo:
a) Permitir unha taxa de transferencia nominal por usuario final no sentido da rede cara ao usuario de, polo menos, 100 Mbps medidos na saída do equipamento da rede do operador máis próximo ao usuario final (velocidade de baixada ou descarga), cunha garantía de caudal do 80 % (o 95 % do tempo).
b) Permitir unha taxa de transferencia nominal por usuario final no sentido do usuario cara á rede de, polo menos, 100 Mbps medidos na saída do equipamento da rede do operador máis próximo ao usuario final (velocidade de subida ou carga), cunha garantía de caudal do 80 % (o 95 % do tempo).
c) Permitir, mantendo todas as características do servizo inalteradas, a transferencia ilimitada de datos en ambos os sentidos (da rede ao usuario e do usuario á rede).
d) Asegurar unha dispoñibilidade do servizo, nos termos de calidade de servizo mencionados de, polo menos, o 98 % medida en intervalos de meses naturais por usuario final.
e) Asegurar que os parámetros de calidade de servizo (QoS) de transmisión de datos proporcionado (jitter, retardamento e taxa de perda de paquetes) son compatibles coa realización de comunicacións de voz e vídeo en tempo real.
f) Resolver, polo menos, o 95 % das incidencias que supoñan un corte de servizo en vinte e catro (24) horas ou menos.
2. Todos os proxectos subvencionables deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Que non estean iniciados na data de presentación da solicitude de subvención.
b) Que sexan finalistas, é dicir, que no momento da certificación final cumpran os obxectivos e funcións para os cales se lles concedeu a subvención.
c) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
d) Que se axusten ás especificacións indicadas nas presentes bases e as das convocatorias correspondentes que se diten.
e) Que requiran dun gasto polo interesado de, cando menos, 2.000 euros (sen IVE) en condicións de mercado, en conceptos subvencionables, e que este gasto se corresponda coa oferta economicamente máis vantaxosa para o interesado, con independencia do posible financiamento público.
3. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados na data límite de xustificación que se dite na convocatoria.
4. Serán considerados gastos subvencionables os custos de provisión de acceso á banda larga ultrarrápida ao usuario final na localización indicada na solicitude sempre que cumpran todos os requisitos fixados nas presentes bases e na convocatoria correspondente.
5. Serán considerados gastos non subvencionables:
a) Servizos de mantemento ou garantía adicional.
b) Conceptos tales como cotas de mantemento ou hospedaxe, así como as mensualidades correspondentes á prestación de servizos de banda larga.
c) Licenzas de software.
d) Equipamento de rede interior do solicitante.
e) O imposto sobre o valor engadido e calquera outro non permitido pola normativa aplicable á execución dos fondos Feader.
De xeito individual as empresas privadas, xa sexan persoas físicas que realicen actividade económica ou persoas xurídicas legalmente constituídas.
1. Poderán solicitar e beneficiarse das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras, de xeito individual as empresas privadas, xa sexan persoas físicas que realicen actividade económica ou persoas xurídicas legalmente constituídas, que acrediten, coa solicitude de subvención, o cumprimento dos seguintes requisitos:
a) Ter domicilio fiscal ou polo menos un centro de traballo en Galicia.
b) Non ter contratado nin poder contratar en condicións de mercado, na localización obxecto de solicitude, servizos de banda larga ultrarrápida, con trinta (30) ou máis megabits por segundo de descarga (fluxo de datos no sentido da rede ao usuario), estando polo tanto illada das redes que prestan estes servizos.
c) Non estar no marco de actuación de plans de despregamento en curso de redes de banda larga ultrarrápida, e estar polo tanto a empresa illada destas redes.
d) En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado. Débese respectar a moderación de custos tal como establece o artigo 48.2.e) do Regulamento de execución (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo de 2014. Para iso, a persoa solicitante deberá solicitar e obter tres ofertas, como mínimo, de diferentes provedores para a prestación do servizo obxecto de subvención, agás que polas especiais características dos gastos ou a localización en que se pretende levar a cabo o proxecto non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten. As ofertas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
1º. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministracións dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e edificacións.
2º. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin co solicitante, nos termos establecidos no artigo 42 do Real decreto do 22 de agosto de 1885, polo que se publica o Código de comercio.
3º. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír no caso de obra civil e instalacións a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, modelo, así como características técnicas, e no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.
Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.
A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.
Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que os realicen, presten ou fornezan, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado no que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.
Non se considerarán subvencionables os gastos nos que non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados neste punto.
2. Non poderán solicitar nin ser beneficiarias as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia, así como as persoas xurídicas que non teñan ánimo de lucro aínda que realicen actividade económica, nin as persoas físicas que non realicen actividade económica.
3. Non poderán obter a condición de beneficiarios:
a) As persoas nas que concorra algunha das circunstancias que prohíben a obtención da condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso nas devanditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, con independencia das comprobacións que de forma preceptiva deba efectuar o órgano instrutor.
b) As empresas en crise de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01) e o disposto no Regulamento de exención por categorías.
c) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ao beneficiario ilegal e incompatible co mercado común.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Cidade da Cultura. Monte Gaiás, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545535
Email: amtega@xunta.gal
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
Resolución do 9 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 57 do 23 de marzo de 2022).
Extracto da Resolución do 9 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 57 do 23 de marzo de 2022).
Resolución do 14 de setembro de 2022 pola que se dá publicidade da relación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 9 de marzo de 2022, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 194 do 11 de outubro de 2022).
Resolución do 26 de outubro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 9 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 207 do 31 de outubro de 2022).
Prazo de presentación: PECHADO
24/03/2022 00:00 - 09/05/2022 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes é de 45 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o derradeiro día fose inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil.
Presentación de solicitudes .
1. As solicitudes serán presentadas directamente polos interesados ou pola persoa que acredite a súa representación segundo o indicado no artigo 9 do Capitulo IV desta Resolución.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidas pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. Se a solicitude non reunise os requisitos establecidos, requirirase o interesado para que a emende no prazo máximo de dez (10) días, indicándolle que, se non o fixese, darase por desistida a súa solicitude, de acordo co establecido no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Documentación complementaria .
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) A oferta para a provisión de acceso á banda larga ultrarrápida para a cal o interesado solicita a subvención.
b) As outras ofertas para a provisión de acceso á banda larga ultrarrápida, na localización para a cal se solicita a subvención e que non foron elixidas polo interesado, de térense recibido.
c) Xustificación da elección da oferta para a provisión de acceso á banda larga ultrarrápida para a cal o interesado solicita a subvención, cando a elección non recaia na oferta de menor importe.
d) No caso de que non sexa posible obter as tres ofertas indicadas no artigo 4.1.d) deberá porse de manifesto este feito mediante a declaración responsable incluída no anexo I e o solicitante xuntará unha xustificación da dita imposibilidade na cal indicará os motivos que impediron obter as tres ofertas (ausencia de provedores do servizo na zona, inexistencia de solucións técnicas dos provedores para a localización na cal se solicita a provisión, etc.). As ofertas presentadas e os provedores escollidos supoñen unha documentación vinculante para o desenvolvemento do proxecto no caso de resultar beneficiario da subvención.
e) No caso de persoas físicas que realicen a sinatura da solicitude ou a presentación de documentos en representación das persoas solicitantes ou beneficiarias das subvencións, á solicitude citada, acompañarase acreditación válida do poder de representación do asinante da solicitude, segundo o sinalado no artigo 9 das presentes bases.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Número de identificación fiscal (NIF) da persoa solicitante e, de ser o caso, da persoa representante.
b) Documento nacional de identidade (DNI) da persoa representante que asine a solicitude e/ou, de ser o caso, da persoa solicitante. Cando algunha persoa sexa estranxeira residente, consultarase o número de identidade de estranxeiro (NIE).
c) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
d) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día nas obrigas coa Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Concesións de subvencións e axudas da persoa solicitante, rexistradas na Base de datos nacional de subvencións (BDNS).
g) Concesións das axudas a que aplica a regra de minimis vixentes da persoa solicitante, rexistrados na Base de datos nacional de subvencións (BDNS).
h) Inhabilitacións vixentes para obter subvencións da persoa solicitante, rexistradas na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) no período solicitado.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Recordatorio sobre a solicitude de pago
Para proceder á xustificación da subvención concedida no marco do procedemento PR604A, recorde que deberá achegar a seguinte documentación:
- Solicitude de pago debidamente cuberta e asinada pola persoa representante legal do/a beneficiario/a: empregando o modelo de xustificación en galego ou en castelán
- Conta xustificativa debidamente asinada pola persoa representante legal do/a beneficiario/a que conterá a información especificada no artigo 26.3.b das bases reguladoras da convocatoria:
- Memoria de actuación, xustificativa da alta do servizo subvencionado
- Memoria económica, que incluirá o detalle dos pagos subvencionados con indicación do provedor e servizo contratado e anexará as facturas e xustificantes de pago
- Certificados de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social (en caso de denegar expresamente o consentimento de consulta ao órgano xestor)
- Xustificación do cumprimento das obrigas de publicidade establecidas no artigo 29 das bases reguladoras da convocatoria:
- dúas fotos da placa/cartel colocado na localización onde se contratou o servizo subvencionado. Deberase empregar o modelo do cartel en galego ou en castelán
- referencia á ubicación da web e captura de pantalla da publicidade web (só en caso de dispor de sitio web para uso profesional). Será suficiente con colgar tamén na web a placa/cartel, sempre e cando sexa accesible mediante un enlace na páxina principal da web
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a unha emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Outras convocatorias ou publicacións
Procedementos e servizos relacionados
Comunicación de necesidades de infraestruturas en estradas por parte dos operadores.
Tramitación dos convenios de colaboración subscritos pola AMTEGA.
Adhesión de 'Aliados Dixitais'
Subvencións para a extensión de redes de banda larga ultrarrápida en entidades singulares de poboación.