Guía de procedementos e servizos

MT311B

Subvencións aos titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para instalar sistemas de seguranza, información, cobramento e localización nos seus vehículos

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2014 - Prazo pechado: 11/03/2014 00:00 - 10/04/2014 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Fixar as bases reguladoras para a concesión de axudas aos titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para instalar sistemas de seguranza, de transparencia na información e facilidade no cobramento, e de localización da frota nos seus vehículos.

Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2014.

En concreto, consideraranse gastos subvencionables os seguintes:

a) Sistema GPS debidamente instalado no taxi, o cal debe permitir que, ante unha situación de emerxencia en que perigue a integridade física do taxista, este poida activar un sinal que se reciba no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia. Debe tratarse, por tanto, de equipamentos que estean homologados no dito centro.

b) Taxímetro con impresora e TPV para o cobramento con tarxetas compatible cun sistema GPS que debe estar homologado no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia.

c) Sistema de control de frotas con elementos de xestión, localización e control por satélite que estean conectados a un centro de control a través da tecnoloxía GPS.

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

- Poderán ser beneficiarios das axudas, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos servizos de mobilidade competentes para o efecto.

- Para que xeren dereito á axuda, as autorizacións indicadas no punto anterior deberán axustarse ás seguintes regras:

a) As autorizacións terán que estar domiciliadas en Galicia.

b) As ditas autorizacións deberán estar vixentes no momento da presentación da solicitude.

c) Xerará dereito á axuda cada unha das autorizacións de que sexa titular o solicitante.

- Non poderán ser beneficiarios desta convocatoria de axudas aqueles que o fosen, respecto da mesma autorización de transportes e para o mesmo sistema, con base nas convocatorias feitas por Orde do 21 de decembro de 2010 (DOG do 31 de decembro), Orde do 7 de xuño de 2012 (DOG do 13 de xuño) e Orde do 30 de xullo de 2013 (DOG do 13 de agosto).

Os beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases asumen as obrigas recollidas con carácter xeral na normativa de subvencións, e, especificamente, as seguintes:

a) Obriga de reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión.

b) Obriga de permitir que a Dirección Xeral de Mobilidade realice as comprobacións e inspeccións que considere oportunas co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como de facer o seguimento e control das axudas concedidas.

c) Obriga de facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

d) Obriga de que os equipamentos subvencionados que se instalen estean homologados consonte a normativa que os regule e reúnan os requisitos técnicos precisos para cumprir coas finalidades desta orde, nos termos do artigo 1.3 destas bases.

e) Obriga de manter os equipamentos obxecto de subvención instalados e operativos en todo momento durante toda a súa vida útil. Ademais, e en todo caso, durante un prazo mínimo de dous anos deberán estar colocados no vehículo adscrito á autorización administrativa de transporte VT-N, mesmo no suposto de substitución ulterior do material móbil en que inicialmente se instalasen.

f) Obriga de facer constar en todo tipo de publicidade e información que se dea en relación cos equipamentos instalados a condición de subvencionados pola Xunta de Galicia. Para tal fin, e concretamente, establécese a obriga dos beneficiarios de inserir e manter permanentemente a indicación de que o vehículo está dotado co sistema subvencionado de que se trate e a colaboración para a súa instalación da Xunta de Galicia. A devandita indicación deberá situarse nun lugar visible para o usuario na totalidade dos vehículos dotados cos equipamentos subvencionados. Para cumprir con esta obriga, os solicitantes poden consultar os requisitos da imaxe corporativa da Xunta de Galicia no Manual de identidade corporativa, dispoñible na páxina http://www.xunta.es/inicio-identidade-corporativa/.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte

Praza de Europa, 5-A 2ª planta. Área Central - Polígono de Fontiñas.

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995053/ 981544585

Fax: 981544351

Email: formacion.transportes@xunta.es

http://www.cmati.xunta.es/mobilidade

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

11/03/2014 00:00 - 10/04/2014 23:59

Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

- Os solicitantes poden pedir a axuda de xeito individual para o obxecto subvencionable previsto na letra a) do artigo 1.3 desta orde (sistema GPS homologado no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia).

- Para que se considere subvencionable a instalación de taxímetro con impresora e TPV para o cobramento con tarxetas (artigo 1.3.b) deberá solicitarse simultaneamente a axuda pola colocación do sistema GPS (artigo 1.3.a), ou ben achegar documentación que xustifique que este aparello xa estaba instalado no vehículo con anterioridade.

- Só será subvencionable a instalación dun sistema de control de flotas con elementos de xestión, localización e control por satélite (artigo 1.3.c)) se simultaneamente se pide a axuda para a colocación dos sistemas previstos nas letras a e b do artigo 1.3. Porén, tamén se poderá outorgar a axuda por este motivo se se acredita ter instalados eses dous sistemas no vehículo con anterioridade.

Na solicitude de axuda incorporarase unha declaración responsable referente aos seguintes aspectos:

a) Cumprimento dos requisitos necesarios para acollerse ás axudas reguladas nestas bases, así como das obrigas e compromisos que nelas se establecen.

b) Autenticidade dos datos facilitados e da documentación presentada.

c) Non ter sido beneficiario das axudas convocadas por Orde do 21 de decembro de 2010 (DOG do 31 de decembro), Orde do 7 de xuño de 2012 (DOG do 13 de xuño) e Orde do 30 de xullo de 2013 (DOG do 13 de agosto), respecto da mesma autorización de transportes e para o mesmo sistema.

d) Compromiso de facilitar a documentación complementaria que se poida requirir, así como de permitir as comprobacións e inspeccións que para o efecto esta Administración considere oportunas, e realice tanto mediante os seus propios medios como mediante a colaboración de servizos externos.

e) Non estar incurso en ningún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Compromiso de non beneficiarse nin se ter beneficiado doutras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, que, illada ou conxuntamente coa outorgada por esta Administración, superen o custo da actividade subvencionada.

g) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma.

h) Veracidade dos datos que se consignan na solicitude relativos á conta bancaria na que se efectuará o pagamento das axudas, así como de que o solicitante é o titular.

  • Xunto coa solicitude (Anexo I desta orde) debe achegarse a seguinte documentación, en orixinal ou fotocopia cotexada:

    • a) Documentación acreditativa da identidade da persoa física no suposto de que non autorice a súa verificación de acordo co previsto no artigo 9.6 desta orde.

    • b) Permiso de circulación do vehículo ou vehículos nos cales se van instalar os sistemas para os que se pide a axuda.

    • c) Ficha tecnica do vehículo ou vehículos nos cales se van instalar os sistemas para os que se pide a axuda.

    • d) Factura ou facturas de compra dos sistemas instalados.

    • e) Extractos ou certificacións bancarias que xustifiquen o pagamento das facturas anteriores. No caso de que o gasto sexa inferior a 1.000 euros, o pagamento poderase xustificar mediante recibo do provedor, debidamente asinado e identificado co nome, apelidos e número de DNI.

    • f) No caso de pedir a axuda polo motivo contido no artigo 1.3.a) (sistema GPS homologado no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia), certificado da empresa instaladora que acredite a efectiva colocación e operatividade do sistema.

    • g) No suposto de solicitar a axuda ao abeiro do artigo 1.3.c) (sistema de control de frotas con elementos de xestión, localización e control por satelite), certificado da asociación que xestione o centro de control en que conste a identidade do solicitante das axudas, a matrícula do vehículo adscrito á autorización VT-N para a que se solicitaron estas e a alta do sistema subvencionado no devandito centro de control.

  • A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es,

    de acordo co establecido no artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

    Alternativamente, tamen se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión e anterior á de peche da convocatoria.

  • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último for inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 19 de febreiro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para instalar sistemas de seguranza, información, cobramento e localización nos seus vehículos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (DOG nº 47 do 10 de marzo de 2014).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano