Guía de procedementos e servizos

PR003A

Suxestión.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Consellería de Facenda e Administración Pública

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Este procedemento emprégase para presentar suxestión por parte de calquera persoa física ou xurídica. Considéranse suxestións todas aquelas iniciativas e propostas, que teñan como finalidade mellorar a organización e/ou a calidade dos servizos prestados polo sector público autonómico e, en especial, aquelas que poidan contribuír a simplificar, reducir ou eliminar trámites na súa relación coa Administración (agás para os ámbitos relativos a educación, sanidade e xustiza que se rexen pola súa normativa específica).

Se desexa presentar unha suxestión en calquera destes ámbitos debe facelo a través das seguintes ligazóns:

Que é e para que serve

Este procedemento ten por obxecto a presentación dunha suxestión por parte de calquera persoa física ou xurídica. Considéranse suxestións todas aquelas iniciativas e propostas, presentadas por escrito por calquera persoa física ou xurídica, que teñan como finalidade mellorar a organización e/ou a calidade dos servizos prestados polo sector público autonómico e, en especial, aquelas que poidan contribuír a simplificar, reducir ou eliminar trámites na súa relación coa Administración.

Quen pode solicitalo

Persoas físicas ou xurídicas.

Cando se pode solicitar

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Como se tramita

Podes presentar esta solicitude de dous xeitos:

  • Por internet, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Presencialmente, nunha oficina de rexistro ou noutros lugares autorizados.

Se pertences a algún destes grupos, tes que presentar a solicitude electronicamente:

  • Persoas xurídicas.
  • Entidades sen personalidade xurídica.
  • Profesionais que deban estar colexiados para exercer a súa actividade.
  • Empregados públicos, cando realicen un trámite por razón da súa condición de empregado público.
  • Traballadores e traballadoras autónomos.
  • Estudantes universitarios.
  • Persoas que representen a calquera dos grupos anteriores.

Tramitar en liña

A solicitude pódela presentar electronicamente a través do botón “Tramitar en liña” dispoñible nesta páxina. 

Para presentar a solicitude en liña:

  • Pulsa o botón «Tramitar en liña» desta páxina.
  • Identifícate electronicamente.
  • Firma a solicitude cun sistema de sinatura electrónica admitido.

Podes consultar os sistemas de identificación e firma admitidos na sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón.

Tramitar presencialmente

Se non estas obrigado a presentar a solicitude electronicamente podes facelo de forma presencial.

Podes presentar a solicitude en:

  • As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia.
  • As oficinas de rexistro doutras administracións públicas, como os concellos.
  • As oficinas de Correos.
  • As embaixadas e os consulados de España no estranxeiro.
  • Outros lugares autorizados na normativa reguladora do procedemento.

As oficinas de asistencia en materia de rexistro da Xunta de Galicia pódelas consultar en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se prefires que te atendan a unha hora concreta, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Que documentación hai que presentar

A documentación que debes presentar depende do tipo de solicitude que realices.

A Administración poderá comprobar automaticamente algúns datos necesarios para a tramitación.

Se non pode comprobalos, indicarémosche que documentos debes achegar.

Nalgúns casos, terás que completar e presentar formularios adicionais, chamados anexos.

Podes descargalos desde a ligazón que aparece xunto ao nome de cada formulario.

Documentación

Só é necesario cubrir a solicitude que se mostra no seguinte apartado (Anexo III), correspondente ao  procedemento PR003A. Tamén se atopa dispoñible nesta páxina para a súa presentación electrónica a través da icona “Tramitar en liña” ou pode descargarse para a súa presentación presencial na icona “Tramitar presencialmente”.

Que vai pasar despois de que o presente

Canto tempo ten a Administración para resolver a solicitude?

Un mes

Que ocorre se non recibes resposta?

Non especificado

Como podes consultar ou realizar trámites despois de presentar a solicitude?

Unha vez que presentes a solicitude e se inicie o expediente (conxunto de documentos e actuacións relacionados coa túa solicitude), podes realizar trámites electrónicos a través da Carpeta cidadá (espazo privado onde podes consultar as túas xestións coa Administración) na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Desde a Carpeta cidadá podes:

  • Consultar o estado do teu expediente.
  • Acceder á documentación.
  • Realizar os trámites que estean dispoñibles.


Se non estás obrigado a relacionarte electronicamente coa Administración, tamén podes realizar estes trámites de xeito presencial nas oficinas de asistencia en materia de rexistro (oficinas onde podes presentar documentos e recibir axuda para os teus trámites). 

Podes consultar a localización destas oficinas en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/oficinas-de-atencion 

Nestas oficinas non é necesario solicitar cita previa. 

Se desexas garantir a túa atención nunha hora determinada, solicita cita previa en: 

https://012.xunta.gal/servizos-destacados/cita-previa

Onde obter máis información

Podes obter máis información chamando ao teléfono 012 ou ao 981 900 643, servizo de información da Xunta de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Facenda e Administración Pública

Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio

Edificios administrativos - San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544097

Órgano responsable

Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio
Normativa
    Ámbito Autonómico
    • Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración (DOG nº 81 do 30 de abril de 2015). Ligazón á normativa

    • Decreto 129/2016, do 15 de setembro, polo que se regula a atención á cidadanía no sector público autonómico de Galicia (DOG nº 187 do 30 de setembro de 2016). Ligazón á normativa

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

BS104A

Acceso á información contida na Historia Social Única Electrónica.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA006A

Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e o Rexistro Contable de Facturas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aberto todo o ano

FA009C

Aprobación dos modelos oficiais de autoliquidación do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Aberto todo o ano

PR001A

Alta/renovación de usuario en Chave365.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano