Campamentos de verán

Un ano máis abre o prazo para presentar as solicitudes das prazas de campamentos da Campaña de verán da Xunta de Galicia, unha ambiciosa iniciativa que supón non só un amplo abano de actividades de ocio para os mozos e mozas galegos, senón tamén un importante recurso de conciliación da vida familiar e laboral.

As circunstancias actuais derivadas da crise sanitaria da COVID-19, e logo de superar a etapa de confinamento, fan máis necesario que nunca poder ofertar este recurso de conciliación para as familias galegas e de educación non formal para o tempo de lecer dos nosos mozos e mozas que lles permita beneficiarse, coas máximas garantías de prevención e hixiene, dun espazo de ocio educativo.
 
Baixo o lema "O verán que necesitas", a Campaña de verán 2020 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións: campamentos en Galicia, campos de voluntariado en Galicia e "Minicampamentos" de 5 días en instalacións turísticas, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo.

 

Máis información sobre a campaña de verán 2020

Campamentos de verán
Tramitar en liña Solicitude presencial 16/06/2020 - 25/06/2020
Tramitar en liña Solicitude presencial 16/06/2020 - 25/06/2020
Tramitar en liña Solicitude presencial 16/06/2020 - 25/06/2020
Tramitar en liña Solicitude presencial 16/06/2020 - 25/06/2020
Tramitar en liña Solicitude presencial 23/04/2019 - 07/05/2019
Tramitar en liña Solicitude presencial 23/04/2019 - 07/05/2019
Tramitar en liña Solicitude presencial 23/04/2019 - 07/05/2019

Tamén lle pode interesar...