Mobilidade eficiente e sostible

A Xunta, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pon en marcha un programa de axudas para facilitar a renovación do parque móbil galego. Inclúe a substitución de vehículos de máis de 10 anos de antigüidade por novos modelos máis eficientes e respectuosos co medio ambiente. Mellorar a eficiencia enerxética no sector do transporte, a calidade do aire e contribuír á redución da emisións de gases de efecto invernadoiro son algúns dos obxectivos deste programa, compartidos polas axudas do "Programa estatal de incentivos á mobilidade eficiente e sustentable (MOVES)" que tamén xestiona o Inega na Comunidade Autónoma de Galicia.

Mobilidade eficiente e sostible

Tamén lle pode interesar...