Guía de procedementos e servizos

ED011A

Actualización e/ou modificación do expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte ensinanzas non universitarias en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Esta orde ten por obxecto regular o contido, o uso, o acceso e os efectos dos datos almacenados de forma electrónica no expediente administrativo do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Expediente administrativo.

1. O expediente administrativo integrará todos os datos persoais, académicos e profesionais do persoal docente incluído no ámbito de aplicación desta orde nun soporte electrónico que permitirá a xestión integral do expediente, así como a configuración dun sistema de información corporativo para a xestión do persoal docente por parte dos órganos directivos da consellería competente en materia de educación.

2. O persoal incluído no ámbito de aplicación desta orde poderá acceder ao seu expediente persoal no enderezo www.edu.xunta.gal/datospersoais para a súa consulta, modificación, actualización, así como para todos aqueles trámites que sexa preciso realizar para a participación nos procedementos administrativos que se determine.

Persoal funcionario dos corpos docentes e ao persoal laboral docente.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Subdirección Xeral de Recursos Humanos

San Caetano, s/n

1578  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995887

Email: sxp@edu.xunta.gal

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

O persoal docente poderá presentar, durante todo o ano, as solicitudes de actualización e/ou modificación do expediente persoal, relativas unicamente ás actividades de formación susceptibles de ser recoñecidas e certificadas consonte o establecido na Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regulan a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia, agás nos períodos establecidos en cada curso académico para o prazo de presentación de solicitudes do concurso xeral de traslados ou concursos específicos, en que unicamente será o persoal docente concursante o que poderá solicitar a actualización e/ou modificación de calquera categoría de datos do expediente.

Esta orde será de aplicación ao persoal funcionario dos corpos docentes e ao persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

1. Solicitudes de actualización e/ou modificación do expediente.

1. As solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

As solicitudes tamén se poderán cubrir na páxina web http://www.edu.xunta.gal/datospersoais e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

No caso de presentar máis dunha solicitude do mesmo tipo, soamente se admitirá a última presentada na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. Documentación complementaria.

2.1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Alegacións correspondentes á categoría de datos profesionais: corpos.

– Título administrativo ou dilixencia de toma de posesión como persoal funcionario de carreira.

b) Alegacións correspondentes á categoría de datos profesionais: especialidades.

– Credencial de adquisición da nova especialidade expedida pola Administración educativa competente.

c) Alegacións correspondentes á categoría de datos profesionais: destinos.

– Dilixencias expedidas pola Administración educativa competente das distintas tomas de posesión e cesamentos.

d) Alegacións correspondentes á categoría de datos profesionais: situacións administrativas.

– Dilixencias de concesión e cesamento da situación administrativa.

e) Alegacións correspondentes á categoría de datos profesionais: cargos directivos, cargos non directivos, cargos non docentes, titorías e outras funcións docentes.

– Dilixencias de toma de posesión e cesamento no cargo directivo, cargo non directivo, cargo non docente, titoría ou outra función docente.

f) Alegacións relativas á categoría de datos profesionais: participación en tribunais de oposición e comisións de selección nos procedementos de selección de persoal docente en etapas non universitarias.

– Certificado expedido polo órgano da Administración educativa convocante que custodie as actas dos tribunais dos procedementos selectivos ou acta de constitución do tribunal correspondente.

g) Alegacións correspondentes á categoría de datos académicos: formación recibida e formación impartida.

– Certificado das actividades de formación, expedido pola entidade organizadora, en que consten de modo expreso a data de inicio e finalización, o número de horas de duración ou de impartición da actividade, a modalidade da acción formativa, a forma de participación: presencial, en rede ou mixta, e a programación destas.

h) Alegacións correspondentes á categoría de datos académicos: titulacións.

– Título ou certificación do pagamento dos dereitos de expedición do título ou certificado supletorio da titulación ou certificación académica oficial en que conste ter finalizado os estudos e a correspondente verificación do depósito do título.

i) Alegacións correspondentes á categoría de datos académicos: linguas.

– Certificado de acreditación de competencia lingüística da lingua estranxeira segundo o Marco común europeo de referencia para as linguas (MCER).

j) Alegacións correspondentes á categoría de datos académicos: publicacións e méritos artísticos.

1. Libros: portada e contraportada do libro, certificado da editorial onde consten o título do libro, persoas autoras, ISBN, depósito legal e data da primeira edición, número de exemplares e que a difusión destes foi en librarías comerciais.

En relación cos libros editados por administracións públicas e universidades (públicas-privadas) que non se difundisen en librarías comerciais: portada e contraportada do libro, título do libro, persoas autoras, data da primeira edición, número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros de docentes, institucións culturais, etc.).

Para o caso de que a editorial ou asociación desaparecese, os datos requiridos neste certificado deberán xustificarse por calquera medio de proba admisible en dereito.

2. Revistas: portada e contraportada da revista, certificado en que consten o número de exemplares, lugares de distribución e venda, asociación científica ou didáctica, legalmente constituída, a que pertence a revista, título da publicación, persoas autoras, ISSN ou ISMN, depósito legal e data de edición.

En relación coas revistas editadas por administracións públicas e universidades (públicas-privadas) que no se difundisen en establecementos comerciais: certificado onde consten o título da revista, persoas autoras, data da primeira edición, número de exemplares, os centros de difusión (centros educativos, centros de docentes, institucións culturais, etc.).

Para o caso de publicacións soamente en formato electrónico, presentarase un informe en que o organismo emisor certifique que a publicación aparece na correspondente base de datos bibliográfica. Neste documento indicaranse a base de datos, o título da publicación, as persoas autoras, o ano e a URL.

3. Exposicións: programas onde consten a participación da persoa interesada e certificación da entidade organizadora.

4. Premios: certificado da entidade que emite o premio, onde conste/n o/os nome/s da/das persoa/s premiada/s, o seu ámbito e a categoría do premio.

5. Composicións: certificado ou documento acreditativo en que figuren que é a persoa autora e o depósito legal desta.

6. Gravacións: certificado ou documento acreditativo en que figuren que é a persoa autora ou intérprete e o depósito legal desta.

7. Concertos: programas onde consten a participación da persoa interesada e certificación da entidade organizadora, onde consten a realización do concerto e a participación como persoa directora, solista ou solista con orquestra/grupo.

k) Outros méritos: a acreditación xustificativa do mérito correspondente, expedida polas entidades convocantes, ou, de ser o caso, acreditación xustificada de ter participado nos proxectos de investigación ou innovación expedidos pola Administración educativa correspondente.

2.2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que fosen presentados anteriormente pola persoa interesada e que xa consten no expediente do persoal docente.

2.3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

2.4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

3. Comprobación de datos.

3.1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante ou representante.

b) Títulos oficiais universitarios que consten no Rexistro Central do Ministerio de Educación, agás no caso das persoas que posúan unha titulación de mestre ou grao de mestre cunha especialidade ou mención distinta da de Primaria, as titulacións de licenciatura ou enxeñaría en que exista unha especialidade, a licenciatura en Filosofía e Letras ou en Filosofía e Ciencias da Educación que posúan unha sección e/ou subsección determinada, a licenciatura en Filoloxía, licenciatura en Tradución e Interpretación ou o grao no ámbito dunha lingua estranxeira.

c) Títulos oficiais non universitarios que consten no Rexistro Central do Ministerio de Educación.

3.2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

3.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

4. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (DOG nº 112 do 15 de xuño de 2021).

Outros procedementos relacionados

ED301A

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301C

Autorización de centros privados para impartir ensinanzas artísticas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED321A

Certificación persoal na manipulación de gases fluorados

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

SI500B

Inscrición no rexistro de persoal docente acreditado para a formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano