Guía de procedementos e servizos

IF504B

Autoprestación do servizo ó pasaxe, que comprende o embarque e desembarque de pasaxeiros e pasaxeiras, así como a carga e descarga de equipaxes e vehículos.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Mar

Regular o procedemento de autorización de autoprestación do servizo ó pasaxe, que comprende o embarque e desembarque de pasaxeiros e pasaxeiras, así como a carga e descarga de equipaxes e vehículos  nos portos de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán formalizar a solicitude persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica públicas ou privadas así como os traballadores autónomos e traballadoras autónomas para os trámites y actuacións que realicen no exercicio da súa actividade profesional.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Portos de Galicia

Portos de Galicia de Lugo (zona Norte)

Rúa Pastor Díaz, nº 13, 1º

27002  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982828426

Email: zonanorte@portosdegalicia.com

https://portosdegalicia.gal/es/

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Portos de Galicia

Portos de Galicia da Coruña (zona Centro)

Avda. Porto da Coruña, nº 5-1º

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182626

Email: zonacentro@portosdegalicia.com

https://portosdegalicia.gal/es/

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Portos de Galicia

Portos de Galicia de Pontevedra (zona Sur)

Rúa Victor Said Armesto, nº 1, 1º e 2º

36002  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886159290

Email: zonasur@portosdegalicia.com

https://portosdegalicia.gal/es/

Portos de Galicia

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O prazo de presentación de solicitudes, será a partir do día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución, quedando aberto indefinidamente.

Os servizos portuarios especiais prestaranse por operadores privados en réxime de libre competencia.

O servizo poderá realizarse polas persoas físicas ou xurídicas españolas, doutros países da Unión Europea ou de terceiros países, condicionadas estas últimas á proba de reciprocidade, agás nos supostos en que os compromisos da Unión Europea coa Organización Mundial do Comercio non exixan o dito requisito, que teñan plena capacidade de obrar, non estean incursas en causa de incompatibilidade e acrediten, nos termos previstos no prego regulador do servizo, o cumprimento dos seguintes requisitos:

No suposto de que o servizo cumpra os requisitos indicados Lei 2/2008, do 6 de maio, pola que se desenvolve a libre prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia, para poder realizar el servizo de transporte marítimo de viaxeiros e viaxeiras por augas interiores de Galicia será necesaria a inscrición da empresa operadora, e das condicións da prestación do servizo, no Rexistro de Empresas Operadoras do Transporte Marítimo, indicado na citada lei.

Ademais as empresas operadoras deberán cumprir o seguinte:

a. Xustificar a solvencia económica, técnica e profesional para facer fronte ás obrigas resultantes do servizo que se determinen no prego regulador de cada servizo, do seguinte xeito:

a.1) Solvencia económica e financeira:

O solicitante deberá acreditar un volume anual de negocios, referido ó mellor exercicio dentro dos tres

últimos anos enteiros dispoñibles por importe igual o superior ó indicado a continuación segundo o tipo de tráfico. Acreditarase mediante declaración do solicitante das contas anuais dos últimos anos enteiros indicando o volume de negocios global da empresa no ano máis vantaxoso. As contías mínimas a xustificar son as seguintes:

i. Tráfico regular: 165.000 €

ii. Tráfico regular de tempada: 120.000 €

iii. Tráfico turístico con continuidade: 75.000 €

iv. Tráfico turístico sen continuidade: 22.500 €

v. Tráfico discrecional e/ou o realizado con embarcación de 6ª lista de ata 12 pasaxeiros: 10.000 €

Tamén se poderá acreditar xustificando a existencia dun seguro de responsabilidade civil por riscos profesionais por importe igual ou superior as contías indicadas anteriormente segundo o tipo de tráfico que se solicite. No suposto de que unha embarcación realice varias tipoloxías de servizos contabilizarase por cada porto autorizado, e polo servizo con contía superior dos propostos.

a.2) Solvencia técnica e profesional:

Comprometerse a dispoñer dos medios humanos e materiais que sexan dabondo, para o desenvolvemento das operacións habituais, tanto as máis simples como as máis complexas, en condicións de seguridade, calidade, continuidade e regularidade en función das características da demanda. O solicitante deberá acreditar solvencia técnica mediante declaración de idoneidade do buque/embarcación e que conta coa tripulación mínima exixida para o seu manexo.

b. Estar ao corrente do cumprimento das obrigas de carácter fiscal, laboral e social exixidas pola lexislación vixente.

c. Cumprir as condicións específicas necesarias para a axeitada prestación do servizo, de acordo co previsto na Lei 6/2017 de portos de Galicia, e na demais normativa de aplicación.

d. Operar con buques que non se atopen entre os que enarboren o pavillón dun Estado incluído na lista negra que se publica no informe anual do Memorando de París ou descrito como de alto ou moi alto risco na citada lista.

e. Superar ou comprometerse xustificadamente a superar un volume de servizos mínimo de 50.000 pasaxeiros anuais no pasaxe regular permanente e 20.000 pasaxeiros anuais no pasaxe regular de tempada; 10.000 nos servizos turísticos con continuidade e 5.000 pasaxeiros en servizos turísticos sen continuidade; e 1.000 pasaxeiros en servizos discrecionais. No suposto de que unha embarcación realice varias tipoloxías de servizos, contabilizarase por cada porto autorizado, e polo servizo con compromiso de superior contía mínima dos propostos.

Solicitude segundo o Anexo III.

Folla de asento de cada un do/s buque/s no rexistro marítimo español do Ministerio de Fomento.

Certificado/informe da administración marítima de aptitude dos buques/embarcación/s para realizar o servizo de pasaxe solicitado, inclusive os de substitución, de acordo coas esixencias de seguridade marítima e no que quede constancia do número máximo de pasaxeiros.

Certificados de navegabilidade do/s buque/s proposto para realizar o servizo, e no seu caso dos que se propoñan en substitución.

Documentación técnica descritiva dos medios de que dispón a embarcación para garantir a eliminación de barreiras no embarque/desembarque, que inclúa planos e fotografías das pasarelas de acceso, ramplas ou outros equipamentos.

No suposto de solicitar instalación de punto de venda de billetes: Documentación descritiva do punto de venda solicitado, sexa unha caseta ou un caixeiro, con indicación das dimensións, características, material, tipoloxía. Deberá achegarse fotografías e/ou documentación gráfica reflectida en catálogos.

Acreditación da solvencia económica e financeira: No suposto de que o solicitante non poida acreditar un volume anual de negocio, referido ó mellor exercicio dentro dos tres últimos anos enteiros coas contías mínimas indicadas a continuación para cada tipo de tráfico, debera achegar xustificante de ter formalizado un seguro de indemnización por riscos profesionais por importe igual ou superior as citadas contías:

     Tráfico regular: 165.000 €.

     Tráfico regular de tempada: 120.000 €.

     Tráfico turístico con continuidade 75.000 €.

     Trafico turístico sen continuidade: 22.500 €.

     Tráfico discrecional e/ou realizado con embarcación de 6ª lista de ata 12 pasaxeiros: 10.000 €.

A acreditación de solvencia realizase mediante declaración efectuada no propio modelo de solicitude, podendo requirir Portos de Galicia aqueles documentos que estime oportunos para a súa comprobación.

No suposto de que se utilice un posto de atracada localizado no ámbito dunha concesión, deberá achegar precontrato de cesión ou compromiso de formalizar contrato, de uso o cal non terá que ser en exclusividade.

Persoas xurídicas: Escritura acreditativa da constitución da sociedade inscrita no rexistro mercantil.

Persoas xurídicas: Poder de representación outorgado a favor do solicitante debidamente verificada a súa suficiencia, e inscrito, se é o caso, no rexistro pertinente, agás que a representación se desprenda dos documentos anteriormente citados.

Inscrición no rexistro de empresas operadoras do transporte marítimo.

Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.

DNI/NIE da persoa solicitante.

DNI/NIE da persoa representante.

Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

Consentimento para a comprobación de datos.

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.

NIF da entidade solicitante.

NIF da entidade representante.

Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

Certificado de domicilio fiscal.

Imposto de Actividades Económicas (IAE).

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 240 do 11 de decembro de 2003).

    • Lei 2/2008, do 6 de maio, pola que se desenvolve a libre prestación de servizos de transporte marítimo de persoas en augas interiores de Galicia (DOG nº 90 do 12 de maio de 2008).

    • Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG nº 236 do 14 de decembro de 2017).

    • Resolución do 17 de abril de 2023 pola que se regulan os procedementos de prestación de servizos especiais de manipulación de carga e á pasaxe, e de desenvolvemento de actividades comerciais, industriais e doutra natureza de consignación de buques e mercadorías, avituallamento de combustible e posta á disposición de medios mecánicos nos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 105 do 5 de xuño de 2023).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 39/2015, de Procedemento Común das Administracións Públicas (BOE nº 236 de 2 de outubro de 2015).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano