Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
TR357B
Liña III: Axudas para as certificacións de RSE.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Convocar, para o ano 2025, en réxime de concorrencia competitiva, axudas e incentivos para implantar sistemas de xestión de responsabilidade social empresarial (RSE), código de procedemento administrativo (TR357B), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial. Poderán ser as que se relacionan ou equivalentes: Empresa Familiarmente Responsable-EFR (conciliación); Global Reporting Initiative (GRI); United Nations Global Compact (Pacto Mundial); ISO 37301; SGE 21; Global Accountability 1000 (AA 1000); EMAS, ISO 14000 (ambiente); ISO 16064; UNE-ISO 21401; ISO 50001; SA 8000, IQNet SR10, BEQUAL (discapacidade), ISO 45001 (seguridade e saúde laboral), certificación empresa saudable, e, así mesmo, o Selo Horarios Racionais (SHR).
As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas que teñan subscritos contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.
Para as liñas II e III tamén poderán presentar solicitude as empresas con centros de traballo en Galicia.
Para a liña III, as empresas deberán contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras.
Para os efectos de determinar o número de persoas traballadoras na empresa, atenderase ao número de persoas traballadoras por conta allea na data da presentación da solicitude. As empresas deberán manter o número mínimo de persoas traballadoras exixido para cada liña durante todo o período establecido no artigo 2.
O disposto nesta orde respecto do persoal traballador enténdese aplicable tanto ás persoas traballadoras por conta allea como ás persoas socias traballadoras das cooperativas de traballo asociado, sempre que estean no réxime xeral da Seguridade Social.
Para todas as liñas será necesario que as entidades solicitantes teñan unha taxa de estabilidade cando menos do 50 % desde o 1 de xaneiro de 2025 e durante todo o período de execución das axudas. Para o cálculo desta porcentaxe só se terán en conta as persoas traballadoras con contratos indefinidos a tempo completo sobre o total dos contratos das persoas traballadoras da empresa.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
San Lázaro, s/n
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547242
Email: relacionslaborais.emprego@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
01/02/2025 00:00 - 28/02/2025 23:59
1. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
2. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
1. As entidades solicitantes deben atoparse ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social para os efectos de subvencións e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración xeral da Comunidade autónoma, con anterioridade á proposta de resolución, así como antes das correspondentes propostas de pagamento.
2. No caso de grupo de empresas segundo a definición do artigo 42 do Código de comercio, ou empresas vinculadas segundo a definición do artigo 18 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades, só se poderá presentar a solicitude da axuda por unha única empresa, e soamente se tramitará aquela que teña o primeiro número de entrada no rexistro administrativo.
3. Así mesmo, non se outorgarán axudas a empresas ou grupos de empresas que xa fosen beneficiarias destas axudas, polas mesmas liñas ou subliñas en convocatorias anteriores, excepto no recollido no artigo 6 desta orde.
4. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades sen ánimo de lucro nin as entidades públicas.
Solicitudes.
As solicitudes para o procedemento TR357B presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado (anexo III) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo III) a seguinte documentación:
a) Orzamento detallado dos custos para a obtención da certificación ou verificación para a que se solicita a subvención.
b) Copia da escritura de constitución da entidade solicitante, de tratarse dunha persoa xurídica, que acredite o seu domicilio social e a representación da persoa que actúa e asina a solicitude.
c) Vida laboral de todos os códigos de conta cotización da empresa desde o 1 de xaneiro de 2025 ata a data de presentación da solicitude.
Forma de presentación da documentación complementaria
1. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación destes procedementos (TR357B, TR357C e TR357D) consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
DNI/NIE da persoa solicitante.
NIF da entidade solicitante.
DNI ou NIE da persoa representante.
Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.
Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.Alta no imposto de actividades económicas (IAE), no caso de ser unha persoa autónoma.
Concesión de subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 21 do 31 de xaneiro de 2025).
-
Extracto da Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (DOG nº 21 do 31 de xaneiro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00
Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Memoria anual de actividades realizadas por entidades de formación no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Curso para a expedición da certificación profesional para extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo.
Aberto todo o ano