Guía de procedementos e servizos

PR303A

Permiso de apertura e inscrición da autorización de instalación dunha sala de bingo en Galicia.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

Se vostede, como representante dunha empresa titular dunha sala de bingo, xa posúe a autorización para a súa instalación, unha vez rematadas as obras debe solicitar da Xunta de Galicia a necesaria autorización de apertura.

Unha vez que vostede presentase toda a documentación, realizarase unha inspección da súa sala, co fin de comprobar que coincide co proxecto e que se axusta ás normas.

Se o resultado da inspección é satisfactorio, concederáselle o permiso de apertura da sala de bingo (co horario de xogo autorizado, a capacidade máxima, a súa categoría, o seu nome comercial, e demais condicións regulamentarias), e procederase á inscrición de autorización de instalacións na Sección de Salas do Rexistro de Xogo de Bingo.

Titulares de salas de bingo.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Subdirección Xeral de Xogo

Servizo de Xogo

R/ Pastoriza, 8

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546410/ 981546442

Email: xogosc@xunta.es

Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Solicitude segundo o Anexo III.

  • Licenza municipal de apertura ou actividade, ou acreditación de tela solicitado.

  • Certificación de obra acabada e de que as obras e instalacións realizadas se corresponden co proxecto básico polo que se lle concedeu a autorización de instalación.

  • Certificado subscrito por técnico competente sobre a idoneidade de funcionamento das instalacións e dos aparellos relacionados co desenvolvemento do xogo.

  • Relación do persoal que vai prestar servizos na sala, engadindo as fotocopias compulsadas dos respectivos contratos de traballo e copias dos respectivos documentos nacionais de identidade.

  • Documento acreditativo da fianza que corresponde.

  • Xustificante de pagamento da taxa administrativa. 

Prazo de resolución: Trinta dias

Sentido do silencio: Positivo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 181/2002, do 10 de maio, polo que se aproba o Regulamento do xogo do bingo (DOG nº 100 do 27 de maio de 2002)

    • Orde do 31 de xaneiro de 2003 pola que se establecen os modelos normalizados de solicitudes de autorizacións, actas e libros regulados no Decreto 181/2002, do 10 de maio, polo que se aproba o Regulamento do xogo do bingo (DOG nº 33 do 17 de febreiro de 2003).

    • Decreto 9/2007, do 25 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 181/2002, do 10 de maio, polo que se aproba o Regulamento do xogo do bingo (DOG nº 26 do 6 de febreiro de 2007).

    • Decreto 113/2010, do 1 de xullo, polo que se modifica o Decreto 181/2002, do 10 de maio, polo que se aproba o Regulamento do xogo do bingo, e o Decreto 116/1986, do 4 de xuño, polo que se aproba o Catálogo de xogos da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 131 do 12 de xullo de 2010).

    • Decreto 61/2014, do 23 de maio, polo que se modifica o Decreto 181/2002, do 10 de maio, polo que se aproba o Regulamento do xogo do bingo (DOG nº 105 do 4 de xuño de 2014).

    • Orde do 2 de xullo de 2014 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Presidencia da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG nº 132 do 14 de xullo de 2014).

    • Lei 3/2023, do 4 de xullo, reguladora dos xogos de Galicia (DOG nº 128 do 6 de xullo de 2023).

Outros procedementos relacionados

BS314A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA002A

Subministración electrónica dos cartóns de bingo autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e a presentación e o pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo do bingo.

Aberto todo o ano

FA002B

Presentación e pagamento telematico da taxa fiscal sobre o xogo realizado en casinos

Aberto todo o ano

FA004A

Pagamento electrónico da taxa fiscal sobre o xogo.

Aberto todo o ano