Ensinanzas artísticas

O ensino das ensinanzas artísticas na Comunidade Autónoma de Galicia engloba un amplo espectro estudos de diversos niveis enfocados ao cultivo da música, da danza, das artes plásticas e o deseño, da arte dramática e da conservación e restauración de bens culturais. O goberno autonómico dispón de programas de axuda para facilitar o camiño a tódolos estudantes que avoguen por se formar e profesionalizar neste sector artístico, tan necesario para a comunidade educativa en particular e para a sociedade en xeral.

Entre as ferramentas de apoio ás ensinanzas artísticas das que dispón a Xunta de Galicia atópanse varias liñas de axudas económicas, incluídas as complementarias ás bolsas Eramus+ para os estudos superiores, os premios extraordinarios para as ensinanzas artísticas profesionais, os premios fin de carreira para as ensinanzas artísticas superiores ou as axudas dirixidas ás escolas de música, que procuran contribuír á mobilidade dos estudantes e ao impulso da formación musical desde os seus alicerces.

Ensinanzas artísticas
Tramitar en liña: ED322A 03/04/2024 00:00 - 02/05/2024 23:59
ED322A

Axudas complementarias no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia.

Tramitar en liña: ED314E 08/06/2023 00:00 - 07/07/2023 23:59
ED314E

Subvencións a escolas de música públicas

Tramitar en liña: ED314D 08/06/2023 00:00 - 07/07/2023 23:59
ED314D

Subvencións a escolas de música privadas dependente de institucións sen ánimo de lucro.

Tramitar en liña: ED311F 17/06/2023 00:00 - 17/07/2023 23:59
ED311F

Premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais de música, danza, e de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña: ED311G 26/09/2023 00:00 - 25/10/2023 23:59
ED311G

Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia.