Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI501A
Subvencións para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Fomentar o acceso á vivenda en propiedade na Comunidade Autónoma de Galicia.
1. Poderán solicitar as axudas obxecto desta convocatoria as persoas que subscribisen con posterioridade ao 15 de outubro de 2025 un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda, nos termos previstos nesta resolución.
2. Tamén poderán solicitar a axuda aquelas persoas ás cales, tendo presentado unha solicitude de subvención para a adquisición de vivenda en calquera das modalidades previstas nesta resolución, ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se procede á convocatoria do programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025 , lles fose denegada por esgotamento do crédito. Neste caso, deberán cumprir todos os requisitos sinalados nesta resolución, excepto o referido á data de adquisición da vivenda.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Dirección Técnica de Axudas e Vivenda
Servizo de Acceso á Vivenda
Área Central. Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 957 887
Email: planificacion.igvs@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo
Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Secretaría Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)
Servizo de Coordinación e Información en Materia de Vivenda
Área Central - Fontiñas
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 541 982/ 981 957 529
Prazo de presentación: PECHADO
15/04/2026 09:00 - 15/10/2026 14:00
1. O prazo de presentación de solicitudes comezará unha vez transcorridos cinco días hábiles desde o seguinte ao da publicación da resolución no DOG. No suposto de que o primeiro día do prazo sexa inhábil, o prazo comezará o primeiro día hábil seguinte.
O prazo rematará o 15 de outubro de 2026 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario. Este esgotamento, en caso de producirse antes do 15 de outubro de 2026, farase público no DOG mediante resolución da persoa titular da dirección xeral do IGVS.
2. As solicitudes poderán presentarse desde as 9.00 horas do primeiro día de inicio do prazo ata as 14.00 horas do 15 de outubro de 2026. Este prazo poderá ser ampliado mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, que deberá ser publicada no DOG.
3. As solicitudes presentadas fóra do prazo e do horario indicado serán inadmitidas.
Requisitos das persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas recollidas neste programa as persoas físicas maiores de idade que reúnan os seguintes requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo ou Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que lle sexa de aplicación. No caso de estranxeiros non comunitarios, deberán contar con autorización de estancia ou residencia en España.
b) Ter subscrito con posterioridade á data fixada na correspondente convocatoria un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda que cumpra os requisitos establecidos nestas bases. No caso da modalidade B, o contrato privado deberá estar visado pola área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda ou, de ser o caso, a escritura pública deberá conter as cláusulas obrigatorias derivadas da cualificación definitiva da vivenda.
c) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da correspondente solicitude, para o caso de dispoñer dunha escritura pública formalizada con anterioridade á referida data. Non obstante, no caso da modalidade A, o requisito do empadroamento só será exixible no momento da finalización das obras, para o suposto de que fose necesaria a súa rehabilitación.
d) Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a unidade de convivencia cumpran os seguintes requisitos:
– No suposto da modalidade A, que os citados ingresos sexan iguais ou inferiores a 6,5 veces o IPREM.
– Na modalidade B, ter cumprido o requisito de ingresos que exixa a normativa reguladora das vivendas protexidas vixente no momento da súa adquisición.
e) Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
f) Que nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
g) Que nin a persoa solicitante nin ningunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha parte alícuota desta e foi obtido por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento. Exceptuaranse deste requisito aquelas persoas que, sendo titulares dunha vivenda, acrediten non ter a súa dispoñibilidade por causa de separación ou divorcio, non poidan habitala por calquera outra causa allea á súa vontade ou cando a vivenda resulte inaccesible por razón da discapacidade da persoa solicitante ou de calquera membro da súa unidade de convivencia.
2. Ademais dos requisitos sinalados no punto anterior, na modalidade B a persoa beneficiaria deberá ser adquirente ou adxudicataria, en primeira transmisión, e ter acreditado no correspondente expediente o cumprimento dos requisitos de acceso a unha vivenda protexida exixidos pola normativa reguladora destas vivendas.
3. No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa, cada unha das persoas propietarias deberá cumprir os requisitos sinalados neste ordinal para poder ser beneficiaria da axuda.
Requisitos da adquisición
1. Para poder acceder ás axudas é preciso que a vivenda xa estea construída no momento da presentación da solicitude. Para estes efectos:
a) Na modalidade A admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.
b) Na modalidade B ten que tratarse dunha adquisición en primeira adxudicación ou transmisión.
2. Ademais do anterior, para poder optar á axuda será preciso:
a) Que na modalidade A a vivenda estea situada no ámbito dun centro histórico dos citados no anexo da Orde do 1 de marzo de 2018 pola que se determinan os centros históricos, para os efectos das deducións previstas nos números 14 do artigo 5, e 6 e 7 do artigo 13.ter do texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado polo Decreto lexislativo 1/2011, do 28 de xullo.
b) Que na modalidade B a vivenda fose cualificada definitivamente como vivenda protexida de protección autonómica de réxime xeral, especial ou concertado.
3. Os prezos de adquisición non poderán superar os seguintes límites, en función da modalidade da axuda que se solicite:
a) Na modalidade A:
1º. No caso de que a vivenda estea situada no ámbito dun centro histórico dos concellos de A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, o prezo non deberá superar o prezo máximo previsto para as vivendas de protección autonómica de réxime concertado nos municipios de prezo máximo superior, na data da publicación da correspondente convocatoria, computando unha superficie útil de 120 m2 e sen incluír os gastos e tributos inherentes á dita adquisición. Este prezo máximo incrementarase nun 8 % no suposto de dispoñer de garaxe e nun 2 % no suposto de dispoñer de rocho.
2º. No caso de que a vivenda estea situada no ámbito dun centro histórico dos concellos non sinalados no parágrafo anterior, o prezo non deberá superar o prezo máximo previsto na data da publicación da correspondente convocatoria, para as vivendas de protección autonómica de réxime concertado situadas na zona I da Resolución do 2 de marzo de 2026 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 23 de febreiro de 2026, computando unha superficie útil de 120 m2, e sen incluír os gastos e tributos inherentes á dita adquisición. Este prezo máximo incrementarase nun 8 % no suposto de dispoñer de garaxe e nun 2 % no suposto de dispoñer de rocho.
b) Na modalidade B o prezo máximo será o previsto na cualificación definitiva.
Solicitudes
1. A solicitude realizarase mediante a presentación do formulario que se incorpora como anexo I a esta resolución, debidamente cuberto, e deberá dirixirse ao IGVS. Nos supostos de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa, cada unha delas deberá presentar a súa correspondente solicitude, e facelo para a mesma modalidade de axuda, no suposto de que a vivenda cumpra máis dun requisito dos establecidos no ordinal sétimo.
2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. No formulario de solicitude a persoa solicitante deberá realizar as seguintes declaracións:
a) Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra persoa integrante da súa unidade de convivencia solicitou ou obtivo ningunha outra axuda para a mesma finalidade. No caso de ter solicitado ou obtido algunha outra axuda, deberá indicar cales e a súa contía.
b) Compromiso de comunicar calquera outra subvención que lle sexa concedida á persoa solicitante ou a calquera das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, para a mesma finalidade.
c) Compromiso de que a vivenda vai constituír a súa residencia habitual e permanente por un prazo de, polo menos, cinco anos, contados desde a data da formalización da escritura pública de compravenda ou, no caso de adquisición dunha vivenda situada no ámbito dun centro histórico, desde a data da formalización da escritura pública de compravenda, si esta se outorgou con posterioridade á presentación da solicitude, ou desde a presentación da solicitude da axuda, se a citada escritura foi formalizada con anterioridade á dita presentación ou desde a data de finalización das obras de rehabilitación, de ser o caso.
d) Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin ningunha outra persoa integrante da súa unidade de convivencia está incursa nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
e) Declaración responsable de que nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia é propietaria e/ou usufrutuaria dunha vivenda situada en España, agás os supostos exceptuados na letra g) do punto un do ordinal sexto desta resolución.
f) Declaración responsable de que todos os datos da solicitude son certos.
5. No suposto de persoas ás cales, tendo presentado unha solicitude no programa de adquisición de vivenda para as modalidades previstas nesta resolución, lles fose denegada por esgotamento do crédito, a seguinte resolución de convocatoria poderá prever a posibilidade de presentar a solicitude dentro do prazo previsto nela.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante, de ser o caso. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados
b) Contrato privado de adquisición da vivenda, no caso de non dispoñer da correspondente escritura pública. Na modalidade B, o contrato privado deberá estar visado pola área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda.
c) Escritura pública de adquisición da vivenda, no caso de que fose formalizada con posterioridade á data prevista na correspondente convocatoria e con anterioridade á data da presentación da solicitude.
d) Certificado de empadroamento colectivo das persoas empadroadas na vivenda adquirida, no caso de que a escritura pública de adquisición da vivenda se formalizase con anterioridade á data de presentación da correspondente solicitude, salvo no caso de adquisición dunha vivenda situada no ámbito dun centro histórico para rehabilitar.
e) Anexo II, de declaración responsable de composición da unidade de convivencia da persoa solicitante e comprobación de datos, no suposto de que na vivenda adquirida vaian residir, con carácter habitual e permanente, outras persoas.
f) Anexo III, de declaración responsable da persoa solicitante e das persoas integrantes da súa unidade de convivencia, no caso de non estaren obrigadas a presentar a declaración do IRPF, acompañado da seguinte documentación:
– Certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas cales estivese de alta no devandito exercicio.
– Certificado de pensións ou prestacións periódicas, emitido polo correspondente organismo oficial, no caso de non seren outorgadas polo Instituto Nacional da Seguridade Social (en diante, INSS).
– Certificados bancarios de rendementos do capital mobiliario.
g) No caso de que a persoa solicitante ou calquera das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español e non poidan dispoñer dela:
– Convenio regulador de separación ou divorcio ou sentenza que acredite a dita circunstancia, de ser o caso.
– Documentación que acredite que a persoa solicitante e a súa unidade de convivencia non poden habitar a vivenda por calquera outra causa allea á súa vontade, de ser o caso.
– Informe técnico que xustifique a inaccesibilidade da vivenda por razón da discapacidade da persoa titular e/ou dalgún membro da súa unidade de convivencia, de ser o caso.
– No caso de que a persoa solicitante ou calquera das persoas integrantes da súa unidade convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias da parte alícuota dunha vivenda en territorio español, documentación acreditativa de que foi obtida por herdanza ou transmisión mortis causa sen testamento.
h) No suposto da modalidade A, deberá presentarse, ademais:
– Certificado emitido polo concello correspondente de que a vivenda está situada no ámbito dun centro histórico dos citados no anexo da Orde do 1 de marzo de 2018, nos termos indicados na letra a) do punto 2 do ordinal sétimo.
– Certificado emitido polo concello correspondente de que a vivenda está situada nun ámbito declarado Área Rexurbe, de ser o caso.
– No suposto de adquisición dunha vivenda que vaia ser rehabilitada, informe técnico acreditativo de que a vivenda adquirida non é susceptible de ser habitada sen acometer as pertinentes obras de rehabilitación, de ser o caso.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
3. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente da persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
5. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
7. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial nos termos sinalados no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Documento nacional de identidade (DNI) ou, de ser o caso, número de identidade de estranxeiro (NIE) da persoa solicitante e, de ser o caso, da súa persoa representante, así como das persoas que integran a súa unidade de convivencia.
b) Número de identificación fiscal (NIF) da entidade representante da persoa solicitante, de ser o caso.
c) Certificacións da Axencia Estatal de Administración Tributaria (en diante, AEAT), da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e da consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, acreditativas do cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, correspondentes á persoa solicitante e ás persoas que integran a súa unidade de convivencia.
d) Certificado da renda expedido pola AEAT da persoa solicitante e das persoas que integran a súa unidade de convivencia, correspondente aos datos fiscais que se establezan en cada convocatoria.
e) Certificación de titularidade de bens inmobles da Dirección Xeral do Catastro do Ministerio de Facenda e Función Pública, onde conste que nin a persoa solicitante nin as persoas que integran a súa unidade de convivencia teñen en propiedade e/ou en usufruto outra vivenda no territorio español.
f) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas, respecto da persoa solicitante e dos restantes membros da unidade de convivencia que figuran no anexo II.
g) Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas, respecto da persoa solicitante e dos restantes membros da unidade de convivencia que figuran no anexo II.
2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos, cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Permiso de estancia ou residencia regular en España, no caso das persoas estranxeiras non comunitarias, da persoa solicitante e das persoas que integran a súa unidade de convivencia.
b) Consulta de prestacións e datos económicos da tarxeta social dixital da persoa solicitante, así como das demais persoas integrantes da unidade de convivencia.
c) Certificado das prestacións da renda de integración social de Galicia da persoa solicitante e das persoas que integran a súa unidade de convivencia.
d) Certificado dos importes das prestacións de desemprego percibidos no período fiscal especificado na correspondente convocatoria pola persoa solicitante e polas persoas que integran a súa unidade de convivencia.
e) Consulta de datos de residencia legal de persoas estranxeiras da persoa solicitante.
3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar das persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 31 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 63 do 07 de abril de 2026).
-
Extracto da Resolución do 31 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG nº 63 do 07 de abril de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Programa avais para a adquisición de vivenda
Prazo aberto: 13/03/2026 09:00 - 30/10/2026 14:00
Cambio de réxime de alugamento a compravenda e de compravenda a alugamento de vivendas protexidas de promoción pública.
Para realizar este trámite presencialmente debes imprimir o seguinte modelo e presentalo nunha oficina.
Utiliza a opción "DESCARGAR PDF IMPRESIÓN" para imprimilo.
Podes cubrir o formulario en liña e imprimilo unha vez cuberto. Poderás gardar os avances e continuar noutro momento utilizando as opcions "Gardar" e "Recuperar".
Aberto todo o ano