Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE401B
Permiso de explotación a pé.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería do Mar
Regular os permisos de explotación a pé (marisqueo xeral ou recursos específicos).
Persoas físicas.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Subdirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Servizo de Xestión dos Recursos Marisqueiros
Rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996052
Fax: 981546138
Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar da Coruña
Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro da Coruña
RÚA RAMÓN Y CAJAL, N 1 - 5º ANDAR
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182012
Fax: 981182228
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Celeiro
Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro (Celeiro)
RÚA RAMON CANOSA, N 1- CELEIRO
27863 Viveiro (Lugo)
Teléfono: 982555028
Fax: 982555007
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Departamento Territorial da Consellería do Mar de Vigo
Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro (Vigo)
RÚA CONCEPCIÓN ARENAL, N 8
36201 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986817121
Fax: 986817030
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
As solicitudes dirixiranse ao departamento territorial nun prazo mínimo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria do proceso selectivo.
Requisitos para a obtención:
1. Para obter o permiso de explotación a pé para recursos específicos, a persoa solicitante deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar empadroada nun municipio do litoral de Galicia.
b) Estar en posesión da certificación profesional correspondente.
c) Ser maior de 18 anos ou menor emancipada e non superar a idade exixida para ter dereito á pensión de xubilación, na súa modalidade contributiva, conforme o previsto na normativa en materia de seguridade social.
d) Non estar incapacitada para exercer os labores de marisqueo.
e) Non ser perceptora de pensións de xubilación, grande invalidez, incapacidade permanente absoluta, incapacidade permanente total, en favor de familiares ou perceptora da renda de integración social de Galicia.
2. A eficacia do permiso de explotación a pé para recursos específicos vén condicionada pola afiliación da persoa titular ao réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar.
3. Ser titular dun permiso de explotación a pé para recursos específicos é incompatible con ser armador/a dunha embarcación que teña algunha modalidade de recursos específicos no seu permiso de explotación.
Os/as armadores/as dunha embarcación que teñan modalidades de recursos específicos poderán presentarse ao proceso selectivo para obter o permiso de explotación a pé para os ditos recursos, pero renunciarán a elas no momento da obtención do dito permiso.
Requisitos para a renovación:
1. A renovación do permiso de explotación a pé requirirá:
a) Cumprir as prescricións específicas contidas no plan de xestión.
b) Ter realizado actividade suficiente, entendendo como tal aquela que se realiza de modo efectivo durante un mínimo de:
1º. O 70 % dos días que foron efectivos dos autorizados para a extracción dentro do plan de xestión da entidade.
2º. O 95 % dos días efectivos dos autorizados dentro do plan de xestión da entidade para as actividades de semicultivo necesarias para a mellora da produción; así como dos traballos de control, protección e vixilancia dos bancos marisqueiros que foron autorizados con carácter xeral no marco do plan. Os días empregados nas actividades anteriores computaranse para os efectos de renovación do permiso de explotación, sempre que así estea recollido no plan de xestión aprobado.
2. Para os efectos de calcular as anteditas porcentaxes teranse en conta as seguintes situacións:
a) Computará como día de actividade o tempo durante o cal a persoa titular permanecese inactiva por causa imprevisible ou inevitable debidamente xustificada, por violencia de xénero, e por atoparse nalgunha das seguintes situacións protexidas pola Seguridade Social: incapacidade temporal, maternidade ou paternidade, por nacemento de fillo/a, adopción ou acollemento, risco durante o embarazo ou risco durante a lactación natural.
No caso dos/as patróns/oas maiores, presidentes/as das agrupacións sectoriais e presidentes/as das federacións de confrarías, persoas que legalmente poidan substituílas ou nas cales deleguen expresamente, considerarase causa xustificada de inactividade o período de tempo empregado nos labores de representación, cando coincida co día de actividade de marisqueo.
b) Os días dedicados polas persoas mariscadoras ás actividades de turismo mariñeiro e aos labores de control da actividade extractiva terán a consideración de días de actividade marisqueira, para os efectos de renovación do permiso de explotación a pé, e computarán para a dita renovación cando coincidan cun día de actividade extractiva.
c) Os días dedicados polas persoas mariscadoras á extracción de semente de mexillón computarán para a renovación do permiso de explotación para marisqueo a pé cando coincidan cun día de actividade extractiva.
d) No caso do percebe, non se computarán como días de actividade efectiva aqueles en que se acredite que traballaron menos do 15 % das persoas con permiso de explotación para percebe a pé.
e) No caso de que unha persoa participe en varios plans de xestión, para renovar o permiso de explotación computarase o total dos días de traballo autorizados e que fosen efectivos para todos os plans en que participe, sen que se poidan contabilizar días de actividade por duplicado.
Requisitos para a suspensión temporal da vixencia do permiso de explotación:
1. Poderá suspenderse temporalmente a vixencia do permiso de explotación nos supostos anteriores, sempre e cando na persoa solicitante se dean os seguintes requisitos:
a) Ter un mínimo dun (1) ano de antigüidade como titular dun permiso de explotación a pé para recursos específicos, no caso dos supostos recollidos no artigo 19.
b) Non ter actividade laboral retribuída, sen prexuízo de percibir unha prestación económica por coidados no ámbito familiar dunha persoa dependente de conformidade coa Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
c) Estar ao día coas obrigas que poida ter como membro da entidade a que está asociada e/ou da agrupación en que estea integrada.
2. Non se exixirá que transcorra un período mínimo de actividade entre dúas resolucións de suspensión temporal da vixencia do permiso de explotación.
3. A suspensión temporal da vixencia do permiso de explotación deberá ser prorrogada anualmente xunto coa solicitude de renovación do permiso de explotación.
4. As persoas que teñan suspendida temporalmente a vixencia do seu permiso de explotación manteranse incluídas nos plans de xestión, o que permitirá que reinicien a actividade, logo de comunicación á xefatura territorial do cesamento da causa que orixinou a suspensión, de ser o caso.
Solicitude segundo o modelo normalizado.
Para o outorgamento do permiso de explotación para o marisqueo a pé: marisqueo xeral ou recursos específicos:
- Documentación acreditativa de aspectos que se valorarán segundo o baremo aprobado:
Tempo como demandante de emprego no ano anterior á convocatoria: Informe SEPE dos períodos de inscrición.
Formación
Experiencia profesional
- Xustificante do pagamento da taxa (código 30.17.01), agás que o pagamento da taxa se inicie e finalice electronicamente a través da sede.
Para o cambio de entidade do permiso de explotación a pé de entidade titular asociativa. Só para permisos de explotación a pé para marisqueo xeral:
- No suposto de ser vítima de violencia de xénero: documentación que acredite tal situación por calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
- No suposto de ter a cargo unha persoa en situación de dependencia: informe das condicións de saúde ou informe dos servizos sociais ou resolución de recoñecemento da situación de dependencia se é emitido por outra comunidade autónoma.
- Informe favorable e motivado das entidades de orixe e destino. Será preciso presentalo en calquera dos casos anteriores.
Para a renovación do permiso de explotación para o marisqueo a pé : marisqueo xeral ou recursos específicos:
- Certificado da agrupación sectorial, de estar constituída, e da entidade titular do plan de xestión dos días dedicados ás actividades de control da actividade extractiva, extracción autorizada de semente de mexillón e actividades de turismo mariñeiro contempladas no plan de xestión, con expresión das datas dedicadas ás tarefas. Así mesmo, incluirase a información necesaria sobre o desenvolvemento das actividades, que permita calcular se a persoa solicitante cumpre a porcentaxe necesaria para renovar o permiso de explotación.
- Certificado da agrupación sectorial, de estar constituída, e da entidade titular do plan de xestión da porcentaxe dos días dedicados ás actividades de semicultivo , e de protección e vixilancia dos bancos marisqueiros, con expresión das datas dedicadas ás tarefas. Así mesmo, incluirase a información necesaria sobre o desenvolvemento das actividades, que permita calcular se a persoa solicitante cumpre a porcentaxe necesaria para renovar o permiso de explotación. Esta documentación só será necesaria cando ditas actividades computen para a renovación do permiso de explotación, sempre que así estea recollido no plan de xestión aprobado.
- Certificado da agrupación sectorial, de estar constituída, e da entidade titular do plan de xestión respecto ao cumprimento das prescricións específicas do plan do ano natural anterior. Esta documentación só será necesaria presentala cando o plan de xestión para recursos específicos recolla prescricións de obrigado cumprimento.
- Xustificante do pagamento da taxa (código 30.17.01), agás que o pagamento da taxa se inicie e finalice electronicamente a través da sede.
- Fotografía de tamaño carné (artigo 12,3,f.).
Para o caso da suspensión da vixencia do permiso de explotación para o marisqueo a pé: marisqueo xeral ou recursos específicos:
- Estar ao coidado dun/dunha fillo/a: documentación que acredite a data de nacemento do/da fillo/filla, no caso de ser por natureza, ou ben por resolución xudicial ou administrativa, nos casos de adopción ou acollemento.
- Estar ao coidado dun familiar ata o 2º grao de afinidade ou consanguinidade: informe das condicións de saúde ou informe dos servizos sociais ou resolución do recoñecemento da situación de dependencia se é emitido por outra comunidade autónoma.
- No suposto de ser vítima de violencia de xénero: documentación que acredite tal situación por calquera das formas previstas no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
- No caso de incapacidade permanente total ou incapacidade permanente absoluta con carácter revisable: informe do Instituto Social da Mariña agás no caso de autorización expresa á Consellería do Mar para a consulta destes datos.
- Certificado da entidade titular do plan de xestión no que se faga constar que a persoa solicitante está ao corrente das obrigas que poda ter como socia da confraría ou entidade á que está asociada e da agrupación sectorial en que estea integrada, de estar constituída.
- Cando a persoa titular do permiso estea en situación de protección por cesamento de actividade por ter recoñecidos dereitos pola Seguridade Social, deberá achegar un informe do Instituto Social da Mariña que acredite esta situación.
Comprobación de datos
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.
- DNI/NIE da persoa solicitante
- DNI/NIE da persoa representante
Igualmente, deberán marcar o recadro correspondente para sinalar as circunstancias que lle sexan de aplicación:
- Consulta de datos de residencia con data da última variación padroal (para outorgamento).
- Verificación de títulos oficiais universitarios (para outorgamento)
- Verificación de títulos oficiais non universitarios (para outorgamento)
- Consulta das prestacións sociais públicas do INSS (para outorgamento, renovación do permiso e suspensión temporal).
- Vida laboral (para a renovación do permiso e suspensión temporal).
- Consulta de alta na Seguridade Social a data concreta.
- Consulta da RISGA.
- Fase de solicitude
- Comprobación de datos de terceiras persoas interesadas (Anexo XI)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exerce-la actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 13 do 20 de xaneiro de 1994).
-
Decreto 114/2007, do 31 de maio, de modificación do Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 115 do 15 de xuño de 2007).
-
Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).
-
Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 15 de decembro de 2009).
-
Orde do 15 de xullo de 2011 pola que se regula o permiso de explotación para o marisqueo a pé (DOG nº 144 do 28 de xullo de 2011)
-
Corrección de erros. Orde do 15 de xullo de 2011 pola que se regula o permiso de explotación para o marisqueo a pé (DOG nº 113 do 14 de xuño de 2012).
-
Decreto 48/2013, do 7 de marzo, polo que se modifica o Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira (DOG nº 57 do 21 de marzo de 2013).
-
Resolución do 12 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se aproba o baremo para obter o permiso de explotación para o marisqueo a pé (DOG nº 223 do 21 de novembro de 2013).
-
Orde do 30 de decembro de 2015 pola que se regula a explotación dos recursos específicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 13 do 21 de xaneiro de 2016).
-
Resolución do 4 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se aproba o baremo para obter o permiso de explotación a pé para recursos específicos (DOG nº 91 do 13 de maio de 2016)
-
Decreto 153/2019, do 21 de novembro, polo que se regula o réxime de conservación e explotación dos recursos marisqueiros e das algas (DOG nº 233 do 9 de decembro de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da comunidade autónoma de Galicia, outorgada por Portos de Galicia, para barcos con base no porto.
Aberto todo o ano
Práctica da pesca marítima de recreo en superficie en zonas de servizo dos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.
Prazo aberto: 09/01/2026 00:00 - 15/12/2026 23:59
Axudas destinadas á primeira adquisición dun buque de pesca
Prazo aberto: 06/01/2026 00:00 - 05/02/2026 23:59