Guía de procedementos e servizos

IN413D

Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Economía e Industria

Aprobar os formularios normalizados para a comunicación dos certificados de eficiencia enerxética de edificios existentes no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia.

Propietario/a do Edificio.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)

Rúa Avelino Pousa Antelo, nº 5 (San Lázaro)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541533

Fax: 981541515

Email: inega.certificacionenerxetica@xunta.gal

http://www.inega.es

Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e a comunicación deberá realizarse no prazo máximo dun mes desde a sinatura do certificado de eficiencia enerxética polo/a técnico/a competente.

O/a propietario/a de todo edificio incluído no ámbito de aplicación do Decreto 128/2016, do 25 de agosto, polo que se regula a certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia, deberá comunicar ao Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia o certificado de eficiencia enerxética segundo o disposto no devandito decreto.

Os técnicos que emitan os certificados poderán comunicar os certificados de eficiencia enerxética en representación do/a propietario/a do edificio de acordo co previsto no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo que se garante en todo caso a capacidade de obrar.

A presentación das comunicacións dos certificados de eficiencia enerxetica dos edificios para proceder ao seu rexistro realizarase unicamente por vía electrónica a traves do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de conformidade co establecido nos artigos 14.2 e 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A publicación dos formularios normalizados de comunicación no DOG faise unicamente para efectos informativos.

Para o acceso á aplicación que permite a formalización electrónica das comunicacións será necesario darse de alta cun usuario e un contrasinal determinado por este. No momento da presentación requirirase o documento nacional de identidade (DNI) electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, da persoa comunicante ou de calquera outra persoa que actúe na súa representación para a realización deste trámite.

Xunto cos modelos de comunicación que se aproban nos anexos da presente resolución achegarase obrigatoriamente a documentación que a seguir se detalla, en función do código do procedemento.

A comunicación (anexo I) virá acompañada de:

  • Certificado de eficiencia enerxetica asinado por tecnico competente segundo os documentos recoñecidos para a certificación de eficiencia enerxetica do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e adscrito á Secretaría de Estado de Enerxía.

  • Informe de medidas de mellora xerado polos programas recoñecidos para a obtención da cualificación enerxetica dos edificios.

  • Arquivos de cálculo do programa escollido para a obtención da cualificación enerxetica do edificio. O procedemento utilizado para a cualificación enerxetica dun edificio debe ser documento recoñecido e estar inscrito no Rexistro xeral de documentos recoñecidos para a certificación enerxetica adscrito á Secretaría de Estado de Enerxía.

  • Arquivo dixital de saída de datos en formato «xml» xerado polos programas recoñecidos para a obtención da cualificación enerxetica do edificio.

  • Planos de superficie do edificio, unicamente no caso de que fosen cargados no programa para o cálculo da cualificación.

  • Poder de representación segundo o modelo facilitado pola propia aplicación de rexistro, unicamente no caso de que a comunicación a asine calquera persoa en representación do comunicante.

  • No caso de que para o cálculo da cualificación se usase unha solución singular individual non considerada por un procedemento de certificación recoñecido, deberá achegarse tamen un informe para a xustificación da dita solución singular, segundo o anexo I do documento «Aceptación de solucións singulares e capacidades adicionais aos programas de referencia e alternativos de cualificación de eficiencia enerxetica de edificios» publicado polo Ministerio de Industria Enerxía e Turismo.

  • Ademais, poderá enviarse calquera outra documentación que o usuario considere necesaria ou oportuna.

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Documentación relativa á dedución fiscal por obras de mellora da eficiencia enerxética.

Para poder acollerse á dedución fiscal por obras de mellora de eficiencia enerxética en edificios de vivendas ou en vivendas unifamiliares, o interesado trala inscrición do certificado de eficiencia enerxética do inmoble reformado, deberá presentar o anexo III normalizado aprobado mediante a Resolución do 26 de decembro de 2019 acompañado da seguinte documentación:

  • Informe asinado por técnico competente que xustifique o salto de letra conseguido coas melloras, segundo o modelo que consta no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • A totalidade das facturas correspondentes ás obra de mellora de eficiencia enerxética obxecto de dedución así como as relativas á obtención do certificado de eficiencia enerxética.

  • Os xustificantes de pago destas facturas.

  • No caso de que as obras de mellora se realícen nun edificio en réxime de propiedade horizontal, certificado das achegas económicas correspondentes a cada comuneiro.

A presentación deste formulario e da documentación que o acompaña poderá realizarse ata que expire o prazo para presentar a autoliquidación correspondente ao período impositivo no que se termine a obra de mellora enerxética obxecto de dedución, a través da plataforma electrónica do Rexistro de Eficiencia Enerxética de Edificios da Comunidade Autónoma de Galicia, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia e a páxina web do Inega.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 128/2016, do 25 de agosto, polo que se regula a certificación enerxética de edificios na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 186 do 29 de setembro de 2016).

    • Resolución do 10 de outubro de 2016 pola que se aproban os modelos de comunicación para a inscrición dos certificados de eficiencia enerxética dos edificios no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia (DOG nº 199 do 19 de outubro de 2016).

    • Resolución do 26 de decembro de 2019 pola que se modifica a Resolución do 10 de outubro de 2016 pola que se aproban os modelos de comunicación para a inscrición dos certificados de eficiencia enerxética dos edificios no Rexistro de Certificados de Eficiencia Enerxética de Edificios de Galicia, para aprobar o modelo de presentación de documentos relativos á dedución fiscal por obras de mellora de eficiencia enerxética en edificios de vivendas ou vivendas unifamiliares (DOG nº 246 do 27 de decembro de 2019).

  • Ámbito Estatal
    • Real decreto 235/2013, do 5 de abril, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios (BOE nº 89 do 13 de abril de 2013).

    • Corrección de erros do Real Decreto 235/2013, de 5 de abril, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios (BOE nº 125 do 25 de maio de 2013).

Outros procedementos relacionados

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano