Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IF505A
Acceso, modificación e baixa, ás instalacións portuarias controladas por barreiras físicas e para uso de puntos de fornecemento de auga e electricidade.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais, Entidades locais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Nos portos de Galicia existe unha cantidade de instalacións con control de accesos, non soamente de accesos xerais de vehículos rodados senón tamén accesos a instalacións concretas e parciais dun porto tanto por vehículos rodados como por peóns.
Por outra banda, cada vez son mais os portos que contan con puntos de fornecemento postos a disposición dos usuarios para o consumo de auga e enerxía, en moitos casos estes puntos localizase en instalacións de atraque controlados por portas ou barreiras, polo que o mais axeitado é xestionar a solicitude de forma única.
Polo exposto, o obxecto é a solicitude de autorización de acceso, modificación e baixa, á instalacións portuarias controladas por barreiras físicas e para uso de puntos de fornecemento de auga e electricidade.
Para poder optar á obtención dun dispositivo de acceso, tanto de entrada á instalación como para o uso de puntos de fornecemento, deberase acreditar a condición de usuario do porto.
Terán condición de usuarios do porto para estes efectos os seguintes:
1. Titulares de título administrativo de concesión, autorización de ocupación de dominio, cesión a terceiros ou convenio.
2. Titulares de autorización de prestación de servizos: pasaxe, practicaxe, amarre, remolque, estiba.
3. Titulares de autorizacións de actividades comerciais tales como consignación de buques, subministración de combustible mediante camión cisterna, emprego de medios mecánicos e outras.
4. Titulares autorizados para a utilización de espazos e infraestruturas portuarias regulados polo réxime tarifario da Lei 6/2003 de taxas, prezos e exaccións reguladoras, tales como os usuarios de locais ou explanadas portuarias e servizos diversos.
5. Titular de autorización de atracada de embarcación deportiva ou pesqueira.
6. Armador doutra tipoloxía de embarcación con base no porto.
7. Persoal das administracións públicas que requira acceder ao porto para exercer as funcións que ten encomendadas.
Aqueloutros solicitantes que non estean incluídos na relación anterior pero que poidan acreditar a súa necesidade de dispor dun dispositivo de acceso poderán solicitar a súa obtención, indicando os motivos que xustifiquen a súa necesidade, e deberán achegar a documentación xustificativa.
Á vista da solicitude, Portos de Galicia, en función da actividade que se vaia realizar no porto, a frecuencia con que se necesita acceder a este e outros factores que se consideren relevantes, poderá admitir ou rexeitar a solicitude de acceso.
En todo caso, non se considerarán persoas beneficiarias de dispositivo para acceso ao porto os simples subministradores, transportistas ou prestadores de servizos aos usuarios do porto que non dispoñan de título habilitante ou acreditativo de tal condición.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Portos de Galicia
Praza Europa, 5ª 6º
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995260
Email: seguridade@portosdegalicia.com
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Portos de Galicia
Portos de Galicia da Coruña (zona Centro)
Avda. Porto da Coruña, nº 5-1º
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981182626
Email: zonacentro@portosdegalicia.com
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Portos de Galicia
Portos de Galicia de Lugo (zona Norte)
Rúa Pastor Díaz, nº 13, 1º
27002 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982828426
Email: zonanorte@portosdegalicia.com
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Portos de Galicia
Dirección (Portos de Galicia)
Área de Infraestruturas, Medio Ambiente e Seguridade
Unidade de Seguridade
Praza Europa, nº 5A-6º
15707 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881995260
Email: seguridade@portosdegalicia.com
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Portos de Galicia
Portos de Galicia de Pontevedra (zona Sur)
Rúa Victor Said Armesto, nº 1, 1º e 2º
36002 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886159290
Email: zonasur@portosdegalicia.com
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O prazo de presentación de solicitudes é a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, que quedará aberto por tratarse dun procedemento de prazo aberto.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, htps://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para as administracións públicas, as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica, as persoas que exerzan unha actividade profesional para a cal se requira colexiación obrigatoria, as persoas traballadoras autónomas, o estudantado universitario, as persoas representantes dunha das anteriores e as persoas empregadas das administracións públicas.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Para nova solicitude e modificación da autorización, a persoa interesada que non teñan condición de usuaria do porto deberá achegar documento xustificativo de que precisa acceder ao porto, acorde coa súa actividade.
b) Para nova solicitude e modificación da autorización, cando se solicite o acceso para máis de 5 usuarios deberase achegar lista á parte en que se reflicta a relación dos usuarios a maiores dos incluídos no anexo I con indicación dos seguintes datos por cada un deles: se solicita alta ou baixa, nome completo, NIF, enderezo de correo electrónico e, se solicita acceso rodado, matrícula do vehículo asociado.
Portos de Galicia poderá requirir outra documentación complementaria se a considera necesaria e a súa exixencia está xustificada por razón imperiosa de interese xeral.
2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
• DNI/NIE da persoa solicitante.
• DNI/NIE da persoa representante.
• Consulta de apoderamentos (REAG).
• Consulta de permisos de conducir dun/dunha condutor/a.
• Consulta de datos de vehículos.
• Consulta da lista de vehículos dun/dunha titular.
• NIF da entidade solicitante.
• Certificado de domicilio fiscal.
• Imposto de actividades económicas (IAE).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 240 do 11 de decembro de 2003).
-
Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG nº 236 do 14 de decembro de 2017).
-
Resolución do 7 de xullo de 2023 pola que se aproba o procedemento de autorización de acceso, modificación e baixa das instalacións portuarias controladas por barreiras físicas e para uso de puntos de fornecemento de auga e electricidade (DOG nº 137 do 19 de xullo de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.
Aberto todo o ano
Consulta previa de viabilidade dunha autorización.
Aberto todo o ano
Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.
Aberto todo o ano
Informe de usos especiais da estrada
Aberto todo o ano