Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
VI435E
Programa de rehabilitación de vivendas no rural
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Prestar apoio ao financiamento ás obras de rehabilitación, terminación e/ou ampliación que se realicen en vivendas sitas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes, así como as actuacións dirixidas ao cambio de uso de locais e entreplantas situados nos mesmos, para destinalos a residencia habitual e permanente das persoas propietarias e/ou usufrutuarias ou a alugueiro.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias dos referidos inmobles situados, de conformidade co disposto no ordinal oitavo desta resolución, en concellos de menos de 5.000 habitantes e que acrediten ingresos non superiores a 6,5 veces o IPREM. No suposto de que as vivendas se vaian a destinar ao alugueiro non será de aplicación o citado límite de ingresos.
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Lugo
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982-294942
Email: vpa.igvs.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881 881 096
Email: rehabilitacion.igvs.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Pontevedra
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Pontevedra
R/ Alcalde Hevia, 7
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986-805610
Email: subvencions.igvs.po@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de Ourense
Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo de Ourense
R/ Antonio Sáenz Díez, 1
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988-386268
Email: igvs.ourense@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
21/01/2026 09:00 - 01/09/2026 14:00
1. O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse unha vez transcorridos cinco días hábiles dende o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. No suposto de que o primeiro día do prazo sexa inhábil, o prazo comezará o primeiro día hábil seguinte.
2. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 1 de setembro de 2026 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario previsto nesta convocatoria. O dito esgotamento será publicado no DOG mediante resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do IGVS. Non obstante, o prazo de presentación de solicitudes poderá ser ampliado mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, que deberá ser publicada no DOG.
3. As solicitudes poderán presentarse dende as 9.00 horas do primeiro día de inicio do prazo ata ás 14.00 horas do 1 de setembro de 2026.
1. Para ter acceso á subvención é preciso que concorran os seguintes requisitos:
– Que todas as actuacións a realizar se axusten á normativa técnica e urbanística en vigor.
– Que as actuacións subvencionables non estean iniciadas na data de publicación da correspondente convocatoria de axudas.
2. O prazo de execución das obras virá fixado na resolución de concesión da subvención, sen que en ningún caso poida exceder de dezaoito meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.
3. Para o caso de actuacións plurianuais, será necesario que o inicio das actuacións teña lugar no exercicio que se determine na correspondente convocatoria.
Requisitos dos inmobles
1. Os inmobles obxecto das actuacións deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar situados nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia con poboación inferior a 5.000 habitantes. Para estes efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística á data da publicación da correspondente convocatoria.
b) Dedicarse a residencia habitual e permanente das persoas propietarias e/ou usufrutuarias ou a alugueiro durante un prazo, como mínimo, de cinco anos. Este prazo computarase desde a data de finalización das obras, acreditada de conformidade co disposto na letra b, do apartado primeiro do ordinal vixésimo terceiro desta resolución.
c) No suposto de que as vivendas se destinen ao alugueiro, non poderán estar afectadas por ningunha circunstancia xurídica que impida o seu alugamento.
2. No suposto de que as vivendas se destinen ao alugueiro, a obtención da condición de persoa beneficiaria deste programa determinará a incorporación da vivenda ao programa Fogar Vivo da Comunidade Autónoma de Galicia.
Solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes será o establecido na correspondente convocatoria e, en todo caso, rematará co esgotamento da dotación orzamentaria prevista na mesma, que será publicado no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
2. A solicitude realizarase mediante a presentación do formulario que se incorpora como anexo I a esta resolución, debidamente cuberto, e deberá dirixirse á Área Provincial do IGVS onde estea situado o inmoble.
3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
4. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As solicitudes de subvención deberán ir acompañadas da seguinte documentación:
a) De ser o caso, documentación acreditativa da representación da persoa que actúe no nome da persoa solicitante. A representación deberá acreditarse a través do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados
b) Escritura pública, certificado, nota simple rexistral ou calquera outro documento que acredite a titularidade da propiedade ou do usufruto do inmoble, no caso de que a persoa solicitante non conste como titular catastral.
c) Anexo II, de declaración responsable e comprobación de datos das demais persoas propietarias ou usufrutuarias do inmoble, de ser o caso, así como da súa conformidade coa solicitude da subvención. Neste suposto deben figurar todas as persoas propietarias ou usufrutuarias ata completar o 100 % da propiedade ou usufruto.
d) Anexo III, de declaración responsable da/das persoa/s propietarias e/ou usufrutuarias para o suposto de destinar a vivenda a súa residencia habitual e permanente, no caso de non estar obrigados a presentar a declaración do IRPF, acompañado, no seu caso, da seguinte documentación:
– Certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas cales estivese de alta no devandito exercicio.
– Certificado de pensións ou prestacións periódicas, emitido polo correspondente organismo oficial, no caso de non ser outorgadas polo Instituto Nacional da Seguridade Social (en adiante, INSS).
– Certificados bancarios de rendementos do capital mobiliario.
e) Reportaxe fotográfica do estado actual do inmoble, preferentemente en cor, respecto das actuacións para as que se solicita a axuda.
f) Memoria-programa da actuación, con indicación do orzamento detallado da actuación para a que se solicita a subvención e a programación temporal e pormenorizada da actuación.
g) Licenza municipal de obras, no caso de que sexa necesaria pola actuación que se vai realizar. No suposto de non contar aínda con ela, achegarase a correspondente solicitude de licenza.
h) Comunicación previa ao concello, cando a actuación non estea sometida a licenza. No caso de ter transcorridos máis de quince días hábiles, contados desde a data da presentación da comunicación previa ao concello, esta deberá vir acompañada dunha declaración responsable de non ter sido requirido para a súa emenda.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, deberase indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electrónicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitárselle á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
4. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que se poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial nos termos sinalados no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas, agás que a/as persoa/s interesada/s se opoña/n á súa consulta:
a) Documento nacional de identidade (en diante, DNI) ou número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) da persoa solicitante e, de ser o caso, das demais persoas propietarias ou usufrutuarias.
b) DNI ou NIE da persoa física representante.
c) Número de identificación fiscal da entidade representante.
d) Certificados acreditativos do cumprimento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (en diante, AEAT), de obrigas coa Seguridade Social e/ou coa Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia, da persoa solicitante e solicitante e, de ser o caso, das demais persoas propietarias ou usufrutuarias.
e) Certificado da renda expedido pola AEAT da persoa solicitante e, de ser o caso, das demais persoas propietarias ou usufrutuarias, correspondente aos datos fiscais que se establezan en cada convocatoria, salvo no suposto de que a vivenda obxecto da subvención se destine ao alugamento.
f) Consulta de subvencións ampliado.
g) Consulta de axudas do Estado.
h) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
i) Certificación de titularidade de bens inmobles da Dirección Xeral do Catastro do Ministerio de Facenda, onde conste que a persoa solicitante e, de ser o caso, as demais persoas propietarias ou usufrutuarias teñen en propiedade e/ou usufruto o inmoble.
j) Consulta de datos de residencia, con data da última variación padroal da persoa solicitante e, de ser o caso, das demais persoas propietarias e/ou usufrutuarias, para os efectos do pagamento da axuda, salvo no suposto de que a vivenda obxecto da subvención se destine ao alugamento.
2. No caso de que a/as persoa/s interesada/s se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no correspondente formulario e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da/das persoa/s interesada/s para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselle solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do programa de axudas de rehabilitación de vivendas no rural e se procede a súa convocatoria para o ano 2026, con carácter plurianual, tramitada como anticipado de gasto (DOG nº 07 do 13 de xaneiro de 2026).
-
Extracto da Resolución do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do programa de axudas de rehabilitación de vivendas no rural e se procede a súa convocatoria para o ano 2026, con carácter plurianual, tramitada como anticipado de gasto (DOG nº 07 do 13 de xaneiro de 2026).
-
Corrección de erros. Resolución do 22 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras aplicables á concesión das subvencións do programa de axudas de rehabilitación de vivendas no rural e se procede a súa convocatoria para o ano 2026, con carácter plurianual, tramitada como anticipado de gasto (DOG nº 08 do 14 de xaneiro de 2026).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición/modificación do certificado de edificios de nova construción no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación do certificado de edificios existentes no rexistro de certificados de eficiencia enerxética de edificios.
Aberto todo o ano
Cambio de réxime de alugamento a compravenda e de compravenda a alugamento de vivendas protexidas de promoción pública.
Aberto todo o ano
Autorización de amortización anticipada total de vivenda protexida de promoción pública.
Aberto todo o ano