Guía de procedementos e servizos

PE631B

Rexistro de centros de recollida de especies eurihalinas.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Crear o Rexistro de Centros de recolla de Especies Eurihalinas (en diante, Rexistro), baixo a xestión e o control da consellería competente en materia de ordenación do sector pesqueiro.

Serán datos inscritibles as autorizacións dos centros de recolla para especies eurihalinas e as súas posteriores modificacións.

Sector pesqueiro

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Subdirección Xeral de Valorización dos Produtos do Mar

Edificio San Caetano s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540087/ 981540117

Fax: 981544740

Email: sarex.mar@xunta

Subdirección Xeral de Valorización dos Produtos do Mar
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

As persoas titulares dun centro de recolla de especies eurihalinas autorizados de conformidade co artigo 7 da presente orde deberán solicitar a correspondente inscrición da citada autorización no rexistro, de conformidade co modelo de instancia que figura no anexo III á presente orde.

  • Solicitude segundo o Anexo III.

  • Xustificante do aboamento da taxa polos servizos administrativos de inscrición/modificación no Rexistro de Centros de recollida de especies eurihalinas. 

  • Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e adxuntar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa solicitante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).

    • Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 15 de decembro de 2009).

    • Orde do 8 de febreiro de 2008 pola que se regula o control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a primeira venda e o transporte de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos (DOG nº 52, do 13 de marzo de 2008)

    • Orde do 10 de xuño de 2008 pola que se modifica a do 8 de febreiro pola que se regula o control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a fase de primeira venda e o transporte de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos (DOG nº 114, do 13 de xuño de 2008).

    • Orde do 11 de decembro de 2008 pola que se modifica a Orde do 8 de febreiro de 2008, pola que se regula o control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a fase de primeira venda e o transporte de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).

    • Orde do 2 de febreiro de 2010 pola que se modifica a Orde do 8 de febreiro de 2008 pola que se regula o control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a fase de primeira venda e o transporte de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos (DOG nº 26 del 9 de febreiro de 2010).

    • Orde do 8 de febreiro de 2016 pola que se modifica a Orde do 8 de febreiro de 2008 pola que se regula o control da descarga e do transporte dos produtos pesqueiros frescos ata a fase de primeira venda e o transporte de moluscos bivalvos, equinodermos, tunicados e gasterópodos mariños vivos (DOG nº 41 do 1 de marzo de 2016).

    • Lei 1/2009, do 15 de xuño, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 116 do 16 de xuño de 2009).

    • Decreto 419/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre descarga, primeira venda e comercialización dos recursos mariños en fresco (DOG nº 13 do 20 de xaneiro de 1994).

    • Corrección de erros.-Decreto 419/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre descarga, primeira venda e comercialización dos recursos mariños en fresco (DOG nº 36 do 22 de febreiro de 1994).

    • Decreto 101/2006, do 8 de xuño, de modificación do Decreto 419/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre descarga, primeira venda e comercialización dos recursos mariños en fresco (DOG nº 120 do 23 de xuño de 2006).

    • Orde do 7 de febreiro de 2008 pola que se establece o sistema de transmisión de datos na fase de primeira venda da pesca fresca (DOG nº 40 do 26 de febreiro de 2008).

    • Corrección de erros.-Orde do 7 de febreiro de 2008 pola que se establece o sistema de transmisión de datos na fase de primeira venda da pesca fresca (DOG nº 56 do 24 de marzo de 2008).

    • Corrección de erros.-Orde do 7 de febreiro de 2008 pola que se establece o sistema de transmisión de datos na fase de primeira venda da pesca fresca (DOG nº 58 do 26 de marzo de 2008).

    • Orde do 31 de marzo de 2014 pola que se regula a comercialización en orixe de especies eurihalinas de interese comercial (DOG nº 69 do 9 de abril de 2014).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

PE113E

Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59

PE301A

Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE301B

Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PE401B

Permiso de explotación a pé.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano