Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE155C
Axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Mar
Regular o procedemento para a concesión das axudas para á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización (PPeC) que se executen no ano 2025 polas organizacións de produtores pesqueiros e as asociacións de organizacións de produtores pesqueiros recoñecidas no ámbito autonómico de Galicia
Poderán solicitar estas axudas :
As organizacións de produtores pesqueiros e as asociacións de organizacións de produtores con ámbito exclusivo na Comunidade Autónoma de Galicia que se encontren dadas de alta no Rexistro establecido no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, tanto se solicitan un anticipo coma se non.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Subdirección Xeral de Valorización dos Produtos do Mar
Servizo de Mercados
Praza de Europa 5A - 4º - Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546289
Email: oppga.mar@xunta.gal
Prazo de presentación: ABERTO
19/12/2025 00:00 - 19/01/2026 23:59
A presentación da solicitude do anticipo ten carácter potestativo e o prazo para a súa presentación será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Enténdese como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, enténdese que o prazo finaliza o último día do mes. No caso de que o último día sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Para acceder a estas axudas, as entidades solicitantes deben cumprir os requisitos xerais e específicos que se establecen nas bases reguladoras, así como os sinalados na presente orde, e será necesario ter obtido a aprobación do Plan de produción e comercialización (PPeC) na fase do anticipo, e do informe anual de actividades correspondentes ao ano 2025 na fase da axuda.
Solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
As entidades solicitantes destas axudas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación complementaria, segundo a fase do procedemento a que se refira a solicitude:
1. Fase do anticipo:
a) Poder suficiente, ou outra documentación acreditativa, da persoa física que actúe en nome e representación da organización, salvo que a capacidade de representación se recolla nos estatutos.
b) Copia da escritura de constitución e dos estatutos da sociedade, así como das modificacións ulteriores debidamente inscritas no rexistro que corresponda.
c) Certificado actualizado da declaración censual de alta nas obrigas tributarias.
d) Certificado de antecedentes penais da persoa xurídica. Obterase a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza e conterá a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de comprobar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP, FEMP ou FEMPA.
e) Resolución de aprobación do Plan de produción e comercialización referido á anualidade 2025.
2. Fase da axuda: resolución de aprobación do informe anual de actividades referido á anualidade 2025, derivado do Plan de produción e comercialización.
3. Aquelas entidades que non presentasen a solicitude do anticipo deberán presentar a totalidade da documentación complementaria a que se refiren os puntos anteriores no prazo establecido para presentar a solicitude na fase de axuda.
4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será preciso achegar os documentos xa presentados con anterioridade pola entidade solicitante ante calquera Administración. Neste caso, a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que se obterán electronicamente a través das redes corporativas ou a través da consulta ás plataformas de intermediación de datos e outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, salvo que conste no procedemento a oposición expresa da entidade solicitante.
De xeito excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse de novo a súa achega.
5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
6. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que se presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o faga necesario ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias presentadas polas entidades solicitantes, para o cal poderá requirir a achega do documento ou da información orixinal.
7. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar supere os tamaños máximos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación de maneira presencial. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
8. Sempre que se realice a achega de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, no caso de dispor del.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse de oficio os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, salvo que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– Fase de anticipos:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa que actúa como representante.
c) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
d) Informe acreditativo de non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións emitido pola Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
e) Informe acreditativo de non estar en concurso de acredores (artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia) obtido a través do Rexistro Público Concursal do Ministerio de Xustiza.
f) Certificación emitida polo organismo competente acreditativa de estar ao día das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
g) Certificación emitida polo organismo competente acreditativa de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
h) Certificación emitida polo organismo competente acreditativa de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).
– Fase de axudas:
a) Resolución da axuda outorgada para subvencionar total ou parcialmente o mesmo proxecto solicitado, no caso de axudas outorgadas pola Xunta de Galicia.
b) Concesións de subvencións e axudas.
c) Non ter sido declarado culpable de cometer fraude no marco do FEMP ou FEMPA.
d) Informe acreditativo de non ter sanción firme pendente de pagamento por infrinxir a normativa marítimo-pesqueira, emitido pola unidade competente da Consellería do Mar.
e) Informe acreditativo de non ter cometido infracción grave na política pesqueira común (PPC), do Regulamento (CE) 1224/2009 do Consello, polo que se establece un réxime comunitario de control.
f) Informe acreditativo de non estar nin ter estado involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na listaxe comunitaria dos buques INDNR, segundo o disposto no artigo 11 do Regulamento (UE) nº 1139/2021, relativo ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura.
g) Rexistro Central de Titulares Reais.
2. No caso de que as entidades interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no formulario que corresponda e achegar os documentos acreditativos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite obter os documentos sinalados, poderáselles solicitar ás entidades interesadas a súa achega.
4. O órgano que tramite as axudas fará calquera outra comprobación exixida pola lexislación vixente, logo da comunicación á entidade solicitante. En todo caso, faralle saber os efectos de manifestar a súa oposición ou, de ser o caso, a necesidade de achegar a documentación xustificativa exixida pola normativa correspondente.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da entidade interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Relación de xustificantes (Anexo III)
- Gastos de persoal, traballos realizados e tempo de execución (Anexo V)
- Gastos de persoal propio (Anexo VI)
- Gastos de persoal: Relación de xustificantes de pagamento de nóminas (Anexo VII)
- Gastos de viaxe (Anexo VIII)
- Formulario de gastos subvencionables por medida (Anexo II)
- Memoria resumo (Anexo IV)
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto legislativo 1/1999, de 7 de octubre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de régimen financiero y presupuestario de Galicia (DOG nº 214 del 5 de noviembre de 1999).
-
Decreto 11/2009, de 8 de enero, por el que se aprueba el Reglamento de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia (DOG nº 20 del 29 de enero de 2009).
-
Ley 3/2009, de 23 de junio, por la que se modifica el texto refundido de la Ley de régimen financiero y presupuestario de Galicia, aprobado por el Decreto legislativo 1/1999, de 7 de octubre (DOG nº 126 del 30 de junio de 2009).
-
Extracto de la Orden de 10 de octubre de 2024 por la que se convocan ayudas destinadas a la preparación y aplicación de los planes de producción y comercialización de organizaciones de productores pesqueros y asociaciones de organizaciones de productores pesqueros, en el ámbito exclusivo de la Comunidad Autónoma de Galicia, cofinanciadas con el Fondo Europeo Marítimo, de Pesca y de Acuicultura (FEMPA), ejecutados en el año 2023 (DOG nº 202 del 18 de octubre de 2024).
-
Orden de 10 de octubre de 2024 por la que se convocan ayudas destinadas a la preparación y aplicación de los planes de producción y comercialización de organizaciones de productores pesqueros y asociaciones de organizaciones de productores pesqueros, en el ámbito exclusivo de la Comunidad Autónoma de Galicia, cofinanciadas con el Fondo Europeo Marítimo, de Pesca y de Acuicultura (FEMPA), ejecutados en el año 2023 (DOG nº 202 del 18 de octubre de 2024).
-
Corrección de errores.-Decreto legislativo 1/1999, de 7 de octubre, por el que se aprueba el texto refundido de la Ley de régimen financiero y presupuestario de Galicia (DOG nº 218 del 11 de noviembre de 1999).
-
Orden de 26 de septiembre de 2024 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de diferentes líneas de ayudas a las organizaciones de productores del sector pesquero y de la acuicultura en el ámbito de la Comunidad Autónoma de Galicia en el marco del Fondo Europeo Marítimo de Pesca y de Acuicultura (FEMPA) para el período 2021-2027 (DOG nº 193 del 7 de octubre de 2024).
-
Corrección de errores.-Decreto 11/2009, de 8 de enero, por el que se aprueba el Reglamento de la Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia (DOG nº 61 del 30 de marzo de 2009).
-
Resolución de 11 de febrero de 2025, de la Dirección General de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnológica, por la que se da publicidad a las ayudas concedidas correspondientes a la convocatoria del ejercicio 2024 (DOG nº 34 del 19 de febrero de 2025).
-
Corrección de errores. Orden de 26 de septiembre de 2024 por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de diferentes líneas de ayudas a las organizaciones de productores del sector pesquero y de acuicultura en el ámbito de la Comunidad Autónoma de Galicia en el marco del Fondo Europeo Marítimo de Pesca y de Acuicultura (FEMPA) para el período 2021-2027 (DOG nº 121 de 26 de junio de 2025).
-
Ley 1/2016, de 18 de enero, de transparencia y buen gobierno (DOG nº 30 del 15 de febrero de 2016).
-
Ley 9/2007, de 13 de junio, de subvenciones de Galicia (DOG nº 121 del 25 de junio de 2007).
-
Orde do 17 de decembro de 2025 pola que se convocan axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros, no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), executados no ano 2025 e coa posibilidade de conceder anticipos (DOG nº 244 do 18 de decembro de 2025).
-
Extracto da Orde do 17 de decembro de 2025 pola que se convocan axudas destinadas á preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros, no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), executados no ano 2025 e coa posibilidade de conceder anticipos (DOG nº 244 do 18 de decembro de 2025).
-
-
Ámbito Estatal
-
Corrección de erros e erratas do Real Decreto 956/2017, do 3 de novembro, polo que se establece o marco regulador de axudas ás organizacións profesionais do sector da pesca e da acuicultura, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e as súas bases reguladoras de ámbito estatal, e polo que se modifican o Real Decreto 418/2015, do 29 de maio, polo que se regula a primeira venda de produtos pesqueiros, e o Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 24, do 27 de xaneiro de 2018).
-
Real Decreto 956/2017, do 3 de novembro, polo que se establece o marco regulador de axudas ás organizacións profesionais do sector da pesca e da acuicultura, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e as súas bases reguladoras de ámbito estatal, e polo que se modifican o Real Decreto 418/2015, do 29 de maio, polo que se regula a primeira venda de produtos pesqueiros, e o Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 268, do 4 de novembro de 2017).
-
Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 164, do 8 de xullo de 2016).
-
-
Ámbito Europeo
-
Recomendación da Comisión do 3 de marzo de 2014, relativa ao establecemento e aplicación dos plans de produción e comercialización en virtude do Regulamento (UE) non 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura.
-
Regulamento (UE) 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de decembro de 2013 polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, modifícanse os Regulamentos (CE) 1184/2006 e (CE) 1224/2009 do Consello e derrógase o Regulamento (CE) 104/2000 do Consello.
-
Regulamento de execución (UE) 1418/2013 da Comisión, do 17 de decembro de 2013, relativo aos plans de produción e comercialización en virtude do Regulamento (UE) nº 1379/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura.
-
Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello do 7 de xullo de 2021, polo que se establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, e polo que se se modifica o Regulamento (UE) 2017/1004.
-
Regulamento (UE) nº 1380/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro, sobre Política Pesqueira Común, polo que se modifican os Regulamentos (CE) 1954/2003 e (CE) nº 1224/2009 do Consello, e derróganse os Regulamentos (CE) 2371/2002 e (CE) 639/2004 do Consello e a Decisión 2004/585/CE do Consello.
-
Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021 polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos Fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados.
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano
Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano
Permiso de explotación a pé.
Aberto todo o ano
Permiso de explotación para o marisqueo a pé con utilización dunha embarcación auxiliar.
Aberto todo o ano