Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
PE301A - Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
A presente resolución ten por obxecto regular, na Comunidade Autónoma de Galicia, a tramitación do procedemento de recoñecemento como organizacións de produtores pesqueiros (OPP), así como, establecer o formulario de presentación de solicitude para este procedemento.
Toda persoa xurídica con sede no territorio nacional integrada polo menos por dous produtores pesqueiros.
A. En relación co ámbito do recoñecemento, a constitución da OPP e os seus socios, e conforme os artigos 2.3, 3.1, 3.5 e 3.8 do Real decreto 277/2016:
1. Son de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia aquelas OPP nas cales os seus socios conten con unidades produtivas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, ou con unidades produtivas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia e noutras comunidades autónomas, sempre e cando a produción das unidades produtivas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia supere o 80 % da produción expresada en Tm do conxunto da organización.
2. Poderá ser recoñecida como OPP, de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, toda persoa xurídica con sede no territorio nacional, integrada por polo menos dous produtores, nacionais, que cumpran os obxectivos e as condicións dos artigos 7, 14 e 17 do Regulamento da OCM, así como os establecidos no Real decreto 277/2016 e na presente resolución.
3. Os socios das OPP só poderán ser produtores profesionais que asuman o risco e ventura da actividade, é dicir, armadores ou mariñeiros á parte que se atopen en activo no caso da pesca extractiva con buque, persoas físicas con licenzas profesionais no caso da pesca extractiva sen buque ou marisqueo, ou titulares de instalacións acuícolas.
4. Un socio dunha OPP española non poderá pertencer a outra OPP española.
B. En relación coa actividade económica suficiente, de conformidade co artigo 3.3 do Real decreto 277/2016:
As OPP de ámbito autonómico deberán obter, polo menos, unha produción cuxo valor económico supere os catro millóns de euros, calculados segundo a produción media dos últimos tres años anteriores á solicitude.
C. En relación cos estatutos e ao abeiro dos artigos 7, 14 e 17 do Regulamento (UE) nº 1379/2013 e aos artigos 2.8 do Real decreto 277/2016:
1. Deberán dispor de estatutos adaptados á OCM, en particular, aos seus artigos 14 e 17 e polo tanto cumprir coas condicións e cos principios seguintes:
1.1. Cumprir cos principios de funcionamento interno, tal e como se estable na OCM:
1.1.1. Cumprimento polos seus socios das normas adoptadas pola organización aplicable á explotación, á produción e á comercialización das pesquerías.
1.1.2. Non discriminación entre os socios, en particular por motivos de nacionalidade ou lugar de establecemento.
1.1.3. Imposición aos seus socios dunha contribución financeira destinada ao financiamento da organización. As OPP establecerán unha cota mínima anual que se satisfará proporcionalmente entre os seus socios e que non será inferior a corenta mil euros anuais.
1.1.4. Funcionamento democrático que permita aos socios controlar a súa organización e as súas decisións.
1.1.5. Imposición de sancións efectivas, disuasorias e proporcionadas por contravir as obrigas establecidas nas normas internas da organización interesada, en particular no caso de falta de pagamento das contribucións financeiras.
1.1.6. Definición de normas sobre a admisión de novos socios e a súa baixa.
1.1.7. Definición de normas contables e orzamentarias para a xestión da organización.
1.2. Estar en condicións de perseguir os obxectivos recollidos no artigo 7 do Regulamento da OCM.
1.3. Deberán cumprir coas normas sobre a competencia a que fai referencia o capítulo V do Regulamento OCM e na Lei 15/2007, do 3 de xullo, de defensa da competencia, así como non abusar dunha posición dominante nun mercado determinado.
1.4. Facilitar información pertinente sobre a súa afiliación, órganos de goberno e fontes de financiamento cando sexa solicitada por unha autoridade competente.
2. Deberán establecer ademais e de conformidade cos artigos 3.1 e 3.2 do Real decreto 277/2016 o seguinte:
2.1. Para os seus socios, un período mínimo de permanencia dun ano natural desde a data da súa admisión pola OPP. A renuncia á condición de socio comunicarase por escrito cunha antelación de polo menos catro meses á data efectiva da baixa. En caso de non comunicalo no dito prazo, o socio manterá a súa condición, sen poder ingresar nunha nova OPP ata que transcorra o dito período de permanencia e sen prexuízo do disposto nos seus estatutos.
2.2. Disposicións relativas a súa xestión e destino do seu patrimonio en caso de disolución sen prexuízo da normativa que lles afecte.
D. En relación coa estrutura organizativa, persoal, infraestrutura e equipamento e de conformidade co artigo 2.7 do Real decreto 277/2016:
Deberán dispoñer dunha estrutura organizativa propia dotada de persoal, da infraestrutura e equipamento necesario para cumprir coas obrigas establecidas na normativa europea e nacional, en particular o coñecemento da produción dos seus socios e a xestión orzamentaria.
E. En relación coas modalidades de OPP estas agruparanse nos seguintes sectores e segmentos de acordo co artigo 2.4 do Real decreto 277/2016:
a) Do sector da pesca.
1º. Segmento de pesca de altura e gran altura.
2º. Segmento de pesca litoral.
3º. Segmento de pesca local.
4º. Outros segmentos da pesca ou o marisqueo.
b) Do sector da acuicultura.
1º. Segmento de acuicultura mariña.
2º. Segmento de acuicultura continental.
c) Conxuntas de pesca e acuicultura.
F. En relación coa memoria xustificativa e conforme coa letra e) do anexo I do Regulamento de execución (UE) núm. 1419/2013 da Comisión do 17 de decembro de 2013 e co artigo 9.1.f) do Real decreto 277/2016:
Deben presentar unha memoria xustificativa das actividades que se pretendan levar a cabo, axustada aos obxectivos e ás medidas dos artigos 7 e 8 do Regulamento da OCM e especificando o ámbito de actividade e os produtos da pesca e acuicultura para os que se solicita recoñecemento.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Subdirección Xeral de Valorización dos Produtos do Mar
Servizo de Mercados
Praza de Europa 5A – 4º (Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546261
Fax: 981546288
Email: sxmar.cmrm@xunta.es
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Resolución do 5 de xuño de 2019 pola que se regula na Comunidade Autónoma de Galicia a tramitación dos procedementos de recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP) e de retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros e se establecen os formularios de presentación de solicitudes (DOG nº 117 do 21 de xuño de 2019).
Real Decreto 277/2016, de 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 164, do 8 de xullo de 2016).
Real Decreto 956/2017, de 3 de novembro, polo que se establece o marco regulador de axudas ás organizacións profesionais do sector da pesca e da acuicultura, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e as súas bases reguladoras de ámbito estatal, e polo que se modifican o Real Decreto 418/2015, do 29 de maio, polo que se regula a primeira venda de produtos pesqueiros, e o Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 268, do 4 de novembro de 2017).
Corrección de erros e erratas do Real Decreto 956/2017, do 3 de novembro, polo que se establece o marco regulador de axudas ás organizacións profesionais do sector da pesca e da acuicultura, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e as súas bases reguladoras de ámbito estatal, e polo que se modifican o Real Decreto 418/2015, do 29 de maio, polo que se regula a primeira venda de produtos pesqueiros, e o Real Decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura (BOE nº 24, do 27 de xaneiro de 2018).
Regulamento (UE) 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 11 de decembro de 2013 polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, modifícanse os Regulamentos (CE) 1184/2006 e (CE) 1224/2009 do Consello e derrógase o Regulamento (CE) 104/2000 do Consello.
Regulamento de execución (UE) núm. 1419/2013 da Comisión do 17 de decembro de 2013, relativo ao recoñecemento das organizacións de produto-res e as organizacións interprofesionais, a aplicación extensiva das normas das organizacións de produtores e as organizacións interprofesionais e a publicación dos prezos de activación, de conformidade co Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, polo que se establece a organiza-ción común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura.
Regulamento de execución (UE) 1418/2013 da Comisión, do 17 de decembro de 2013, relativo aos plans de produción e comercialización en virtude do Regulamento (UE) nº 1379/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura.
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 22 de xuño de 2019 e permanecerá aberto durante todo o ano.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
- As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar.
- Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
- Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria necesaria para a tramitación dos procedementos .
- As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de recoñecemento como OPP (anexo I) a seguinte documentación:
- Xustificante de aboar a taxa por recoñecemento como OPP co código 326200.
- Declaración responsable por escrito de cada socio produtor na cal se manifeste a voluntariedade da súa adhesión e o coñecemento dos estatutos da organización. O produtor/es e a unidade produtiva, de ser o caso, estarán debidamente identificados e coincidirán cos datos que figuran nos rexistros oficiais da actividade produtiva da Comunidade Autónoma de Galicia. Á falta de rexistros oficiais os datos coincidirán co título administrativo habilitante da actividade produtiva. Nas declaracións deberase acreditar a representación fidedigna por calquera medio válido en dereito dos produtores que sexan persoas xurídicas ou no caso de entidades sen personalidade xurídica a escritura de constitución en que se identifiquen a todos os seus titulares.
- Relación de produtores, unidades produtivas e produción por especies expresada en kg e € dos tres últimos anos anteriores á solicitude, e que xustifiquen unha actividade económica suficiente.
- Memoria xustificativa de actividades que se pretendan levar a cabo, axustada aos obxectivos e medidas dos artigos 7 e 8 do Regulamento da OCM e especificando o ámbito de actividade e os produtos da pesca e acuicultura para os que se solicita recoñecemento.
- Estrutura organizativa propia, persoal, infraestrutura e equipamento necesario para cumprir coas obrigas establecidas na normativa europea e nacional, en particular o coñecemento da produción dos seus socios e a xestión orzamentaria.
- Escritura de constitución ou, se for o caso, certificado de inclusión no rexistro correspondente de asociacións ou calquera outro documento acreditativo da adquisición de personalidade xurídica, con indicación das persoas con capacidade para actuar en nome e por conta da OPP.
- Estatutos adaptados á OCM, en particular, aos seus artigos 14 e 17 e ao establecido no artigo 4 desta resolución.
- A documentación necesaria para a tramitación destes procedementos tamén se especifica nos anexos desta resolución. Así mesmo, os interesados poderán achegar calquera outro documento que consideren conveniente para a tramitación destes procedementos.
- Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
- Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
- A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
- Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
- No caso de que algún dos documentos que vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Comprobación de datos .
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
- a) NIF da entidade solicitante.
- b) DNI ou NIE da persoa representante.
- c) NIF da entidade representante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilita a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Nestes procedementos de presentación electrónica obrigatoria todos os trámites administrativos dos procedementos aquí regulados deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Positivo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"