Guía de procedementos e servizos

PE607C

Matriculación en cursos e probas libres de mariñeiro/a perscador/a,patrón/patroa Local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería do Mar

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Regular o procedemeneto polo que as persoas candidatas interesadas nos cursos impartidos nos centros oficiais de ensino dependentes da dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e marítimo-pesqueiro, así como nos cursos organizados pola dita dirección xeral nos portos e nas confrarías de pescadores, poderán solicitar a correspondente matrícula mediante o modelo de solicitude que figura como anexo II nesta orde

As persoas candidatas interesadas nos cursos de titulacións náutico-pesqueiras.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Subdirección Xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais

Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-pesqueiras

Rúa dos Irmandiños, s/n Salgueiriños

15701  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546139

Fax: 981546138

Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.es

http://webpesca.xunta.es.

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Instituto Politécnico Marítimo-pesqueiro del Atlántico de Vigo

Beiramar, nº 55

36202  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986235609

Fax: 986201286

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira

Praia de Coroso, s/n

15950  Ribeira  (Coruña, A)

Teléfono: 981874476

Fax: 981874368

Xunta de Galicia

Consellería do Mar

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Centros Públicos de Ensinanzas Náuticas e Marítimo-pesqueiro

Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ferrol

R/ Aneiros, s/n Serantes

15405  Ferrol  (Coruña, A)

Teléfono: 981317611

Fax: 981328005

Servizo de Ensino e Titulacións Náutico-pesqueiras
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O prazo de presentación de solicitudes será establecido na oferta formativa programada nos centros dependentes da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro ou por resolución da mencionada dirección xeral

1. Os requisitos para a obtención dos títulos profesionais de pesca serán os seguintes:

a) Mariñeiro/a pescador/a:

– Ter feitos os 16 anos de idade.

– Realizar satisfactoriamente un curso de formación sobre os coñecementos teórico-prácticos establecidos no anexo III desta orde. A duración do curso non será inferior a 23 horas lectivas, das cales 15 horas serán de coñecementos teóricos e 8 horas de contidos prácticos.

– Superar unha proba de natación.

– Superar un exame teórico-práctico.

b) Patrón/patroa local de pesca:

– Ter feitos os 18 anos de idade.

– Realizar satisfactoriamente un curso de formación sobre os coñecementos teórico-prácticos establecidos no anexo IV desta orde. A duración do curso non será inferior a 250 horas lectivas, das cales 130 horas corresponderán á sección de ponte e común e 120 horas á sección de máquinas.

– Superar un exame teórico-práctico.

c) Patrón/patroa costeiro/a polivalente:

– Ter feitos os 18 anos de idade.

– Realizar satisfactoriamente un curso de formación sobre os coñecementos teórico-prácticos establecidos no anexo V desta orde. A duración do curso non será inferior a 600 horas, das cales 350 horas corresponderán á sección de ponte e 250 horas á sección de máquinas.

– Superar un exame teórico-práctico.

2. Tamén se poderán obter as titulacións reguladas nesta orde mediante a superación de probas de aptitude de carácter libre convocadas pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, sobre os coñecementos teórico-prácticos establecidos nos anexos III, IV ou V, segundo corresponda. Para obter a titulación de mariñeiro/a pescador/a será necesario superar a proba de natación.

Os requisitos para o acceso aos cursos e probas libres serán os seguintes:

1. Mariñeiro/a pescador/a:

a) Declaración responsable de ter aptitude física para realizar unha proba de natación.

b) Ter coñecementos básicos en calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, necesarios para superar o exame teórico-práctico.

2. Patrón/patroa local de pesca:

a) Ter superado o exame de mariñeiro/a pescador/a ou equivalente.

b) Posuír o certificado de educación primaria ou equivalente.

3. Patrón/patroa costeiro/a polivalente:

a) Ter superado o exame de mariñeiro/a pescador/a ou equivalente.

b) Posuír o certificado de educación primaria ou equivalente.

  • Inscrición para a realización de probas ordinarias e extraordinarias de aptitude para a obtención dos certificados profesionais de pesca e mergullo ( 30.19.00)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

2. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Tamén poderán presentarse directamente nas secretarías dos centros de ensino correspondentes.

3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. No caso de solicitar a matriculación no curso ou proba libre de mariñeiro/a pescador/a, a persoa interesada deberá cubrir a declaración responsable do formulario de solicitude en que fará constar os seguintes aspectos:

a) Que ten coñecementos básicos nunha das linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que ten aptitude física para realizar unha proba de natación.

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

a) Xustificante de aboamento das taxas (código 30.19.00) que outorgan o dereito á realización do exame, agás que o pagamento da taxa se inicie e finalice electronicamente a través da sede electrónica, caso en que non é preciso achegar o dito xustificante.

b) No caso de solicitar a matriculación nun curso ou proba libre de patrón/patroa local de pesca ou patrón/patroa costeiro/a polivalente:

– Acreditación de ter superado o exame de mariñeiro/a pescador/a ou equivalente se se realizou fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Certificado de educación primaria ou equivalente.

c) No caso de que o solicitante non dispoña de DNI ou NIE, copia do pasaporte.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Tamén poderán presentarse directamente nas secretarías dos centros de ensino correspondentes.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante, se é o caso.

c) Acreditación de ter superado o exame de mariñeiro/a pescador/a ou equivalente cando se realizara na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 5 de xuño de 2026 pola que se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 115 do 22 de xuño de 2026).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

ED002B

Concurso de adxudicación de destinos provisionais do persoal docente non universitario da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo aberto: 19/06/2026 00:00 - 13/07/2026 23:59

ED011A

Actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Aberto todo o ano

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano