Guía de procedementos e servizos

IF504D

Actividade comercial portuaria de posta a disposición de medios mecánicos.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería do Mar

Sobre o procedemento

Regular o procedementos de autorización de actividade comercial portuaria de posta a disposición de medios mecánicos nos portos de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán formalizar a solicitude persoas xurídicas e entidades sen personalidade xurídica públicas ou privadas así como os traballadores autónomos e traballadoras autónomas para os trámites y actuacións que realicen no exercicio da súa actividade profesional.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Portos de Galicia

Portos de Galicia de Lugo (zona Norte)

Rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 1º

27002  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982828426

Email: zonanorte@portosdegalicia.com

https://portosdegalicia.gal/es/

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Portos de Galicia

Portos de Galicia da Coruña (zona Centro)

Avda. Porto da Coruña, nº 5-1º

15006  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981182626

Email: zonacentro@portosdegalicia.com

https://portosdegalicia.gal/es/

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Portos de Galicia

Portos de Galicia de Pontevedra (zona Sur)

Rúa Victor Said Armesto, nº 1, 1º e 2º

36002  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886159290

Email: zonasur@portosdegalicia.com

https://portosdegalicia.gal/es/

Portos de Galicia
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O prazo de presentación de solicitudes, será a partir do día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución, quedando aberto indefinidamente.

Con carácter xeral as autorizacións comerciais de posta a disposición de medios mecánicos prestaranse por operadores privados en réxime de libre competencia.

Poderán ser titulares de autorizacións as persoas físicas ou xurídicas, españolas, doutros países da Unión Europea ou de terceiros países, condicionadas estas últimas á proba de reciprocidade, agás nos supostos en que os compromisos da Unión Europea coa Organización Mundial do Comercio non esixa o dito requisito, que non estean incursas en causas de incompatibilidade ou de prohibición para contratar coa Administración.

Solicitude segundo o Anexo IX.

Plano da parcela onde se localiza a superficie solicitada para realizar a actividade e/ou para o depósito do/s medio/s mecánico/s en coordenadas UTM.

Documento técnico correspondente á instalación da acometida de subministro de enerxía eléctrica para o medio mecánico, agás que esta instalación xa estea dispoñible ou non se precise.

Cando o obxecto da autorización sexa a posta a disposición dun medio mecánico con finalidade comercial a prestar a terceiros: Información económico-financeira da actividade a desenvolver, que deberá incluír o réxime tarifario e a previsión xustificada do importe neto anual da cifra de negocio mediante declaración no formulario.

Documentación gráfica identificativa de cada un dos medios mecánicos que se solicita manipular no porto, que inclúa detalles técnicos e fotografías xerais e de detalle. Deberá achegarse detalle da chapa identificativa de cada medio mecánico co seu número de serie.

Análise de riscos da actividade e medidas de mitigación, tanto en materia de seguridade como de medio ambiente.

Persoas xurídicas: Escritura acreditativa da constitución da sociedade inscrita no rexistro mercantil.

Persoa xurídica: poder de representación outorgado a favor do solicitante debidamente verificada a súa suficiencia, e inscrito, se é o caso, no rexistro pertinente, agás que a representación se desprenda dos documentos anteriormente citados.

Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.

DNI/NIE da persoa solicitante.

DNI/NIE da persoa representante.

Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

Consentimento para a comprobación de datos.

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.

NIF da entidade solicitante.

NIF da entidade representante.

Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

Certificado de domicilio fiscal.

Imposto de Actividades Económicas (IAE).

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 240 do 11 de decembro de 2003).

    • Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG nº 236 do 14 de decembro de 2017).

    • Resolución do 17 de abril de 2023 pola que se regulan os procedementos de prestación de servizos especiais de manipulación de carga e á pasaxe, e de desenvolvemento de actividades comerciais, industriais e doutra natureza de consignación de buques e mercadorías, avituallamento de combustible e posta á disposición de medios mecánicos nos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 105 do 5 de xuño de 2023).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 39/2015, de Procedemento Común das Administracións Públicas (BOE nº 236 de 2 de outubro de 2015).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA300A

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300B

Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300C

Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300D

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa prestamista inmobiliaria, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano