Guía de procedementos e servizos

PE401L

Outorgamento das modalidades de recursos específicos no permiso de explotación para embarcación e da acreditación para a explotación do percebe.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

A presente orde ten por obxecto regular as habilitacións necesarias para a explotación de recursos específicos e os plans de xestión para estes recursos.

Para os efectos da súa regulamentación, intégranse na categoría de recursos específicos o percebe, equinodermos, solénidos, algas, peneira, anemones e poliquetos, así como calquera outro que determine a consellería competente en materia de marisqueo mediante a aprobación do correspondente plan de xestión.

Será de aplicación á explotación de recursos específicos en augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de marisqueo.

Outorgamento das modalidades para a explotación de recursos específicos

As modalidades de recursos específicos no permiso de explotación da embarcación outórganse pola vixencia do plan de xestión para o que foron aprobadas e renóvanse por un período de tres anos, coincidindo coa aprobación do correspondente plan de xestión.

No caso de empregarse técnicas de mergullo para a extracción de recursos específicos, será necesario que as persoas tripulantes posúan os certificados profesionais correspondentes.

Acreditacións para a explotación de percebe

1. Para poder realizar a actividade extractiva de percebe, as persoas tripulantes dunha embarcación habilitada para a explotación de percebe deberán estar en posesión do certificado de percebeiro/a e dispoñer dunha acreditación vinculada a unha embarcación inscrita nun plan de xestión.

2. A acreditación conterá a información segundo o modelo que figura como anexo V.

En ambos casos, outorgamento da modalidade e acreditacións para a explotación de percebe, as persoas armadoras solicitantes, como persoas traballadoras autónomas, quedan sometidas ao disposto no artigo 10.1.a) da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

Persoas físicas ou xurídicas, titulares de permisos de explotación para embarcacións.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Subdirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Servizo de Xestión dos Recursos Marisqueiros

Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996052

Fax: 981546138

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es

http://webpesca.xunta.es.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña

Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro da Coruña

RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 1 - 5º ANDAR

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182012

Fax: 981182228

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro

Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro (Celeiro)

RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO

27863  Viveiro  (Lugo)

Teléfono: 982555027

Fax: 982555007

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo

Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro (Vigo)

RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817121

Fax: 986817030

Servizo de Xestión dos Recursos Marisqueiros

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

As solicitudes dirixiranse á xefatura territorial nun prazo mínimo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria do proceso selectivo.

1. Os requisitos para a obtención da modalidade de recursos específicos no permiso de explotación da embarcación serán:

a) Ter menos de cinco artes ou modalidades no seu permiso de explotación de embarcación. No caso de ter cinco, deberá xustificarse a renuncia a unha delas unha vez seleccionada á embarcación.

b) Ter menos de 3 TRB ou 2,6 GT no caso da modalidade de percebe e ter menos de 10 TRB ou 10 GT para o resto das modalidades.

c) Dispoñer de medios mecánicos de propulsión.

d) Que as persoas tripulantes estean en posesión dos certificados profesionais correspondentes.

2. Ser armador/a dunha embarcación que teña algunha modalidade de recursos específicos no seu permiso de explotación é incompatible con ser titular dun permiso de explotación a pé para recursos específicos.

As persoas titulares dun permiso de explotación a pé para recursos específicos poderán presentarse ao proceso selectivo para obter as modalidades desde embarcación para este tipo de recursos, pero renunciarán ao dito permiso no momento da obtención dalgunha delas.

  • Expedición ou duplicado de permisos de explotación. ( 30.17.01)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

•    Solicitude segundo o Anexo I.

•    Para presentarse ao proceso de outorgamento da modalidade de recursos específicos no permiso de explotación da embarcación:

◦   Anexo II, só no caso de haber máis dunha persoa solicitante.

◦   Abono da taxa administrativa (30.17.01).

◦   A persoa armadora deberá indicar na solicitude o número de tripulantes con certificación profesional que pretende enrolar.

◦   Documentación acreditativa de cada un dos aspectos que se van a valorar segundo o baremo aprobado.

•    Para o outorgamento da modalidade de recursos específicos no permiso de explotación da embarcación no suposto de que a embarcación resultase seleccionada:

◦   Anexo III, para a consulta do certificado de percebeiro/a da tripulación.

◦   Rol de despachos actualizado da embarcación coa dotación da tripulación enrolada nela.

•    Para a obtención da acreditación para a explotación do percebe:

◦   Anexo II, só no caso de haber máis dunha persoa solicitante.

◦   Rol de despachos da embarcación coa dotación da tripulación enrolada nela.

◦   Libreta de inscripción marítima onde conste o nome das persoas tripulantes embarcadas.

◦   Anexo III, para a consulta do certificado de percebeiro/a da tripulación.

•    Comprobación de datos, no caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán aportar unha copia dixitalizada dos documentos orixinais:

◦   DNI/NIE da persoa solicitante.

◦   DNI/NIE da persoa representante.

◦   NIF da entidade solicitante.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).

    • Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 15 de decembro de 2009).

    • Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 13 do 20 de xaneiro de 1994).

    • Decreto 114/2007, do 31 de maio, de modificación do Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 115 do 15 de xuño de 2007).

    • Decreto 48/2013, do 7 de marzo, polo que se modifica o Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 57 do 21 de marzo de 2013).

    • Decreto 153/2019, do 21 de novembro, polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros e das algas (DOG nº 233 do 9 de decembro de 2019).

    • Orde do 30 de decembro de 2015 pola que se regula a explotación dos recursos específicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 13 do 21 de xaneiro de 2016).

    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).

Outros procedementos relacionados

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE209P

Axudas para proxectos colectivos que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/04/2025 00:00 - 29/05/2025 23:59

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE301B

Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano