Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TU970A
Subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística e/ou da marca S de Sostibilidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española e a Sostibilidade (ICTES).
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais, Entidades locais
Presidencia da Xunta de Galicia
Fomentar os procesos de certificación de normas UNE que conduzan á obtención ou ao seguimento e renovación da marca Q de Calidade Turística e/ou da marca S de Sostibilidade Turística do ICTES.
Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións:
Categoría 1ª: os concellos e as súas entidades instrumentais que xestionen os servizos públicos de competencia local, recollidas no artigo 85.2.A da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.
Categoría 2ª: as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos.
Xunta de Galicia
Presidencia da Xunta de Galicia
Axencia Turismo de Galicia
Dirección de Competitividade
Área de Fomento e Desenvolvemento Empresarial
A Barcia. Estrada Santiago-Noia Km.3
15896 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546367/ 981546360
Email: fomento.turismo@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
08/06/2024 00:00 - 08/07/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
1. As persoas solicitantes da categoría 2ª deberán reunir os requisitos establecidos nestas bases e ter inscrita a actividade turística para a cal se solicita a axuda no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), de conformidade cos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación teñen que coincidir cos indicados pola persoa solicitante na solicitude de subvención. A persoa solicitante pode verificar a información que consta no REAT accedendo á web (extranet sectorial de Turismo) https://turespazo.turismo.gal
No caso contrario, deberase achegar coa solicitude a documentación acreditativa da titularidade e/ou representación.
2. No caso de empresas, deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme). Defínese peme, segundo a Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L 124, do 20 de maio), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual.
Así, pequena empresa é aquela empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros; mediana empresa é unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance anual non excede os 43 millóns de euros.
3. No caso de entidades baixo unha mesma franquía, só poderá solicitar a axuda para os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación a entidade matriz. As axudas para os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q deberán ser solicitados por cada unha das entidades (matriz e sucursais con distinto NIF) individualmente.
4. Unha vez ditada a resolución de concesión, os cambios na persoa titular do establecemento subvencionado terán que ser previamente comunicados á Administración outorgante, e darán lugar á modificación da resolución de concesión nos termos do disposto no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o/a novo/a titular subrogarase na posición xurídica da persoa beneficiaria da subvención.
5. Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas persoas ou entidades nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estaren as ditas persoas incursas nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable da persoa ou entidade interesada, empregando o modelo que figura no anexo II.
6. Os requisitos para ser persoa ou entidade beneficiaria deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá a persoa ou entidade interesada para que a emende no prazo máximo e improrrogable de 10 días, e indicaralle que, se así non o fixer, se terá por desistida da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
3. As persoas solicitantes farán constar no modelo de declaración que se incorpora no anexo II:
a) Se, en relación con outras subvencións, axudas, recursos ou ingresos concedidos ou solicitados, se solicitou, ou non, ou se recibiu, ou non, outra subvención, axuda, recurso ou ingreso para este mesmo proxecto e conceptos para os cales se solicita esta subvención.
b) Se solicitou, ou non, ou se recibiu, ou non, algunha axuda de minimis.
c) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
d) Que se compromete a cumprir a normativa estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións.
e) Que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas prevista nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
f) Que se compromete a cumprir coas obrigas e requisitos que se sinalan no artigo 21 das bases reguladoras.
g) De ser o caso, que a empresa solicitante cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida pola Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L124, do 20 de maio), e encádrase nalgunha das seguintes categorías:
– Microempresa: empresa que ocupa menos de 10 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 2 millóns de euros.
– Pequena empresa: empresa que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros.
– Mediana empresa: empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non supera os 43 millóns de euros.
h) O conxunto de todas as axudas concedidas, para as mesmas actuacións solicitadas ao abeiro desta resolución, polas distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas achegarán coa solicitude a seguinte documentación:
1.1. Categoría 1ª. Concellos.
1.1.1. Solicitude de primeira certificación da marca Q de Calidade Turística.
O concello que, por primeira vez, solicite a certificación do Q de Calidade Turística para un ou máis recursos, bens ou servizos, deberá presentar a seguinte documentación segundo o modelo do anexo II:
a) Certificado do ICTES sobre a solicitude da adhesión do concello á marca Q de Calidade Turística.
b) Orzamento desagregado por conceptos das actuacións que se van realizar.
c) Orzamento ou factura da empresa auditora acreditada polo ICTES, referido aos custos de auditoría externa da marca Q correspondente a este ano. No caso de auditorías multi-site, deberán reflectirse no orzamento ou na factura os diferentes recursos, bens ou servizos que sexan obxecto dos traballos da auditoría externa, especificando o nome e o enderezo de cada un deles.
d) Orzamento, factura pro forma ou factura emitida polo ICTES correspondente á cota de uso da marca Q do ano en curso.
1.1.2. Solicitude de primeira certificación da marca S de Sustentabilidade Turística.
O concello que, por primeira vez, solicite a certificación da S de Sustentabilidade Turística para un ou máis recursos, bens ou servizos deberá presentar a seguinte documentación segundo o modelo do anexo II:
a) Certificado do ICTES sobre a solicitude da adhesión do concello á marca S de Sustentabilidade Turística.
b) Certificación da marca Q de Calidade Turística en vigor. No caso de non contar coa certificación da marca Q de Calidade Turística e estar situado no ámbito dun destino SICTED en Galicia, certificado emitido polo Destino SICTED de contar coa distinción de Compromiso de Calidade Turística en vigor.
c) Orzamento desagregado por conceptos das actuacións que se van realizar.
d) Orzamento ou factura da empresa auditora acreditada polo ICTES, referido aos custos de auditoría externa da marca S correspondente a este ano. No caso de auditorías multi-site, deberán reflectirse no orzamento ou na factura os diferentes recursos, bens ou servizos que sexan obxecto dos traballos da auditoría externa, especificando o nome e o enderezo de cada un deles.
e) Orzamento, factura pro forma ou factura emitida polo ICTES correspondente á cota de uso da marca S do ano en curso.
1.1.3. Solicitude de seguimento e/ou renovación da marca Q de Calidade Turística.
O concello que solicite esta subvención para o seguimento e/ou renovación da marca Q para un recurso, ben ou servizo, deberá presentar a seguinte documentación:
a) Certificado da marca Q de Calidade Turística do ICTES para o recurso, ben ou servizo en vigor.
b) Orzamento desagregado por conceptos das actuacións que se van realizar.
c) Orzamento ou factura da empresa auditora acreditada polo ICTES, referido aos custos de auditoría externa da marca Q correspondente a este ano. No caso de auditorías multi-site, deberán reflectirse no orzamento ou na factura os diferentes recursos, bens ou servizos que sexan obxecto dos traballos da auditoría externa, especificando o nome e o enderezo de cada un deles.
d) Orzamento, factura pro forma ou factura emitida polo ICTES correspondente á cota de uso da marca Q do ano en curso.
1.1.4. Solicitude de seguimento e/ou renovación da marca S de Sustentabilidade Turística.
O concello que solicite esta subvención para o seguimento e/ou renovación da marca S para un recurso, ben ou servizo deberá presentar a seguinte documentación:
a) Certificado da marca S de Sustentabilidade Turística do ICTES para o recurso, ben ou servizo en vigor.
b) Orzamento desagregado por conceptos das actuacións que se van realizar.
c) Orzamento ou factura da empresa auditora acreditada polo ICTES, referido aos custos de auditoría externa da marca S correspondente a este ano. No caso de auditorías multi-site, deberán reflectirse no orzamento ou na factura os diferentes recursos, bens ou servizos que sexan obxecto dos traballos da auditoría externa, especificando o nome e o enderezo de cada un deles.
d) Orzamento, factura pro forma ou factura emitida polo ICTES correspondente á cota de uso da marca S do ano en curso.
1.1.5. Documentación que debe presentar o concello solicitante nos procesos de 1ª certificación, seguimento e/ou renovación:
Certificación do/da secretario/a da entidade local en que consten os seguintes aspectos:
– Acordo de solicitar a subvención e de financiar o importe da actividade que non resulte subvencionado ao abeiro desta convocatoria ata o importe total da execución prevista segundo a documentación achegada coa solicitude. Este acordo deberá adoptarse antes do vencemento do prazo de presentación das solicitudes.
– A dispoñibilidade sobre os terreos ou inmobles en que se pretende realizar as actuacións, como mínimo, durante o período en que se manteñen as obrigas que asume a entidade beneficiaria da axuda previstas no artigo 21. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
– Que a entidade local cumpriu co seu deber de remisión das contas xerais ao Consello de Contas correspondente ao último exercicio. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes.
1.2. Categoría 2ª. Persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos.
As persoas solicitantes deberán achegar a seguinte documentación:
1.2.1. Solicitude de primeira certificación da marca Q de Calidade Turística.
A persoa solicitante que, por primeira vez, accede á adhesión á Q de Calidade Turística para un establecemento ou servizo turístico deberá presentar a seguinte documentación:
a) Certificado do ICTES sobre a solicitude da adhesión do establecemento ou servizo á marca Q.
b) Orzamento desagregado por conceptos das actuacións que se van realizar.
c) Orzamento ou factura da empresa auditora acreditada polo ICTES, referido aos custos de auditoría externa da marca Q correspondente ao presente ano. No caso de auditorías multi-site, deberán reflectirse no orzamento ou na factura os diferentes establecementos ou servizos que sexan obxecto dos traballos da auditoría externa, especificando o nome comercial e o enderezo de cada un deles.
d) Orzamento, factura pro forma ou factura emitida polo ICTES correspondente á cota de uso da marca Q do ano en curso.
1.2.2. Solicitude de primeira certificación da marca S de Sustentabilidade Turística.
A persoa solicitante que, por primeira vez, accede á adhesión á marca S de Sustentabilidade Turística para un establecemento ou servizo turístico deberá presentar a seguinte documentación:
a) Certificado do ICTES sobre a solicitude da adhesión do establecemento ou servizo á marca S.
b) Certificación da marca Q de Calidade Turística en vigor. No caso de non contar coa certificación da marca Q de Calidade Turística e estar situado no ámbito dun destino SICTED en Galicia, certificado emitido polo Destino SICTED de contar coa distinción de Compromiso de Calidade Turística en vigor.
c) Orzamento desagregado por conceptos das actuacións que se van realizar.
d) Orzamento ou factura da empresa auditora acreditada polo ICTES, referido aos custos de auditoría externa da marca S correspondente a este ano. No caso de auditorías multi-site, deberán reflectirse no orzamento ou na factura os diferentes establecementos ou servizos que sexan obxecto dos traballos da auditoría externa, especificando o nome comercial e o enderezo de cada un deles.
e) Orzamento, factura pro forma ou factura emitida polo ICTES correspondente á cota de uso da marca S do ano en curso.
1.2.3. Solicitude de seguimento e/ou renovación da marca Q de Calidade Turística.
A persoa que solicite esta subvención para o seguimento e/ou renovación da marca Q de Calidade Turística para un establecemento ou servizo turístico deberá presentar a seguinte documentación:
a) Certificado da marca Q de Calidade Turística do ICTES para o establecemento ou servizo en vigor.
b) Orzamento desagregado por conceptos das actuacións que se van realizar.
c) Orzamento ou factura da empresa auditora acreditada polo ICTES, referido aos custos de auditoría externa da marca Q correspondente a este ano. No caso de auditorías multi-site, deberán reflectirse no orzamento ou na factura os diferentes establecementos ou servizos que sexan obxecto dos traballos da auditoría externa, especificando o nome comercial e o enderezo de cada un deles.
d) Orzamento, factura pro forma ou factura emitida polo ICTES correspondente á cota de uso da marca Q do ano en curso.
1.2.4. Solicitude de seguimento e/ou renovación da marca S de Sustentabilidade Turística.
A persoa que solicite esta subvención para o seguimento e/ou renovación da marca S de Sustentabilidade Turística para un establecemento ou servizo turístico deberá presentar a seguinte documentación:
a) Certificado da marca S de Sustentabilidade Turística do ICTES para o establecemento ou servizo en vigor.
b) Orzamento desagregado por conceptos das actuacións que se van realizar.
c) Orzamento ou factura da empresa auditora acreditada polo ICTES, referido aos custos de auditoría externa da marca S correspondente a este ano. No caso de auditorías multi-site, deberán reflectirse no orzamento ou na factura os diferentes establecementos ou servizos que sexan obxecto dos traballos da auditoría externa, especificando o nome comercial e o enderezo de cada un deles.
d) Orzamento, factura pro forma ou factura emitida polo ICTES correspondente á cota de uso da marca S do ano en curso.
2. Documentación acreditativa dos criterios de valoración.
As persoas ou entidades solicitantes poderán acreditar os criterios de valoración contidos nos puntos 4, 5, 6 e 7 do artigo 14 destas bases, achegando a seguinte documentación:
a) No caso de establecementos, recursos ou servizos turísticos distinguidos coa marca Compromiso de Calidade Turística, documento acreditativo do distintivo de compromiso de calidade turística de boas prácticas en vigor concedido por un destino SICTED (Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos) na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) De ser o caso, documentos acreditativos relativos á certificación da marca Galicia Calidade do establecemento, recurso, ben ou servizo en vigor.
c) De ser o caso, documento acreditativo relativo á pertenza en vigor do establecemento, recurso, ben ou servizo ao Club de Produto Sustentable do Clúster Turismo de Galicia.
d) De ser o caso, documentos acreditativos relativos ás certificacións e/ou distintivos de calidade, calidade ambiental e/ou accesibilidade e/ou sustentabilidade e/ou safe tourism en vigor do establecemento, recurso, ben ou servizo.
e) De ser o caso, documento asinado e selado pola persoa ou entidade solicitante en que se acredite o uso das novas tecnoloxías (TIC), indicando o enderezo URL da súa páxina web, e/ou URL das redes sociais en que participa, e/ou localización na súa web do espazo destinado a reservas e/ou compra en liña de servizos a través da web e/ou APP do establecemento para sistemas operativos IOS, Android, Windows Phone, Blackberry e/ou outros.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI/NIE da persoa solicitante.
– DNI/NIE da persoa representante.
– NIF da entidade solicitante.
– NIF da entidade representante.
– Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
– Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Consulta de concesións de subvencións e axudas.
– Consulta de inhabilitacións de subvencións e axudas.
– Consulta de concesións pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 24 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística e/ou a marca S de Sustentabilidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española e a Sustentabilidade (ICTES), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 110 do 7 de xuño de 2024).
-
Extracto da Resolución do 24 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística e/ou a marca S de Sustentabilidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española e a Sustentabilidade (ICTES), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 110 do 7 de xuño de 2024).
-
Corrección de erros. Extracto da Resolución do 24 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística e/ou a marca S de Sustentabilidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española e a Sustentabilidade (ICTES), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 111 do 10 de xuño de 2024).
-
Resolución do 13 de novembro de 2024 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 24 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada, nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE, co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística e/ou a marca S de Sustentabilidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española e a Sustentabilidade (ICTES), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 229 do 27 de novembro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.
Aberto todo o ano
Autoprestación do servizo ó pasaxe, que comprende o embarque e desembarque de pasaxeiros e pasaxeiras, así como a carga e descarga de equipaxes e vehículos.
Aberto todo o ano
Permiso de apertura e inscrición da autorización de instalación dunha sala de bingo en Galicia.
Aberto todo o ano