Campamentos de verán

Un ano máis abre o prazo para presentar as solicitudes das prazas de campamentos da Campaña de verán da Xunta de Galicia, unha iniciativa que ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.

Baixo o lema "O teu mellor verán", a Campaña de Verán de 2024 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:

  • Campamentos en Galicia. 
  • Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
  • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
  • Programa “Conecta con Galicia” para a mocidade galega do exterior.
  • Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
  • Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades e grupos de persoas mozas non asociadas.
  • Actividades de ocio alternativo para maiores de 18 anos.

Máis información sobre a campaña de verán 2024

Campamentos de verán
Tramitar en liña: BS303A 17/04/2024 00:00 - 30/04/2024 23:59
Tramitar en liña: BS303F 17/04/2024 00:00 - 30/04/2024 23:59
Tramitar en liña: BS303G 17/04/2024 00:00 - 30/04/2024 23:59
Tramitar en liña: BS303H 17/04/2024 00:00 - 30/04/2024 23:59
Tramitar en liña: BS304A 17/04/2024 00:00 - 25/04/2024 23:59
Tramitar en liña: BS304A 17/04/2024 00:00 - 25/04/2024 23:59
Tramitar en liña: BS304A 17/04/2024 00:00 - 25/04/2024 23:59

Tamén lle pode interesar...