Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
PE503B
Autorización para a ampliación ou remodelación de establecementos de acuicultura na zona terrestre, que non afecten ao dominio público ou o volume da edificación.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Mar
Se vostede ten en explotación un establecemento de cultivos mariños ou auxiliares, ubicado na zona terrestre, desexa realizar algunha ampliación ou remodelación no devandito establecemento, debe solicitar da Xunta de Galicia a correspondente autorización.
(*) Para a tramitación da solicitude (no seu correspondente modelo) pode utilizar calquera das Oficinas de Tramitación Única de Industrias (OTU)
Persoas físicas ou representantes de persoa xurídica legalmente constituída.
Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Subdirección Xeral de Acuicultura
Servizo de Innovación Tecnolóxica da Acuicultura
Praza Europa 5ª-4º (Polígono de Fontiñas)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 54 63 47
Email: servizo.innovacion.acuicultura.cmrm@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Específicos segundo a modificación afecte o non ó volume de edificabilidade do establecemento ou ó dominio público marítimo terrestre
Solicitude segundo o Anexo I.
No suposto de cotitularidades, Anexo II.
Abono da taxa administrativa.
Copia da escritura acreditativa de la constitución de la sociedade inscrita no rexistro mercantil.
Copia dos estatutos polos que se rexe.
Proxecto con descrición detallada da remodelación ou ampliación que incluíra:
a) Memoria técnico - biolóxica.
b) Os correspondentes planos.
c) Información fotográfica da zona.
d) Estudio económico - financeiro.
No suposto de que a ampliación ou modificación requira modificación da autorización de vertidos aportarase:
A. Volume da auga consumida e vertidos.
B. Proxecto técnico das instalacións de tratamento de vertido.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
DNI/NIE da persoa solicitante.
DNI/NIE da persoa representante.
NIF da entidade solicitante.
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 16 de decembro de 2008).
-
Lei 6/2009, do 11 de decembro, de modificación da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG nº 243 do 15 de decembro de 2009).
-
Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento do obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG nº 110 do 9 de xuño de 2003).
-
Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG núm. 77 do 24.04.2015).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas destinadas aos familiares dos profesionais do mar falecidos no exercicio da súa actividade.
Prazo aberto: 30/01/2025 00:00 - 15/12/2025 23:59
Recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano
Retirada do recoñecemento como organización de produtores pesqueiros (OPP).
Aberto todo o ano
Permiso de explotación a pé.
Aberto todo o ano