Guía de procedementos e servizos

IF504A

Prestación do servizo de manipulación da carga, que comprende a carga, a estiba, a descarga, a desestiba e o transbordo de mercadorías.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Mar

Regular o procedemento de autorización de prestación da Prestación do servizo de manipulación da carga, que comprende a carga, a estiba, a descarga, a desestiba e o transbordo de mercadorías nos portos de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán formalizar a solicitude persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica públicas ou privadas así como os traballadores autónomos e traballadoras autónomas para os trámites y actuacións que realicen no exercicio da súa actividade profesional.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Portos de Galicia

Portos de Galicia de Lugo (zona Norte)

Rúa Nicomedes Pastor Diaz, nº 13, 1º

27002  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982828426

Email: 982828426

https://portosdegalicia.gal/es/

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Portos de Galicia

Portos de Galicia da Coruña (zona Centro)

Avda. Porto da Coruña, nº 5-1º

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182626

Email: zonacentro@portosdegalicia.com

https://portosdegalicia.gal/es/

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Portos de Galicia

Portos de Galicia de Pontevedra (zona Sur)

Rúa Victor Said Armesto, nº 1, 1º e 2º

36002  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886159290

Email: zonasur@portosdegalicia.com

https://portosdegalicia.gal/es/

Portos de Galicia

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O prazo de presentación de solicitudes, será a partir do día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución, quedando aberto indefinidamente.

Os servizos portuarios especiais prestaranse por operadores privados en réxime de libre competencia.

Poderán ser titulares de autorizacións as persoas físicas ou xurídicas, españolas, doutros países da Unión Europea ou de terceiros países, condicionadas estas últimas á proba de reciprocidade, agás nos supostos en que os compromisos da Unión Europea coa Organización Mundial do Comercio non esixa o dito requisito, que non estean incursas en causas de incompatibilidade e que acrediten nos termos previstos no apartado 3 do artigo 119 da Lei 6/2017, do 14 de decembro, de portos de Galicia, os requisitos seguintes:

a. Xustificar a solvencia económica, técnica e profesional para facer fronte ás obrigas resultantes do servizo que se determinen no prego regulador de cada un destes servizos.

a.1) Solvencia económica e financeira:

O solicitante deberá acreditar un volume anual de negocios, referido ó mellor exercicio dentro dos tres últimos anos enteiros dispoñibles por importe igual o superior a 100.000 €.

Tamén se poderá acreditar xustificando a existencia dun seguro de responsabilidade civil por riscos profesionais por importe igual ou superior as contías indicadas anteriormente. O dito seguro terá vixencia ata que se poida acreditar a solvencia polos medios descritos no paragrafo anterior.

a.2) Solvencia técnica e profesional:

Comprometerse a dispor dos medios humanos e materiais que sexan dabondo, para o desenvolvemento das operacións habituais, tanto as máis simples como as máis complexas, en condicións de seguridade, calidade, continuidade e regularidade en función das características da demanda. O solicitante deberá acreditar solvencia técnica mediante declaración de idoneidade dos medios humanos e materiais de que dispón a actividade autorizada.

b. Estar ao corrente do cumprimento das obrigas de carácter fiscal, laboral e social exixidas pola lexislación vixente.

c. Cumprir as condicións específicas necesarias para a axeitada prestación do servizo, de acordo co previsto na Lei 6/2017 de portos de Galicia, e na demais normativa de aplicación.

d. Superar ou comprometerse xustificadamente a superar un volume mínimo de 10.000 toneladas anuais si as mercadorías propostas están nos grupos 4ª e 5ª e 25.000 tn se están nos grupos restantes.

Solicitude segundo o Anexo I.

Acreditación da solvencia económica e financeira: No suposto de que o solicitante non poida acreditar un volume anual de negocio, referido ó mellor exercicio dentro dos tres últimos enteiros dispoñibles, cunha contía non inferior a 100.000 €, deberá achegar xustificante de ter formalizado un seguro de responsabilidade civil por riscos profesionais por importe igual ou superior as contías indicadas anteriormente. A acreditación de solvencia realizase mediante declaración efectuada no propio modelo de solicitude, podendo requirir Portos de Galicia aqueles documentos que estime oportunos para a súa comprobación.

Documentación gráfica onde se localice a superficie solicitada para depósito da maquinaria, que inclúa plano en coordenadas UTM.

Documento técnico correspondente á instalación da acometida de subministro de enerxía eléctrica para o medio mecánico, agás que esta instalación xa estea dispoñible ou non se precise.

Documentación gráfica identificativa de cada un dos medios mecánicos que se solicita manipular no porto, que inclúa detalles técnicos e fotografías xerais e de detalle. Deberá achegarse detalle da chapa identificativa de cada medio mecánico co seu número de serie.

Análise de riscos da actividade e medidas de mitigación, tanto en materia de seguridade como de medio ambiente.

Documentación xustificativa de ter constituída garantía na Caixa Xeral de Depósitos de 12.000 € (non necesario en caso de prorroga). No suposto de presentar solicitudes en varias zonas admitirase a achega do mesmo depósito de fianza para todas as solicitudes.

Persoas xurídica: Escritura acreditativa da constitución da sociedade inscrita no rexistro mercantil.

Persoa xurídica: poder de representación outorgado a favor do solicitante debidamente verificada a súa suficiencia, e inscrito, se é o caso, no rexistro pertinente, agás que a representación se desprenda dos documentos anteriormente citados.

Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.

DNI/NIE da persoa solicitante.

DNI/NIE da persoa representante.

Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

Consentimento para a comprobación de datos.

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.

NIF da entidade solicitante.

NIF da entidade representante.

Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

Certificado de domicilio fiscal.

Imposto de Actividades Económicas (IAE).

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 240 do 11 de decembro de 2003).

    • Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG nº 236 do 14 de decembro de 2017).

    • Resolución do 17 de abril de 2023 pola que se regulan os procedementos de prestación de servizos especiais de manipulación de carga e á pasaxe, e de desenvolvemento de actividades comerciais, industriais e doutra natureza de consignación de buques e mercadorías, avituallamento de combustible e posta á disposición de medios mecánicos nos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 105 do 5 de xuño de 2023).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 39/2015, de Procedemento Común das Administracións Públicas (BOE nº 236 de 2 de outubro de 2015).

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano